Castroverde, é unha pequena vila pertencente a provincia de Lugo, dista da capital a uns 20 km. Encóntrase no tramo que vai dende Lugo a Fonsagrada, en concreto a carretera LU-530. Limita con Lugo e o Corgo ao oeste, ao norte con Castro de Rei e Pol, ao leste con Baleira e ao sur limita con Baralla.
Actualmente o concello consta 2.877 habitantes (2012) nas súas 37 parroquias, cunha idade media en torno aos 50 anos, os cales a maioría adícanse ao sector primario. A poboación foi diminuindo co paso dos anos, por exemplo en 1950, Castroverde tiña en torno aos 8.000 habitantes. De ahí o chamado éxodo rural.
O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta lucense e as Serras Orientais. Castroverde atópase en torno aos 600 m de altitude. Destaca a súa Serra do Miradeiro que con 1034 m de altitude é o punto máis alto do concello.
O clima é oceánico, con matices continentais. Invernos fríos con moitas xeadas, e temperaturas suaves no verán en torno a unha media de 18ºC.
Concello de Castroverde
Plaza do Concello, nº 2
Código Postal: 27120
Teléfonos: 982 31 20 80 | 982 31 22 87
Fax: 982 31 30 11
No hay comentarios:
Publicar un comentario