16 de diciembre de 2012

A Deputación arranxará accesos para 100 hectáreas de pasteiros en Furís

Besteiro dialoga con Arias.
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, explicou onte en Castroverde que a institución provincial acondicionará os accesos a 100 hectáreas de pasteiros na parroquia de Furís, para favorecer o labor dos gandeiros que traballan nesta zona.

A Deputación desprazará proximamente ata Castroverde maquinaria do parque móbil para comezar as obras. O obxectivo é, segundo fontes da institución, «que por primeira vez os gandeiros da zona de Furís conten cuns accesos en perfectas condicións que lles permitan reducir custos de produción e rendibilizar mellor o seu traballo».
Furís é a parroquia de Castroverde con máis actividade gandeira. Ten unhas 30 explotacións con máis de 1.000 cabezas de gando. Os veciños decidiron xuntar leiras para as que necesitaban accesos e solicitar a axuda da Deputación para acondicionalos.

11 de diciembre de 2012

Listaxe de Trece cans abandoados en Paderne

Un dos cans que están en adopción, neste caso unha
femia de 10 meses. | Foto: Protectora Lugo
A Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo acaba de iniciar unha campaña para dar en adopción a 13 dos cans abandonados polo seu dono nunha leira de Paderne, no municipio de Castroverde.

A entidade que preside Javier García Quella, que xa conseguiu atopar novo fogar para outros cans da manda, proporciona a través da súa páxina web www.protectoralugo.org, nun espazo específico dese portal, información detallada de cada un dos 13 cans que non correron a mesma sorte e aínda non teñen novo dono.

Nese sitio creado na súa web figuran fotos individuais de cada un dos animais, o seu sexo, a idade que teñen -oscilan entre o oito meses e o oito anos-, o seu comportamento e o seu cáracter, así como a atención que precisan dos seus futuros donos.

A intención da Protectora era iniciar antes esta campaña, pero uns ataques informáticos á súa páxina web, a comezos de novembro, obrigaron á directiva da entidade a atrasar varias semanas esta actuación.

Os interesados na adopción destes cans poden obter máis información chamando aos teléfonos 636.80.47.97 ou 600.54.88.48.

Segundo indicou García Quella, todos os animais foron vacinados e desparasitados. Ademais, aqueles cans que o precisaban recibiron os tratamentos veterinarios necesarios para que presenten un bo estado sanitario.

En xeral, tras denunciar os veciños da zona a súa situación de abandono, aos cans fíxoselles unha revisión minuciosa e só algúns deles presentaban brotes de sarna que xa foron controlados.

socialización. O presidente da Protectora de Lugo apuntou que estes 13 cans, que foron revisados no seu día por unha experta en comportamento animal para ver o seu carácter e se eran susceptibles de ser dados en adopción, requirirán unha atención persoal por parte dos adoptantes para completar a súa total socialización.

Tamén sinalou que son animais moi aptos para propietarios con vivenda unifamiliar ou leira, e engadiu que non son aconsellables para telos nun piso.

Javier García Quella explicou que as femias cedidas en adopción deberán ser obrigatoriamente esterilizadas antes da súa entrega, e que eses gastos contarán por conta dos adoptantes. Resaltou, ademais, que todos os animais entregaranse identificados con microchip, de acordo coa lexislación vixente.

Desde que se soubo da existencia desta manda de cans abandonados en Paderne, o que xerou gran preocupación, xa se logrou atopar novo fogar a nove exemplares. A maioría deles están en casas de Castroverde, aínda que tamén hai varios cans en Lugo e na comarca chairega.
profesión.

OS CANS
Número de registro: 002.
Sexo: Hembra cruce pastor alemán.
Edad: Unos tres años.
Carácter: Desconfiada, muy audaz, progreso muy favorable.

Número de registro: 009 
Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.
Edad: Entre ocho y diez meses.
Carácter: Desconfiada y vivaz, se adapta con facilidad.

Número de registro: 015.
Sexo: Macho cruce de pastor alemán.
Edad: Unos diez meses.
Carácter: Miedoso al principio. Es despierto y alegre.

Número de registro: 003.

Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.
Edad: Unos ocho años.Carácter: Ejemplar que se muestra cariñoso y tranquilo.

Número de registro: 011.
Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.
Edad: De diez a once meses.Carácter: Miedosa e independiente. Requiere mucha atención y paciencia.

Número de registro: 016.
Sexo: Macho cruce de pastor alemán.
Edad: Unos tres años.Carácter: Muy desconfiado. Cariñoso y tranquilo.

Número de registro: 004.
Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.
Edad: Unos ocho años.Carácter: Al principio asustadiza y desconfiada. Cariñosa y tranquila.


Número de registro: 013.


Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.
Edad: Unos siete años.Carácter: Desconfiada, aunque tranquila y equilibrada. Cariñosa.

