31 de marzo de 2012

As probas do Bus Metropolitano comenzarán en Abril...


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou este mércores o comezo a mediados de abril das probas piloto para garantir o correcto funcionamento do cartón TMG do Plan de Transporte Metropolitano (PTM) de Galicia na área de Lugo. Abrirase deste xeito un período de dúas semanas no que se desenvolverán as probas piloto, nas que se comprobará o correcto funcionamento das máquinas canceladoras e do sistema de facturación, analizaranse as anomalías e corrixiranse, co fin de garantir un funcionamento pleno e sen erros no momento en que entre en vigor o plan.

A Xunta destaca que a área de Lugo é a primeira de Galicia na que se incorpora o novo PTM sen partir dun plan anterior, como foi o caso das áreas de Ferrol, A Coruña e Santiago. Por esta razón, é preciso desenvolver actuacións específicas para esta área, co obxectivo de garantir a operatividade do cartón sen contactos TMG.

Unha vez que se supere esta fase de probas, activarase o plan para os máis de 124.000 cidadáns da área metropolitana de Lugo, que poderán beneficiarse do abaratamento do billete e dos transbordos bonificados. Os concellos que conforman esta área son Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

Mirando a web do Transporte Metropolitano de Galicia, vemos que a viaxe en efectivo (A LUGO) serán de 1,40€, pero se pagamos con Tarxeta pode chegar o prezo de 0,78€ ata 40 viaxes, e 0,66€ con máis de 40 viaxes...

27 de marzo de 2012

Castroverdenses Ilustres (IV): Aída Valiño...


 Outra das personaxes que merecen mención, é Aída Valiño nada en Castroverde no ano 1987. Sendo actualmente unha das melllores ou a mellor triatleta galega. Así en 2006 integrou a primeira selección galega do Triatlón, o que fixo que debutara internacionalmente ma Copa de Europa de Estoril (2006).  Actualmente milita no Club Fluvial de Lugo, e fai pouco en Septembro de 2011 volveuse proclamar Campeona Galego de Triatlón, sacándolle unha amplia ventaxa a 2ª clasificada. Obviamente, participa en numerosos campeonatos, pero cabe destacar o seguinte:

- 32º no Campionato do Mundo en Lausanne (Suíza) no ano 2006 (Categoría Júnior).

- Consegue os postos 40, 47 e 33 nas diversas Copas do Mundo sendo en Madrid (2006), Lisboa (2007) e Madrid (2007) respectivamente.

- En canto os Campionatos de Europa, consegue un 7º posto en Madrid no ano 2007 (Categoría Sub-23), e un dos seus mellores resultados o 2º posto acadado en Serres (Grecia) en 2008, tamén en dita categoría.

Ante todo un currículum que non é nada doado de conseguir, noraboa por ese gran traballo Aída. Pola contra a finales de 2008, despois de conseguir o seu maior título, vese frenada por diversas lesións, o que conleva ó paso polo quirófano e a largas convalecencias. Polo que pouco a pouco volverá conseguir o seu mellor nivel e como non volverá a codearse coas mellores do mundo neste deporte. Ánimo para ela.

25 de marzo de 2012

Espasande no programa "Grandes Lugares" da CRTVG...

O pasado 21 de Marzo, emitiuse na CRTVG no programa "Grandes Lugares", o pobo de Espasande, onde os veciños nos mostran as riquezas nas que viven, e os orgullosos que se senten de ser de onde son, de Espasande (Castroverde). Aquí o vídeo do programa, Espasande aparece desde o principio ata o minuto 26:




24 de marzo de 2012

Faltan unhas semanas para a apertura do Albergue...

A Xunta de Galicia ultima os trámites para pór en funcionamento o Albergue de Peregrinos de Castroverde, a cuxa construción destinou un orzamento que superou os 600.000 euros.

Segundo informaron o Goberno autonómico, os traballos construtivos xa finalizaron hai semanas e adquiriuse tamén o equipamento, polo que para a entrada en funcionamento das instalacións, situadas xunto ao trazado do Camiño Primitivo, só requírese dun último trámite, o documento de final de obra no que debe figurar o visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio. Ademais o Albergue contará ata un máximo de 30 plazas, tendo camas en literas.




22 de marzo de 2012

Castroverdenses Ilustres (III): Paco Pestana...

   Paco Pestana naceu no ano 1949 en Peredo (Castroverde). É un dos máis importantes artistas plásticos do Olimpo Creativo galego, sendo un dos creadores vivos máis considerado a nivel internacional. Paco ante todo é un gran escultor.

