O presidente da Sociedade Protectora de Animais de Lugo, Javier García Calleja, explicou que esta entidade está a crear "unha base de datos" e "identificando" aos cans abandonados en Castroverde, un total de 31, para despois poder ofrecelos en adopción.
Parte dos cans en Paderne. | Foto: Sebas Senande |
O dono, que se atopa imputado, dispuña dos canes nunha leira que coidaba na parroquia de Paderne, ata que fai un par de semanas os cans saían dos lindes da parcela e con aspecto desnutrido chegaron a deambular polo municipio.
Os animais están agora sendo revisados por dúas veterinarias, colaboradoras da sociedade, e a partir de aí, subliña Calleja, "créase unha base de datos correspondente a cada un deles para saber a súa idade e comportamento".
Unha vez concluído o traballo, que confía que sexa esta mesma semana, poderíase valorar a adopción dos canes, dos cales destaca que non son agresivos agás "catro ou cinco".
"Europa Press"
No hay comentarios:
Publicar un comentario