Número de registro: 017.
Sexo: Macho cruce de pastor alemán.
Edad: Un año y medio, aproximadamente.
Carácter: Desconfiado y dominante con otros perros. Tranquilo.


Número de registro: 007.
Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.
Edad: Unos cuatro años y medio.
Carácter: Muy desconfiada y miedosa al principio. Cariñosa.


Número de registro: 014.
Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.
Edad: Entre ocho y diez meses.
Carácter: De actitud miedosa, es un perro tranquilo.


Número de registro: 018.
Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.Edad: Unos dos años y medio.
Carácter: Desconfiada. Se muestra buena y cariñosa.


Número de registro: 019.
Sexo: Hembra cruce de pastor alemán.Edad: Unos dos años y medio.
Carácter: Necesita mucha confianza.


Los interesados en adoptar tienen que ponerse en contacto con la entidad en los teléfonos 636.80.47.97. o 600.54.88.48.
Máis información aquí.

Dende Castroverde, agradecemos todo o traballo realizado pola Protectora, e agradecer a toda esa xente que prefire adoptar un can antes de comprar un.

5 de diciembre de 2012

Un incendio destrúe por completo unha casa en Castroverde

Un incendio deixou reducida a cinzas a pasada madrugada unha vivenda unifamiliar no municipio lucense de Castroverde, ata o punto de que a propia estrutura da casa viuse "colapsada" por mor das elevadas temperaturas e derrubouse, sen que se rexistrasen danos persoais, informaron a EFE fontes do 112.

Na casa, que está situada no lugar de Berlán, na parroquia de Montecubeiro, residía unha muller, que non sufriu danos a causa do lume.

A central de coordinación de urxencias recibiu aviso do incendio ás 01:57 horas e mobilizou os bombeiros de Sarria, a persoal do propio Concello de Castroverde e Garda Civil.

Fontes dos bombeiros de Sarria indicaron que ata o lugar do incendio desprazáronse as dotacións de tres vehículos, pero cando chegaron á casa, o tellado "xa colapsara" e toda a vivenda estaba en chamas.

Da vivenda, que era de planta baixa, saíra "polo seu propio pé" a única habitante, "unha señora de avanzada de idade". O lume quedou sufocado ás 05:13 horas.

"El Progreso"