    Aos 5 anos viaxa a Madrid. Máis tarde abandona o bacharelato y para que os seus pais non se enfaden, faise  "capataz agrícola". Na súa xuventude viaxa por Madrid, Barcelona, Oviedo, Andalucía e Portugal. No ano 1969, cando ten 20 anos, alíñase na Lexión Estranxeira do Sáhara. De ai vai a Canarias e Holanda. Posteriormente, xa con 28 anos decide establecerse definitivamente en Galicia (Lugo). E é agora cando Pestana se inicia definitivamente como escultor, aunque a súa íntima vocación sea a da poesía. De aí que cada obra súa, sexa un poema que mostra o seu desencanto hacia o futuro, a ira no presente e a nostalxia do pasado. Hoxe en día é un dos artistas máis vanguardistas e exemplificadores do novo arte galego

    Ademais participa en grandes exposicións como: I Mostra da Escultura Galega (1980), Encontros no Espacio (1984), Imaxes dos 80 (1985), Dimensións Atlánticas (1986), Galicia no Tempo (1991), Fundación Caixa Galicia (1992).  Parte da súa obra figura en fundacións como Gulbekin, Granell, Torrente Ballestes, Alcázar Reyes...
   
   En Castroverde, Paco Pestana é moi coñecido popularmente, xa que realiza numerosas visitas o C.P.I de Castroverde, tamén non fai moito deu o pregón da Feira de Artesanía, e como non participa en moitas das actividades dos "Amigos do Patrimonio de Castroverde". Un gran escultor, que fai figuras únicas, e que é bastante recoñecido na provincia.

21 de marzo de 2012

Castroverdenses Ilustres (II): Enriqueta Otero Blanco...

  Outra das personaxes que naceron en Castroverde, e que merecen clara mención é Enriqueta Otero Blanco, nada en Miranda no 1902 e falecida no ano 1989, foi unha mestra e gerrilleira antifranquista galega. 

   Terceira de oito irmáns, estudou no Colexio da Milagrosa de Lugo. Fixo Maxisterio na Escola Normal da Lugo, rematando en 1928. Exerceu de mestra en varias escolas da provincia de Lugo (San Cosme de Barreiros, Ferreirós e Montefurado), no colexio Gómez Baquero de Madrid e, de regreso a Galiza, en Cea (Vilagarcía de Arousa). En 1936 recibiu unha bolsa de estudos en xordomudos, polo que se trasladou ao Colexio Nacional de Xordomudos de Madrid. Nesta época xa se achegara ao PCE e casara cun mestre republicano.

   Ao estalar a Guerra Civil, dedicouse á evacuación de cativos ao Levante. Logo traballou como enfermeira no Hospital Militar de Carabanchel. En xaneiro de 1937, incorporouse como miliciana da cultura á defensa de Madrid no Exército do Centro. Participou na creación de varios fogares-soldado ou hospitais-escola. Fíxose cargo dunha gardaría para os fillos dos soldados e organizou un hotel de repouso para as viúvas e compañeiras dos soldados na provincia de Alacant.

  Co golpe do coronel Casado aliñouse coa política de Negrín e dos comunistas, foi detida por membros socialistas do Consello Nacional de Defensa e conducida ao cárcere. O 27 de marzo de 1939, un día antes da rendición de Madrid, foxe xunto a outras presas.

  Consegue chegar a Lugo, á casa do párroco de Santa María a Nova, ata onde a alcanzou a persecución policial, se ben librou grazas ao crego. Nestes primeiros meses de semiclandestinidade, acubíllase en varias vilas da provincia, sempre baixo identidade falsa. Houbo un novo intento policial por capturala en 1942. Comezou a establecer conexións cos fuxidos e cos antifascistas de Becerreá, onde colaborou nunha primitiva estrutura guerrilleira. Sen contactos co PCE ata 1944, a súa influencia política e organizativa en parte da provincia de Lugo percibiuse na posterior medra política e guerrilleira provincial.

En 1944 formou parte do Comité Provincial de Lugo e o ano seguinte mantivo relacións directas co PCE. En febreiro dese ano foi responsable de finanzas e de organización. O seguimento sobre o PC de Lugo e sobre Enriqueta Otero intensificouse a partir de finais de 1945. En xaneiro de 1946 varias caídas afectaron a toda estrutura provincial; en febreiro caeron ata cincuenta persoas vinculadas á resistencia.

