O director xeral de Mobilidade da Xunta, Miguel Rodríguez Bugarín, pechou onte cos alcaldes e coas empresas o plan de transporte metropolitano de Lugo, que empezará a funcionar o 5 de novembro en oito concellos coas mesmas liñas que existían ata agora pero con novas tarifas. O billete máis barato custará 79 céntimos e o máis caro, 2,05 euros.
Rodríguez Bugarín mostrando a Tarxeta Metropolitana. | Foto: Xesús Ponte |
A Xunta dividiu o territorio en cinco áreas: L-Lugo 0, que comprende o municipio de Lugo; L-Lug1 (Friol, Outerio de Rei e Rábade); L-Lug2 (Guntín); L-Lug3 (O Corgo e Castroverde) e L-Tch1 (Castro de Rei). Se se viaxa dentro dunha mesma área ou se salta a unha segunda, o billete co cartón metropolitano custará 79 céntimos os 40 primeiras viaxes e 67 céntimos, os seguintes. Se se fan dous saltos de área, os prezos soben a 1,21 euros (ata 40 viaxes) e 1,03, a partir do número 41. Para beneficiarse destes prezos, o transbordo dunha liña a outra debe facerse no prazo dunha hora se se fai dentro dunha mesma área ou se pasa a unha segunda e de 75 minutos se se fan dous saltos de área
"El Progreso"
No hay comentarios:
Publicar un comentario