2 de diciembre de 2012

"É luns e toca encher", entrevista a José Luis Castro Gómez

José Luis Castro Gómez, gasolineiro de
Repsol. É veciño de Tórdea, Castroverde.
Foto: Sebas Senande
 XA ME VOU afacendo ás chaquetas folgadas: que se a de      bombeiro, que se a de barrendeiro... e agora tocoulle á de Repsol. O problema, neste caso, non era a chaqueta senón a roupa que tería que meter por baixo para garantir a miña supervivencia durante varias horas, a cinco graos, nunha das gasolineiras do Ceao, a do Complexo San Cristóbal.
 «¿Frío eu? Nunca. Mira: eu levo unha sudadeira polar e un  ‘niki'. Nada máis», comenta, todo rufo, José Luis Castro Gómez, un dos empregados máis veteranos da estación de servizo.
 José Luis é un home moi feliz co seu traballo. Especialmente, insiste, «pola xornada continua».
 «Aquí turnámonos. Ás veces, tócanos traballar de mañá e outras, de tarde. Pola mañá, o horario é de sete a tres; pola tarde, de tres a once. Pero non importa. O mellor é que a xornada é continua. Así que, aínda que sigo traballando, desconecto a cabeza. Polas tardes, ata hai pouco, traballaba na construción, facendo chapuzas ou na casa. Boto trigo e centeo, teño horta, cozo o pan e tamén lle axudo a meu pai, que aínda vive, a facer cadeiras de xungas. Dou a todo. Restaurei tamén a miña casa e teño estado ata as tres da mañá azulexando para despois vir ás sete para aquí», afirma.
Non se se serán os anos que leva no oficio pero este home ten auténtica gasolina no corpo dado que a súa vitalidade é moi alta. «A min explicoume unha vez o xefe que da cheminea non cae nada, que hai que traballalo. E doulle a razón», insiste José Luis, mentres que cruza de chafariz a chafariz atendendo aos clientes.
«Ola, bos días. ¿Canto pomos? Vaia tempo, ¿eh? Bo, adeus e grazas». José Luis repetiu estas palabras, nunha mañá, 200 veces. As mesmas que aproveitou para fornecer de combustible aos condutores que pararon na gasolineira.
«Aquí dáche tempo a falar de fútbol, de política e do que se tercie. É pouco tempo, pero falas algo con todos. Amañamos o país nun par de minutos. Un compañeiro meu di que, ao final, sacamos a carreira de psicólogos, do que coñecemos á xente. Eu teño un lema, que me funcionou moi ben: atender á xente ben para que se vaia axiña», explica.
Tomo nota. Achégase o primeiro vehículo. A miña pericia para abrir o depósito porase a proba e témolle porque eu son das que, nas gasolineiras de autoservicio, acabo sempre pedindo axuda ao cliente de á beira para abrir ou pechar o tapón. Aquí, neste caso, actúo con seguridade. Desenrosco a tapa e... listo. O cliente pide cheo total e José Luis ponlle o seguro á mangueira.
Mentres tanto, cruzamos a outro chafariz. Só hai un empregado para tres filas e, claro, dun lado para outro moito frío tampouco se pasa. Neste caso, o cliente adiantouse e serviuse el mesmo. Despois, dirixímonos á tenda porque pagará con cartón. «Úsase moito a tarxeta, tanto as que serven para pagar como as comerciais. Tamén se piden moitas facturas porque hai autónomos que usan o coche e, despois, xustifican gastos», conta José Luis.
Despedimos a ambos os clientes e volvemos aos chafarices. Él, coa súa carteira cruzada e, ollo, ben pechada. «Este San Froilán pasoume un caso curioso: veu un home e tocoume na orella cunha man, para despistar, e coa outra intentou abrir a carteira ata que eu lle dixen «quieto! E non pasou nada. A min nunca me atracaron, nin me roubaron», conta.
José Luis non se pon luvas. Está feito ao medio e non ten frío. Pero tamén o fai con outra finalidade: a de detectar a presenza de billetes falsos.
«¿Como se coñecen?», pregúntolle. «Moi fácil, polo tacto sábese perfectamente cales son, parecen papel do váter aínda que agora, ultimamente, xa os preparan moito mellor», indica.
A rutina matinal nunha gasolineira do Ceao comeza cedo, ás sete, cando chegan os primeiros condutores que van traballar á Coruña ou a Santiago. Logo, acudirán os que teñen o seu emprego en Lugo ou no Hula e así ata as nove.
«De sete a nove, non paras. Despois, hai un ‘impasse’ ata as once e media e, a partir das doce ou doce e media, volve haber outra racha porque hai traballadores que saen a esas horas dalgún turno», comenta José Luís.
Desde hai unhas semanas para aquí, está a notarse un aumento de clientes os luns. Isto débese a que os prezos son sensiblemente máis baixos este día da semana. E a xente controla que é unha barbaridade. «Os domingos pola mañá e os venres pola tarde son os días que máis se reposta. Este venres vendemos 15.000 litros, pero o luns foron 14.000 e iso é porque, desde hai tres semanas, o luns baixan os prezos e a xente sábeas todas. O outro día díxome un cliente que tiñamos o gasoil dous céntimos máis barato que nun centro comercial», di.
Pero tamén hai que ter coidado cos timos. A José Luis, nunha ocasión, unha clienta estafoulle 45 euros. «Díxome que lle botara 50 e, á hora de pagar, dicíame que pedira 5. Así que, por non discutir con ela, díxonlle: Arranque, que Deus a ampare! E fóronme 45 euros ao peto», afirma.
Volvemos á tenda para cobrar e tamén para atender a algún cliente que quere comprar algo. Neste caso, unha muller pide varias botellas de leite.
«Aquí o que máis se venden son as lambetadas; bombóns ou unhas galletiñas. Os camioneiros, non, estes levan, sobre todo, queixos e leite», conta.
José Luis goza coa súa rutina e goza contando a súa vida. Tanto é así que xa se está imaxinando a cara de sorpresa da súa filla, tradutora e intérprete, que está en Polonia como voluntaria da Universidade de Vigo. Todo un padrazo.
"El Progreso"

16 de noviembre de 2012

Imputan a un mozo de Castroverde por apropiarse da cabeza tractora dun camión

Un mozo de Castroverde, de 28 anos, foi imputado pola Garda Civil como un suposto autor dun delito de apropiación indebida. A Garda Civil atribúelle o quedarse coa cabeza tractora dun camión, pertencente a unha empresa de maquinaria de Betanzos. Os investigadores lograron recuperar o material e puxeron ao imputado a disposición xudicial. Ademais, a Garda Cviil detivo a un veciño de Chantada, de 49 anos por orde do Xulgado do Penal número 2 de Lugo para cumprir unha condena no centro penal de Monterroso.

"La Voz de Galicia"

7 de noviembre de 2012

Goles no Smarthphone, a SD Castroverde goza de aplicación

Tacho e Marcos, os creadores da aplicación.
A SD Castroverde cóase nos móbiles. Dous futbolistas da SD Castroverde crean unha aplicación para seguir desde teléfonos de última xeración o día a día do equipo en Segunda Autonómica. O servizo é pioneiro na súa categoría e case inédito nos superiores.