O 16 de febreiro de 1946 foi detida en Lugo, xunto con Xosé Vicente Rodríguez. Ameazada e torturada, a intervención dalgunhas antigas profesoras salvouna de ser asasinada. Acusada dun delito de rebelión militar e de actividades comunistas, foi sentenciada a trinta anos por rebelión militar e catro anos por un atentado contra a autoridade.

En outubro de 1946 foi trasladada ao cárcere de Amorebieta e a finais de novembro ao de Segovia, no que pasará cinco anos baixo deplorables condicións hixiénicas, médicas, climatolóxicas e alimentarias, polo que participou nas folgas de principios de 1949, que reivindicaban melloras carcerarias.

En outubro de 1951 foi enviada ao penal de castigo de Guadalaxara e meses despois confinárona no penal de Alcalá de Henares, no que conseguiu a liberdade condicional en 1960. A definitiva houbo de esperar ata 1965.
Ao saír da cadea abriu un longo contencioso-administrativo para ser rehabilitada como mestra nacional, o que conseguiu en outubro de 1974. Tras pasar por diferentes escolas, onde intentou promover actividades culturais de base, xubilouse en 1980.

En 1977 crea a Asociación Popular O Carriño, inspirada nas Misións Pedagóxicas republicanas, como un espazo de cultura, reflexión e discusión, afastado do ensino tradicional.
Tamén fundou en Castroverde unha Casa da Muller con nome de "Candida", destinada a dignificar a situación das mulleres do medio rural.

Morreu o 31 de outubro de 1989 e foi enterrada na súa parroquia natal, envolta na bandeira republicana, evocada como «a última guerrilleira galega, a Pasionaria do pobo galego».

   E digno de admirar todo o traballo que fixo esta muller por defender o seu pobo, por defender os seus valores, unha guerrilleira como ningunha, defensora das súas ideoloxías, en Castroverde sempre se recordará.
  O pasado 11 de Outubro de 2009, Día da Galiza Combatente, fíxoselle unha homenaxe no seu pobo natal, en Miranda (Castroverde), aquí un vídeo sobre como foi o acontecemento:


20 de marzo de 2012

Castroverdenses Ilustres (I) : Antón López Rivas...

   Antón López Rivas, máis coñecido como o Mago Antón veu a este mundo en marzo do 1956, el é de Castroverde, concretamente da parroquia da Meda. Pasou a súa infancia e a súa adolescencia en Lugo, onde comezou coa maxia, posteriormente vaise a Santiago de Compostela para empezar a estudar Psicoloxía. En 1977 deixa a carreira para centrarse profesionalmente no mundo da maxia. No 1979 recibe especial mención polos Premios da Crítica de Galicia polo seu personaxe "Facundo".

    Será a partir de agora cando dea comezo a realización dunha morea de actuacións por Galicia, Madrid, Cataluña, País Vasco, Portugal, Bélxica, Holanda...Ademais tamén é participante de importantes congresos internacionais de maxia. Polos anos 80' Antón produce grandes espectáculos ao aire libre, onde o máis importante é "Merlín e Familia". Crea Produccións Máxicas e con dita obra fai unha xira por toda Galicia, cunha carpa con capacidade para 1.500 espectadores, ata é grabado pola Televisión de Galicia. En 1989 é nombrado "Lucense do Ano". No ano 1990 cóntanos na biografía da súa web, que estivo a pique de morrer afogado nun acuario de 1000 litros cando recreaba un dos máis espectaculares xogos do escapismo que fixeran famoso ó gran Houdini. "Sacáronme daquela maneira ós 3 minutos e 35 segundos". 

    En 1993 co novo espectáculo multimedia, "Vía Láctea", versa unha historia do Camiño que sorprendeu a máis de 50.000 persoas (Carpa de 2.000 metros cadrados).  Posteriormente, en 1995 a través de "Insólito por Antonomaxia" da voltas por Galicia no "magomobil", con capacidade para 70 espectadores. Máis tarde, polo ano 1998 entra temporalmente no mundo da música clásica e traballa xunto coa Orquesta Sinfónica de Galicia o espectáculo "En Clave de Maxia". Novamente en 2001 creo "2001 ilusións" e fai unha nova xira por Galicia. Máis recentemente tamén creou novas obras, e recibiu aínda máis premios.

