Tacho e Marcos, os creadores da aplicación. |
DESDE hai un mes, os seguidores da SD Castroverde que se perdan algún partido do seu equipo ou que queiran saber como quedan os seus rivais na liga de Segunda Autonómica téñeno fácil para porse ao día se teñen un smartphone. E todo iso grazas a dous futbolistas do persoal.
O porteiro, Marcos Fernández, e un dos defensas, Tino Castedo, decidiron aproveitar a súa experiencia profesional no campo das novas tecnoloxías para desenvolver unha nova aplicación para teléfonos móbiles de última xeración, como os iPhone, que permite seguir a traxectoria do equipo con todo luxo de detalles.
A aplicación está dispoñible de forma gratuíta no Market de Android e tamén na App Store.
No hay comentarios:
Publicar un comentario