DESDE hai un mes, os seguidores da SD Castroverde que se perdan algún partido do seu equipo ou que queiran saber como quedan os seus rivais na liga de Segunda Autonómica téñeno fácil para porse ao día se teñen un smartphone. E todo iso grazas a dous futbolistas do persoal.
O porteiro, Marcos Fernández, e un dos defensas, Tino Castedo, decidiron aproveitar a súa experiencia profesional no campo das novas tecnoloxías para desenvolver unha nova aplicación para teléfonos móbiles de última xeración, como os iPhone, que permite seguir a traxectoria do equipo con todo luxo de detalles.
A aplicación está dispoñible de forma gratuíta no Market de Android e tamén na App Store.

3 de noviembre de 2012

A Protectora de Lugo xa deu en adopción 7 cans abandoados en Paderne

A Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo xa deu en adopción sete dos cans abandonados polo seu dono en Paderne (Castroverde) e iniciará a próxima semana, en principio o luns, unha campaña en internet para atopar fogar ao resto.
Un membro da protectora alimentando os cans.
Así o anunciou onte o presidente da entidade, Javier García Calleja. Segundo explicou, tras finalizar os traballos de identificación, revisión sanitaria e análise do comportamento da manda, desde o Concello de Castroverde comunicaron á Protectora que había xente interesada neses sete canes, polo que, ao ser aptos para a adopción, entregáronos aos seus novos donos.

30 de octubre de 2012

Arias ve ''mala fe'' do PP nas súas críticas á oposición anulada

Arias, alcalde de Castroverde.
O alcalde de Castroverde, o socialista Xosé María Arias, acusa o grupo municipal do PP de actuar «de mala fe» nas súas críticas á oposición municipal para cubrir a unha praza de subalterno, anulada recentemente e que no seu día suscitou polémica ao ver os populares e algúns aspirantes un suposto trato de favor a unha concelleira socialista .
O rexedor móstrase especialmente molesto coa portavoz popular, María Gómez Pallín, por «insinuar» que o Concello anula agora ese concurso coa intención de «buscarlle unha nova oportunidade» a esa concelleira ao abrir un novo proceso.
Nese sentido, Arias aclarou que esa edila «xa presentou a súa renuncia ao proceso nun escrito presentado ante o Concello a semana pasada», polo que afeou á dirixente popular que siga «danando» a reputación de Castroverde con acusacións que ve infundadas.
"El Progreso"

25 de octubre de 2012

O Bus na área metropolitana custará entre 0,67€ - 2,05€

O director xeral de Mobilidade da Xunta, Miguel Rodríguez Bugarín, pechou onte cos alcaldes e coas empresas o plan de transporte metropolitano de Lugo, que empezará a funcionar o 5 de novembro en oito concellos coas mesmas liñas que existían ata agora pero con novas tarifas. O billete máis barato custará 79 céntimos e o máis caro, 2,05 euros.

Rodríguez Bugarín mostrando a Tarxeta Metropolitana. | Foto: Xesús Ponte
A Xunta dividiu o territorio en cinco áreas: L-Lugo 0, que comprende o municipio de Lugo; L-Lug1 (Friol, Outerio de Rei e Rábade); L-Lug2 (Guntín); L-Lug3 (O Corgo e Castroverde) e L-Tch1 (Castro de Rei). Se se viaxa dentro dunha mesma área ou se salta a unha segunda, o billete co cartón metropolitano custará 79 céntimos os 40 primeiras viaxes e 67 céntimos, os seguintes. Se se fan dous saltos de área, os prezos soben a 1,21 euros (ata 40 viaxes) e 1,03, a partir do número 41. Para beneficiarse destes prezos, o transbordo dunha liña a outra debe facerse no prazo dunha hora se se fai dentro dunha mesma área ou se pasa a unha segunda e de 75 minutos se se fan dous saltos de área

"El Progreso"

17 de octubre de 2012

O bus metropolitano chegará por fin o 5 de Novembro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou hoxe que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia comezará a funcionar en Lugo o próximo 5 de novembro.

Así llo comunicou por carta o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, aos alcaldes dos municipios incluídos na área metropolitana da cidade

Distintas zonas do bus metropolitano.


Nun comunicado, a Consellería informou de que a área de Lugo será a primeira de Galicia na que se implantará o transporte metropolitano sen contar con ningún servizo similar previamente, como sucedía nas zonas de Ferrol, A Coruña ou Santiago.


O transporte metropolitano dará servizo a unha zona na que viven 124.000 persoas e a previsión da Xunta de Galicia é que o número de usuarios do transporte público pase de 2,4 a 3,7 millóns de viaxeiros en 2015, o que suporía, na práctica, que uns 500 vehículos menos circularían ao día pola cidade de Lugo e a súa contorna.



