24 de junio de 2011

Festas en Riomol-Vilacote-Foguentelle...2 de Xullo

Festas en Riomol, Vilacote e Foguentelle na Honra a San Pedro. Celebrarase o día 2 de Xullo co seguinte programa:

- (13.30) Misa Solemne, posteriormente Sesión Vermú.

- (23.30) Verbena Amenizada pola Orquestra FANTASÍA, e actuación de KAELSUS DISCOMOVIL-SHOW.

21 de junio de 2011

Actividades de Verán en Castroverde

- Xogos de Verán:
  • Para tódolos nenos e nenas de 4 a 16 an0s (incluídos os nenos de 3 anos que cumplen este ano).
  • De Luns a Venres de 9.30 a 14.00 h durante os meses de XULLO e AGOSTO.
  • Lugares onde se realizarán as actividades ---> Pavillón Municipal "A Ferrería", Veiga do Olmo, Piscinas Municipais...
  • Impartido por LUZEMCUM
  • Coste da Actividade: 20€/mes, ademais realizaránse diferentes excursións (Por cada excursión terán que abonar a maiores 10€/neno e poderán ir acompañados dun adulto(10€/adulto))
  • A PRESENTACIÓN SERÁ O DÍA 1 DE XULLO ÁS 10:00H NO PAVILLÓN "A FERRERÍA



- Cursos de Natación na Piscina Municipal:
  • Para tódolos públicos
  • Os nenos e nenas menores de 6 anos terán que estar acompañados por un adulto
  • Os luns, martes e venres a partir das 12.00h durante o mes de Xullo
  • Fáranse diferentes grupos dependendo dos usuarios e do nivel de natación.
  • Haberá límite de prazas
  • Os horarios estarán o público no Concello e nas Piscinas Municipais
  • Estes cursos serán totalmente GRATUÍTOS
______________________________________________

AS INSCRICIÓNS REALIZARÁNSE NAS OFICINAS DO CONCELLO DE 10.00 A 14.00H

19 de junio de 2011

Noite de San Xoán

O Xoves 23 de Xuño, celebrarase en Tarrio (Castroverde) a Noite de San Xoán a partir das (22.00h) na que teremos:
- Fogueira
- Sardiñada-Churrascada
- Queimada
- Música Folk

Organizan:
Concello de Castroverde
Veciños de Tarrío
A.C.Espalladoira

O lume realmente non sei onde se fará, xa que en anos anteriores facíase onde agora está o futuro Albergue dos Peregrinos.

15 de junio de 2011

Festas en Vilalle..25 de Xuño

O próximo 25 de Xuño, celébranse ás festas en Vilalle na honra a San Pedro. Presenta o seguinte programa:
(13.00) Misa Solemne e Procesión.
(14.00) Sesión Vermú amenizada pola orquestra SONORA REAL.
(23.00) Comezo da verbena co DÚO MERITXEL e a orquestra SONORA REAL.

14 de junio de 2011

Apertura das Piscinas Municipais...15 de Xuño...

Un ano maís, as piscinas abrirán as súas portas, neste caso o día 15 de Xuño (En principio ata o 15 de Setembro), é dicir que botarán 3 meses dispoñibles a todos os usuarios. Buscade as diferenzas entre as 2 imaxes, a primeira correspónde a Novembro do 2009, mentres que a da dereita fíxose hoxe mesmo.





Pola contra, as Ambulancias de Castroverde, tranladaránse ó Corgo. Algo que xa se quixo facer en Marzo de 2010, pero non foi posible debido a incorformidade dos Concellos de Castroverde e Baleira.

10 de junio de 2011

Festas do Santiago 2011...

Os días 23, 24 e 25 de Xullo, celebraranse as Festas do Santiago 2011, que ata o de agora presentan o seguinte programa, un pouco monótono, o que ven sendo estes últimos anos:
- Sábado 23 de Xullo
(23.00) Festa e Verbena a cargo da Orquestra CASABLANCA.

- Domingo 24 de Xullo
(13.30) Misa Maior e Sesión Vermú a cargo da Orquesta MANHATTAN
(23.00) Festa e Verbena amenizada polas orquestras MANHATTAN e NOCHE DE GALA.

- Luns 25 de Xullo
(13.30) Misa Maior e Sesión Vermú coa Orquestra LOS ESTELARES.
(23.00) Festa e Verbena coas orquestras LOS ESTELARES e MADISSON.

En canto as orquestras, as mellores para o meu gusto son as destacadas en negriña, as cales xa viñeron en anos anteriores.

Outra vez queren deixarnos sen Ambulancias...

O próximo día 15 a Xunta de Galicia trasladará a base do 061 que opera desde Castroverde á PAC do Corgo. Aínda que fontes dese servizo autonómico indicaron onte que aínda se está avaliando a posibilidade de levar a cabo ese cambio de localización e que aínda non hai unha decisión en firme, aos encargados de prestar ese servizo xa se lles avisou de que desde o día 15 deberán operar desde O Corgo.
Información relacionada

Tras lamentar que o Goberno galego non lle remitise aínda ningunha notificación respecto diso, o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, criticou que se esperase «a despois dás eleccións» para ordenar un traslado que, ao seu xuízo, prexudicará aos veciños de Castroverde e, sobre todo, aos de Baleira, «que nalgúns casos quedarán illados ao ter ou servizo a máis de 50 quilómetros».

