5 de diciembre de 2012

Un incendio destrúe por completo unha casa en Castroverde

Un incendio deixou reducida a cinzas a pasada madrugada unha vivenda unifamiliar no municipio lucense de Castroverde, ata o punto de que a propia estrutura da casa viuse "colapsada" por mor das elevadas temperaturas e derrubouse, sen que se rexistrasen danos persoais, informaron a EFE fontes do 112.

Na casa, que está situada no lugar de Berlán, na parroquia de Montecubeiro, residía unha muller, que non sufriu danos a causa do lume.

A central de coordinación de urxencias recibiu aviso do incendio ás 01:57 horas e mobilizou os bombeiros de Sarria, a persoal do propio Concello de Castroverde e Garda Civil.

Fontes dos bombeiros de Sarria indicaron que ata o lugar do incendio desprazáronse as dotacións de tres vehículos, pero cando chegaron á casa, o tellado "xa colapsara" e toda a vivenda estaba en chamas.

Da vivenda, que era de planta baixa, saíra "polo seu propio pé" a única habitante, "unha señora de avanzada de idade". O lume quedou sufocado ás 05:13 horas.

"El Progreso"

No hay comentarios:

Publicar un comentario