Ademais, sempre segundo as previsións da Xunta, cada viaxeiro aforrarase unha media de ata 850 euros ao ano coa implantación deste novo sistema de transporte entre os municipios de Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

A viaxe Castroverde - Lugo e viceversa, estará entre 0,67€ - 1,45€ dependendo de si se ten tarxeta ou non. Actualmente a viaxe coa empresa correspondente (HER-VEI) costa sobre 2,30€.

10 de octubre de 2012

Denuncian falta de pagamentos dunha firma de axuda a domicilio en Castroverde

As empregadas en Castroverde da firma Galicia Saudade Xentes, adxudicataria do servizo de axuda a domicilio a dependentes no municipio, denuncian que levan dous meses sen cobrar e solicitan ao Concello que medie coa empresa porque din que se non se verán obrigadas a deixar aos usuarios sen servizo por non poder pagar os desprazamentos.

O persoal no concello desta firma con sede en Ponteareas fórmano dez mulleres que traballaban para a anterior concesionaria do servizo e que desde o 1 de marzo fano para Galicia Saudade. Desde entón, din que sempre cobraron tarde e que os seus salarios son inferiores aos prometidos, pero que agora a situación é insostible ao levar dous meses sen cobrar. Por iso, anuncian mobilizacións se non se resolve este conflito.
"El Progreso"

4 de octubre de 2012

A Protectora crea unha base de datos dos cans de Paderne para dalos en adopción

O presidente da Sociedade Protectora de Animais de Lugo, Javier García Calleja, explicou que esta entidade está a crear "unha base de datos" e "identificando" aos cans abandonados en Castroverde, un total de 31, para despois poder ofrecelos en adopción.
Parte dos cans en Paderne. | Foto: Sebas Senande
O dono, que se atopa imputado, dispuña dos canes nunha leira que coidaba na parroquia de Paderne, ata que fai un par de semanas os cans saían dos lindes da parcela e con aspecto desnutrido chegaron a deambular polo municipio.
Os animais están agora sendo revisados por dúas veterinarias, colaboradoras da sociedade, e a partir de aí, subliña Calleja, "créase unha base de datos correspondente a cada un deles para saber a súa idade e comportamento".
Unha vez concluído o traballo, que confía que sexa esta mesma semana, poderíase valorar a adopción dos canes, dos cales destaca que non son agresivos agás "catro ou cinco".
"Europa Press"

29 de septiembre de 2012

O Concello de Castroverde custeará o tratamento dos cans de Paderne

O Concello de Castroverde sufragará o custo do tratamento sanitario da trintena de cans abandonados en Paderne .
Un veterinario fotografiando os cans. | Foto: Xesús Ponte
Esta intervención levaraa a cabo a Sociedade Protectora de Animais de Lugo, que nos últimos días elaborou un orzamento para determinar o prezo aproximado das actuacións sanitarias, que fixou nuns 1.500€. «Presentámoslle ao alcalde de Castroverde unha estimación do que custarían as actuacións de saneamento e determinou que o Concello abonaría o importe», comentou Javier García Calleja, presidente da Protectora.
O alcalde, Xosé María Arias, confirmou onte esta decisión tras desprazarse á leira na que se atopa a jauría para comprobar o estado dos cans. «O Concello ten que responsabilizarse dos cans porque así o determina un auto xudicial, por iso decidimos custear o saneamento», comentou Arias, e engadiu que «despois xa veremos a quen lle pasamos a factura, porque parece que os gobernos locais temos que cargar con todo e as cousas non son así».
"El Progreso"

28 de septiembre de 2012

Detidos dous mozos por colocar billetes falsos de 50 euros en Castroverde

Dous mozos de 32 anos de idade, que son veciños da capital lucense, foron detidos por axentes da Garda Civil acusados de senllos delitos de falsificación de moeda e estafa porque presuntamente colocaron en varios establecementos billetes de 50 euros, que non eran de curso legal.
Un dos billetes falsos. | Foto: Abelardo
Os feitos descóbrense por mor de que estes mozos realizasen consumicións nas últimas semanas en establecementos de hostalería e compras en comercios das localidades de Friol, Castroverde e Baamonde. O valor do que tomaban ou adquirían era escaso e sempre pagaban con billetes de 50 euros. Para que os donos non se decatasen intentaban distraerlles.
A voz de alarma deuna o pasado día 19 a dona dun supermercado de Castroverde, cando un dos mozos intentou pagarlle unha botella de viño que valía 1,30€ cun billete falso de 50€.
"El Progreso"

26 de septiembre de 2012

Escolas Deportivas 2012-2013

Cartel das Escolas Deportivas.
Multideporte (Baloncesto, atletismo e psicomotricidade)
Os martes e mércores; grupo de mañá: 14:15 a 15:00 horas, grupo de tarde: 16:15 a 17:15 horas.
Lugar: no Pavillón Polideportivo de Castroverde.
Impartido por LuZemcun C.B
Custe; 6 €/mes ou se se paga trimestralmente 15 €/trimestre.
Comenzamos o martes día 2 de Outubro.