   Sen lugar a dudas o Mago Antón trátase dun dos magos máis recoñecidos en toda Galicia, con infinidade de actuacións, e nalgunha delas con moito público. En Castroverde, recordamos a súa última visita o 1 de Febreiro de 2008 no C.P.I de Castroverde, a cal foi todo un orgullo para nós, e como non agradecer os "Amigos do Patrimonio de Castroverde" por todo o traballo que fan día a día polo noso concello.
 Polo demais, felicitar a Antón polo seu traballo e polos seus grandes éxitos xa acadados, e esperamos que lle siga a sí de ben.

En Castroverde sempre será benvido.
Unha aperta amigo!

Jorge Mira visita o C.P.I de Castroverde [Vídeo]...

 O pasado venres 2 de marzo, o famoso Jorge Mira acudiu o C.P.I de Castroverde, para pasar un bo rato cos rapaces, e como non ensinarlles como vai iso de "Cifras e Letras", da CRTVG que se emite todas as tardes da semana. Pero ademais Jorge é físico, así como catedrático en electromagnetismo. Ante todo un orgullo para nós que veña xente deste caché o noso municipio. Aquí un pequeno vídeo no que mostra un pouco de como foi o acto, grazas a Ana: 

16 de marzo de 2012

Nova liña de cooperación entre os concellos...

  Neste pequeno vídeo vemos o noso contable e máis o noso alcalde explicando un pouco a nova liña de cooperación entre os concellos (4:12-6:08):

15 de marzo de 2012

Os Concellos de Lugo teñén débedas de cerca de 30 millóns de €...

    No diario "El Progreso" de hoxe ven un artículo no que o sobresaínte é a débeda dos Concellos de Lugo de cerca de 30 millóns de €, pero eso sí o noso Concello Castroverde, leva os pago o día, como ten que ser. Aquí as débedas antes de finalizar o ano 2011:
ConcelloCuantía
AbadínPagos al día
Alfoz70.000 euros
Antas de UllaSin cuentas
BaleiraPagos al día
Baralla100.000 euros
Barreiros2.000.000 de euros
BecerreáPagos al día
Begonte100.000 euros
BóvedaPagos al día
Burela1.300.000 euros
Carballedo30.000 euros
Castro de Rei67.000 euros
CastroverdePagos al día
CervantesPagos al día
Cervo700.000 euros
Chantada2.448.000 euros
Corgo (O)Pagos al día
CospeitoNo aportó datos
Folgoso do Courel111.623 euros
Fonsagrada (A)300.000 euros
Foz1.200.000 euros
FriolPagos al día
Guitiriz300.000 euros
GuntínPagos al día
Incio (O)No aportó datos
Láncara190.000 euros
Lourenzá350.000 euros
Lugo1.200.000 euros
MeiraNo aportó datos
Mondoñedo1.457.000 euros
Monforte1.000.000 de euros
Monterroso7.483 euros
MurasPagos al día
NaviaPagos al día
ConcelloCuantía
NegueiraPagos al día
Nogais (As)Pagos al día
Ourol200.000 euros
Outeiro de ReiPagos al día
Palas de Rei500.000 euros
Pantón80.000 euros
ParadelaPagos al día
Páramo (O)No aportó datos
Pastoriza (A)200.000 euros
PedrafitaPagos al día
Pobra do Brollón (A)70.000 euros
PolNo aportó datos
Pontenova (A)600.000 euros
PortomarínNo aportó datos
Quiroga240.000 euros
Rábade200.000 euros
Ribadeo2.000.000 de euros
Ribas do SilPagos al día
Ribeira de PiquínPagos al día
Riotorto450.000 euros
SamosPagos al día
Sarria3.000.000 de euros
Saviñao (O)No aportó datos
Sober100.000 euros
Taboada767.479 euros
Trabada30.000 euros
TriacastelaPagos al día
Valadouro (O)Pagos al día
Vicedo (O)Pagos al día
Vilalba1.700.000 euros
ViveiroMás de 6,5 millones
XermadePagos al día
XovePagos al día

10 de marzo de 2012

Vídeo sobre Presentación Terra Chá 2012

   O outro día atopei este vídeo en YouTube, no que podemos ver os pilotos Fran, César e Alberto en plena acción na Presentación Terra Chá 2012, que se disputou a pasada fin de semana. Mala sorte o do pequeno accidente que tivo Francisco, ánimos para el:

- F. López Rivas: 11:24 - 12:20
- Alberto López: 13:33 - 14:39
- Cesar Gonçalves: 15:43 - 18:13

8 de marzo de 2012

Festa do Motor en Vilalba...