O rexedor dixo que ve «lóxico» que as ambulancias do 061 situar xunto á PAC, tras o que matizou que o que «non é lóxico» é que no seu día non se crease un centro desa natureza en Castroverde, algo que, ao seu xuízo, sería necesario para atender unha zona extensa e de gran dispersión xeográfica. Ao parecer, agora cubrirase fundamentalmente desde a base do 061 do novo hospital de Lugo.

Desde a empresa concesionaria dese servizo estimaron que o tempo de resposta ante emerxencias verase incrementado na zona en case 20 minutos. Ademais, nos lugares máis afastados, como Córneas (Baleira), o tempo de resposta era duns 40 minutos desde Castroverde e agora será de case unha hora desde a capital lucense.

Segundo lembrou Xosé María Arias, a comezos do ano pasado xa se barallou a posibilidade de trasladar a base do 061, o que suscitou o rexeitamento dos gobernos locais de Castroverde e Baleira. No primeiro dos municipios chegouse a celebrar un pleno extraordinario no que todos os partidos da corporación, incluído o PP, situáronse en contra dese cambio de localización do servizo.

Finalmente, tras realizar desde eses dous concellos diferentes xestións cos responsables da Consellería de Sanidade, devandito cambio de localización non chegou a producirse.

Respecto diso, Arias instou o alcalde de Baleira, Francisco Acal, a que explique agora por que o PP «enganou aos veciños» ao ordenar ese traslado desde a Xunta. «Esa é a austeridade do Goberno de Núñez Feijóo», resolveu.

Francisco Acal, pola súa banda, dixo descoñecer tamén ese cambio de localización da base do 061, polo que eludiu facer unha valoración, aínda que indicou que a próxima semana porase en contacto coa Consellería de Sanidade para abordar ese traslado, co que se mostrou en desacordo no seu día.

Ao parecer, este mes a base do 061 de Begonte tamén será trasladada a Guitiriz, aínda que desde ese Concello indicaron onte que aínda non recibiron ningunha comunicación oficial nese sentido.

3 de junio de 2011

Castroverde puido ser Allariz...

Texto sobre un pouco do que é Castroverde e do que puido selo...publicado en Xornal por Millán Fernández:

Aquí un anaco:
O xornalista e escritor Santiago Jaureguízar dicía en 1994, nas liñas de El Progreso: “Lo más característico de Castroverde va cediendo a la ley de la gravedad. ¿Cuál es la solución? Tal vez dar el do de pecho”. Non lembro o contido exacto do artigo pero estas verbas resignadas poderían recuperarse literalmente contemplando calquera das posibilidades ás que aludía, nun dos concellos mais ricos e fermosos da zona de transición entre a Terra Chá e a Montaña lucense. Non podo saber se o autor falaba da dolosa e dolorosamente abandonada Torre da Homenaxe da súa fortaleza medieval (símbolo total do concello sobre a cal escribiu Benito Vicetto no S.XIX) ou á súa xente, ou ao seu particular panorama político.
Castroverde resiste estoicamente o transcorrer implacable dos anos, como a maioría do rural do país. Semella que nada se move. Non é amigo de cambios bruscos.
A pequena algarabía prodúcese polas mañás no núcleo da vila, ou as fins de semana cada 15 días cando hai feira local e as “pulpeiras” non dan abasto. A vida camiña “amodiño, centro urbán”. Algún movemento os domingos se xoga a esedé (SD Castroverde), na segunda autonómica, ou se hai algunha actividade no Pavillón Municipal. Pode que en calquera evento excepcional que rache coa monotonía.
A capital da provincia está a dez minutos pola estrada que parte en dous o seu corazón e que vai de Lugo á Fonsagrada. Está ben comunicado. A Mariña e A Coruña a tres cuarto de hora.
O nome da arteria principal é a Rúa Rosalía de Castro, antes do Xeneralísimo. Tamén atravesa o Camiño Primitivo que, seguindo as estrelas, chega a Compostela. Os peregrinos non tiñan onde hospedarse pero semella que nun futuro poderán facelo.
O volume de poboación diminúe incesantemente. A media de idade ronda os 52. Pode tamén que, nun futuro, a xente maior dispoña dun Centro de Día. Como mostra, un botón: en 1940 había censados 9.017 habitantes, 550 na capitalidade. No 2006 eran 3.187 e 412, respectivamente. Hoxe a cifra é menor, e continúa á baixa. Mais mortes que nacementos. Mais emigrantes que inmigrantes. Leva sendo así décadas pois é terra que escoita contos moi reais da diáspora.
A economía local xira arredor dos afanosos sectores agrogandeiro, forestal e de servizos. Hai bos sitios para comer. Noutros tempos houbo fulgor de zoqueiros, tecedoras, segadores, muiñeiros, ferreiros, canteiros...
O colexio, que goza dunhas boas instalacións, dálle vida, pero o número de cativos que ingresa nel descende cada setembro. O Centro Médico tamén é fonte de rebumbio xa que se achegan de todo o municipio e aproveitan para facer encargos ou tomarlle algo. E as fontes de auga cristalina e reparadora espállanse polas parroquias onde igrexas de estilo románico, pazos, cruceiros, petos de ánimas e restos megalíticos complementan unha paisaxe idílica e inzada de carrilleiras, prados e outeiros. O desemprego castiga, pero non se nota tanto. Os comerciantes e os labregos notan a crise menos que nas cidades.
Os invernos son duros coma croios...