Judo
Os martes e xoves de 16:15 a 17:15 horas.
Lugar: no Ximnasio do C.P.I de Castroverde.
Impartido por Gimnasio Senra.
Custe; 6 €/mes ou se se paga trimestralmente 15 €/trimestre.
Comenzamos o martes día 2 de Outubro.


Tenis de Mesa
Os luns e mércores de 16:15 a 17:15 horas.
Lugar: no Pavillón Polideportivo de Castroverde.
Impartido por Luzemcun C.B.
Comenzamos o día 1 de Outubro.


Natación
Os venres de 16:15 a17:00 horas.
O autobús recollerá ós nenos á saída do colexio ás 15:30 horas.
Custe 25 € mes.
O custe do mes de outubro serán 12 € por ser só medio mes de actividade
Impartido por Aqualife.
Mínimo 10 alumnos e un máximo de 35 alumnos.
Comenzamos o venres día 19 de Outubro.
 
 
ACTIVIDADES PARA ADULTOS

Ximnasia de Mantemento
Os luns martes e xoves
Grupo de mañá: 10:00 a 11:00 horas. No Pavillón Municipal A Ferreiría
Grupo de Tarde: de 20:00 a 21:00 horas. No Ximnasio do C.P.I de Castroverde
Custe: 18 €/mes
Impartido por LuZemcun C.B
Comezamos o día 1 de Outubro.

Natación
Os martes e xoves de 11:30 a 12:15 horas.
O autobús recollerá ós alumnos diante do Pavillón Municipal ás 10:45 horas.
Impartido por Aqualife.
Custe: 35 €/mes.

GRUPO MÍNIMO DE 20 ALUMNOS PARA LLEVAR A CABO A ACTIVIDADE E UN MÁXIMO DE 30 ALUMNOS.
Comezamos o día 2 de Outubro.

O INGRESO TANTO PARA AS ACTIVIDADES DOS NENOS COMO PARA A DOS ADULTOS REALIZARÁSE DENTRO DOS 5 PRIMEIROS DÍAS DE CADA MES. NO CASO DO PAGO TRIMESTRAL NOS 5 PRIMEIROS DÍAS DE CADA TRIMESTRE, EFECTURÁSE NO SEGUINTE NÚMERO DE CONTA: 2091-0112-30-3110000042

NO CONCEPTO DEBERÁ POÑER NOME E APELIDOS DO ALUMNO, O NOME DA ACTIVIDADE E O MES AO QUE CORRESPONDE O PAGO.

¡NOTA!: Para darse de baixa en algunha das actividades tanto de nenos como de adultos deberán pasar polo Concello e solicitala baixa dentro dos 5 primeiros días de cada mes ou trimestre.
 
AS ACTIVIDADES COMEZARÁN A PRINCIPIOS DE OUTUBRO E REMATARÁN A FINAIS DE XUÑO

24 de septiembre de 2012

Unha xuíza obriga a Castroverde a coidar 30 cans abandonados

O Concello de Castroverde deberá facerse cargo da manutención e o coidado dunha trintena de cans que apareceron abandonados nunha leira particular deste municipio lucense.
A xuíza Estela San José Asensio, titular do Xuzgado de Instrución número 3 de Lugo, que instrúe, entre outras causas, a operación Campión, remitiu un auto ao alcalde instándolle a asumir as competencias contempladas na lei galega de protección de animais, que obriga aos concellos a velar pola seguridade e o benestar dos animais abandonados ata que estes sexan reclamados, acollidos ou sacrificados. De non facelo, o concello podería ser sancionado.
Ademais, San José puxo en coñecemento da Consellería de Infraestruturas, Territorio e Medio Ambiente a situación de desamparo en que se atopan os cans, que vivían encerrados nunha explotación gandeira emprazada na parroquia de Paderne. E alí continúan. Deles, só tres están identificados mediante microchip.
Os animais son alimentados por algún veciño. | Foto: Pradero

