16 de noviembre de 2012

Imputan a un mozo de Castroverde por apropiarse da cabeza tractora dun camión

Un mozo de Castroverde, de 28 anos, foi imputado pola Garda Civil como un suposto autor dun delito de apropiación indebida. A Garda Civil atribúelle o quedarse coa cabeza tractora dun camión, pertencente a unha empresa de maquinaria de Betanzos. Os investigadores lograron recuperar o material e puxeron ao imputado a disposición xudicial. Ademais, a Garda Cviil detivo a un veciño de Chantada, de 49 anos por orde do Xulgado do Penal número 2 de Lugo para cumprir unha condena no centro penal de Monterroso.

"La Voz de Galicia"

7 de noviembre de 2012

Goles no Smarthphone, a SD Castroverde goza de aplicación

Tacho e Marcos, os creadores da aplicación.
A SD Castroverde cóase nos móbiles. Dous futbolistas da SD Castroverde crean unha aplicación para seguir desde teléfonos de última xeración o día a día do equipo en Segunda Autonómica. O servizo é pioneiro na súa categoría e case inédito nos superiores.

DESDE hai un mes, os seguidores da SD Castroverde que se perdan algún partido do seu equipo ou que queiran saber como quedan os seus rivais na liga de Segunda Autonómica téñeno fácil para porse ao día se teñen un smartphone. E todo iso grazas a dous futbolistas do persoal.
O porteiro, Marcos Fernández, e un dos defensas, Tino Castedo, decidiron aproveitar a súa experiencia profesional no campo das novas tecnoloxías para desenvolver unha nova aplicación para teléfonos móbiles de última xeración, como os iPhone, que permite seguir a traxectoria do equipo con todo luxo de detalles.
A aplicación está dispoñible de forma gratuíta no Market de Android e tamén na App Store.

3 de noviembre de 2012

A Protectora de Lugo xa deu en adopción 7 cans abandoados en Paderne

A Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo xa deu en adopción sete dos cans abandonados polo seu dono en Paderne (Castroverde) e iniciará a próxima semana, en principio o luns, unha campaña en internet para atopar fogar ao resto.
Un membro da protectora alimentando os cans.
Así o anunciou onte o presidente da entidade, Javier García Calleja. Segundo explicou, tras finalizar os traballos de identificación, revisión sanitaria e análise do comportamento da manda, desde o Concello de Castroverde comunicaron á Protectora que había xente interesada neses sete canes, polo que, ao ser aptos para a adopción, entregáronos aos seus novos donos.