A principios da semana pasada, axentes da Garda Civil detiveron a un extraballador da granxa como presunto autor dun delito de abandono de animais, aínda que o home quedou en liberdade tras prestar declaración. Desde entón, a dona do terreo, unha anciá que está impedida, tratou de ocuparse da alimentación dos cans coa axuda dalgún veciño. Pero a situación é límite e o futuro incerto. Nesa liña, a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo retirou catro exemplares que se escaparon do recinto para atopar comida e deambulaban pola vía pública. Outros tamén fuxiron, pero volveron.
O colectivo privado, que doou ao redor de 500 quilos de penso para alimentar aos cans, destaca que non ten competencias legais, autorización nin capacidade para solucionar unha situación desta natureza.
Falta de coordinación
«Hai unha descoordinación total. Neste caso, as que teñen que actuar son as Administracións, que son as que teñen as competencias. Pero todo o mundo se pasa a pelota e acaba na Protectora, que é unha entidade privada e con recursos moi limitados», destacou onte o presidente da sociedade lucense, Javier García Calleja.
Segundo distintas fontes, a competencia en materia de animais domésticos abandonados recae en primeira instancia nos concellos, que están capacitados para impor sancións leves. Cando o caso é máis grave, a Administración local debe informar á delegación provincial de Medio Ambiente, que tras estudar o expediente pode dar parte á Dirección Xeral de Conservación dá Natureza para que adopte outras medidas. Dada a magnitude do caso, o alcalde de Castroverde sinalou días atrás que a solución tería que vir da Xunta e do Seprona.
O futuro dos cans é incerto porque ninguén quere facerse cargo deles.
A Protectora de Animais de Lugo subliña que a competencia é da Administración.
"La Voz de Galicia"

20 de septiembre de 2012

Detido un home de 42 anos polo abandono dos seus cans en Paderne (Castroverde)

Axentes da Garda Civil deteñen ao propietario dos cans abandonados na parroquia de Paderne, en Castroverde. Trátase dun veciño de Lugo de 42 anos que está acusado dun delito de malos tratos ou abandono de animais domésticos.

Parte da xauría en Paderne. | Foto: Sebas Senande

O dono da xauría recoñeceu ser o propietario de 31 cans, dos cales só tres están en posesión de microchip identificativo e a maioría carece de cartillas sanitarias e censos. Ademais, asegurou que cada dous días leváballes un saco de penso e que ao seu modo de ver os animais non estaban delgados. Con todo, o Seprona confirmou que o estado sanitario dos canes é moi deficiente e que presentan unha extrema delgadez.
Os veciños de Paderne aseguran que o dono dos animais, que traballaba ata hai uns meses coidando a explotación dunha octoxenaria da localidade, deixou de alimentalos hai uns días.
El Progreso

18 de septiembre de 2012

Máis de 30 cans escápanse dunha palleira e causan un gran balbordo en Castroverde

Paderne, no municipio lucense de Castroverde, amenceu onte con máis dunha trintena de cans ocupando as súas rúas. Os veciños prevían que isto ía acabar sucedendo, pois sabían que o número de cans crecía ano tras ano na palleira pertencente a unha veciña do pobo que non quere revelar a súa identidade.

Parte dos animais por Paderne. | Foto: Sebas Senande
Esta veciña contratou a un empregado para que atendese a súa explotación gandeira hai sete anos, e que se estableceu nunha casa da propietaria, no pobo. Ao principio a manda empezou con dous cans, necesarios para coidar o gando, pero logo fóronse sumando varios máis. O dono non impediu que a manda crecese, así que os catro ou cinco dun principio fóronse multiplicando durante os sete anos, e hoxe ninguén manexa unha cifra exacta, pero calculan que haberá sobre trinta animais.
A dona, segundo conta M.M., avogada amiga da propietaria, permitiulle ter unha pequena manda nun principio, pois a ela tamén lle gustaban os cans. Pero logo o número de animais foi crecendo sen o seu control, dado que ela leva anos nunha cadeira de rodas e practicamente non sae de casa, ao que se lle suma que estivo hospitalizada durante varios meses este ano.
El Progreso

16 de septiembre de 2012

Mañá ábrese o Albergue de Castroverde...

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo abrirá este luns un novo albergue para peregrinos no Camiño Primitivo, máis concretamente en Castroverde.

Segundo explicou esta entidade, o novo albergue público conta con 34 prazas, 2 delas nun dormitorio adaptado para persoas con mobilidade reducida. Albergues máis próximos a esta nova instalación son os do Cádavo, en Baleira, e o de Lugo.
Albergue de Peregrinos de Castroverde.
O albergue foi proxectado en xaneiro de 2009 polo arquitecto Jesús Bouza Fernández. O tamén arquitecto José Ignacio Vila ocupouse da dirección facultativa e o arquitecto técnico Javier Gómez Crespo estivo a cargo da dirección executiva das obras, que comezaron o 10 de novembro de 2011.
Un edifico elevado para evitar a humidade 

O edificio ten unha superficie de 490 metros cadrados e atópase nun solar na entrada a Castroverde dende O Cádavo, con fronte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan nacemento ao Rego de Tarrío que debuxando unha especie de meandro bordea o solar polo Leste. Precisamente para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. Tras ese inicio, o edificio pretende lixeireza, destacando no uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen importantes voadizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo. A implantación repite unha transición gradual: apertura cara o rego natural e rotundidade cara unha servidume de paso que o separa doutras propiedades pechadas con bloques.
Peregrinos en 2011
Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, un total de 5.544 peregrinos recolleron a súa compostela en Santiago tras percorrer o Camiño Primitivo. Dita cifra estase superando ano tras ano.


11 de septiembre de 2012

Castroverde viviu un cheo na Romaxe de Crentes Galegos

Preto de 3.000 persoas, chegadas de distintos puntos da xeografía galega, desprazáronse onte á área recreativa da Veiga do Olmo, en Castroverde, para asistir á XXXV Romaxe de Crentes Galegos, unha cita organizada polo colectivo Irimia na que se reivindicou a posta en valor do Camiño Primitivo.
Romaxe na Veiga do Olmo. | Foto: Amigos do Patrimonio de Castroverde
Esta romaría, que combina a celebración da fe cristiana coa defensa da lingua e da cultura galegas, arrincou a media mañá, sobre as 11.00 horas, cunha actuación da agrupación local Zuncurrundullo.
Tralo acto de benvida, os asistentes desprazáronse ata A Veiga do Olmo, onde tivo lugar un acto de celebración da palabra que contou coa participación do grupo A Quenlla, unha formación cuxa presenza é habitual dende hai anos na romaría.
Os momentos máis importantes do acto consistiron en:
1.- Referencias a Castroverde, especialmente ao Camiño, Persoeiros e Lugares do noso Castro.
2.- O Camiñante Xesús que nos acompaña e alimenta.
3.- A lenda do reino do Amor.
4.- O Berro Seco.
5.- Entrega do Ramo. A vindeira romaxe será na Magdalena, en Ourense.
6.- Despedida co Himno Galego.

8 de septiembre de 2012

Ameaza de bomba na Fonsagrada...

Unha chamada telefónica recibida no servizo de urxencias 112 pouco antes das 02.00 da pasada noite advertía da colocación dunha bomba na Praza do Museo da Fonsagrada, na que a esa hora se estaba celebrando a primeira actuación da orquestra Panorama, co recinto e as rúas próximas abarrotados.
Actuación da Panorama no día anterior, en Ribadeo.
A investigación aberta pola Garda Civil en relación coa ameaza de bomba que provocou a suspensión da verbena das festas da Fonsagrada na que estaba a actuar orquéstraa Panorama inclúe a análise da gravación que efectuou o servizo de urxencias 112 da conversación mantida pola persoa que deu a falsa alarma. Todas as chamadas quedan gravadas por se fose necesaria a súa revisión ou se algún órgano xudicial ou dos corpos de seguridade solicítano. Queda rexistrado o número de teléfono desde o cal se efectúa a chamada e tamén a duración da mesma. Cabe a posibilidade de que a persoa que levou a cabo a canallada, na madrugada de onte, utilizase un número oculto ou incluso chamase desde unha cabina desde a propia vila fonsagradina.
A acción desta persoa causou un gran malestar entre a veciñanza e tamén no Concello cuxo alcalde lamentou profundamente que alguén puidese facer unha cousa semellante. Algúns incluso consideraron o feito como un ataque cara aos fonsagradinos e a hostalería da localidade.

La Voz de Galicia

6 de septiembre de 2012

XXXV Romaxe de Crentes Galegos

Veiga do Olmo, de Castroverde, será o escenario onde o próximo 8 de setembro terá lugar a XXXV Romaxe de Crentes Galegos.
Desde 1978, a asociación Irimia organiza anualmente esta romaría co obxectivo de vincular de xeito festivo a fe cristiá e a cultura galega, e que cada ano reúne entre 4.000 e 6.000 persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía galega, segundo a propia organización.
O programa desta edición constará de tres partes, tal e como anunciou onte o presidente da asociación, Lois Ferradás.
1ª UNHA PEQUENA HISTORIA DE CASTROVERDE.
2ª UN RELATO.
3ª ESCENIFICACIÓN DUNHA LENDA DA TERRA CHÁ.
Presentará o vindeiro programa: 
(11:00h) Recibimento dos asistentes con unha pequena degustación. Actuación da Banda Musical "ZUCURRUNDULLO".
(12:00h) Acto de Celebración: Actuación do Grupo Musical "A QUENLLA".
(14:00h) Xantar.
(16:30h) Actuación de novo, da banda local "ZUCURRUNDULLO".
(18:00h) Recorrido dos asistentes dende a Veiga do Olmo ata o Castelo (alí celebrarase unha pequena oración). Regreso á Veiga do Olmo e despedida.

Espérase bo tempo para a edición deste ano, cunha máxima de 30º, e cunha mínima de 13º, polo cal un día idóneo para tal evento.