   A capital chairega viviu un fin de semana dedicado ao mundo do catro rodas coa celebración da terceira edición da Festa do Motor que organiza a Escuadra Terra Chá Sport de Vilalba. O club realizou este acto para facer a presentación oficial do dez coches cos que competirá este ano nos campionatos galegos de rallye nas modalidades de asfalto e terra.

A festa contou cunha exhibición de pilotaxe na que participaron 16 pilotos: o dez da escuadra chairega e outro seis invitados procedentes doutros clubs de Ferrol, Narón e Lugo. A demostración realizouse na chaira da antiga ITV, no polígono industrial, e logrou reunir a unhas 600 persoas, que gozaron do espectáculo durante máis dunha hora.

Unha cea de confraternidade no Hotel Villamartín e a posterior festa na discoteca Troco -en cuxo exterior estiveron expostos os vehículos- completaron o programa de actividades desta festa.

Nova tempada:

Os pilotos que forman parte este ano da Escuadra Terra Chá Sport son os vilalbeses Iván Fernádez e Germán Otero; os lucenses Marcos Rodríguez, Borja Torre, Iago González e José Seijo; Alberto López, César Gonçalves e Francisco López, de Castroverde, e José Anxo López, da zona de Ferrol.

 Todos eles competirán no rallye galego de asfalto -no Trofeo Pirelli, a Copa Khumo e o Volante Racc-, excepto Germán Otero, que probará sorte no de terra.

 A intención de todos os equipos é a de disputar o tres primeiras probas do campionato autonómico e, despois, en función dos apoios económicos que se vaian conseguindo a través dos patrocinadores e de como vaia cada piloto na súa competición, irase completando o campionato ou seleccionando as probas ás que se pode ir, tanto por proximidade xeográfica como por custo, segundo indicaron desde a Escuadra Terra Chá Sport.

A primeira carreira do Galego será os días 17 e 18 de marzo en Lalín, o Rallye do Cocido. Nel a escuadra chairega competirá cun Mitsubishi Evo 10, un Mitsubishi Evo 8, un Mitsubishi Evo 6, un Subaru Impreza, un Ford Scort MK1, dous Peugeot 106, un Peugeot 206, un Suzuki Swift e un Opel Corsa. 

7 de marzo de 2012

ITV Agrícola...


A partir de hoxe, do 7 de Marzo ó 15 de Marzo teremos unha unidade móbil no mercado gandeiro, para a ITV agrícola. O horario de Luns a Venres:

* Mañá: 9:00-13:30 horas
* Tarde: 15:30-18:00 horas

Excepto os días 9 e 15 que o peche se efectuará ás 13:30 horas.

6 de marzo de 2012

II COPA DE ESPAÑA DE RASTRO DE SANGRE

Os días 17 e 18 de Marzo, teremos en Castroverde a "II COPA DE ESPAÑA DE RASTRO DE SANGRE 20 E 40 HORAS" organizado por Teckel Club de España. As inscricións cerraranse o 11 de Marzo ou cando se chegue a 24 exemplares. Para máis información sobre a inscrición click aquí:




5 de marzo de 2012

Cursos de Pintura e Debuxo Artístico...

Nos próximos meses teremos no Centro Social de Castroverde Cursos de Pintura de Debuxo Artístico:
* Dirixido a persoas adultas e nen@s maiores de 11 anos.

* Sería todos os mércores no Centro Social en horario a elixir:
  - Grupo de Mañá: 11:00-13:00
  - Grupo de Tarde: 17:00-19:00
* Os gastos dos materiais correrán por conta do alumn@.

* Para poder impartir as clases necesítanse un mínimo de 5 persoas en cada grupo.

* DURACIÓN DO CURSO: 3 MESES.

* Inscrición: GRATUÍTA.

A PRESENTACIÓN SERÁ O PRÓXIMO MÉRCORES 14 DE MARZO NO CENTRO SOCIAL

Impartida por: Mª Ángeles Vázquez.

INSCRÍBETE NAS OFICINAS DO CONCELLO!

4 de marzo de 2012

O Castroverde F.S. Xuvenil proclámase Campeón da Liga Provincial...

  O pasado venres 2 de Marzo, o Castroverde F.S Xuvenil tiña un partido ás 21:00h en Outeiro de Rei no que xa podía conseguir definitivamente o título da provincial, so se necesitaba un punto, é dicir era válida a victoria pero tamén o empate. 
    
    O partido comezou con moita presión do equipo rival, pero o Castroverde pouco a pouco foise afianzado como dono do balón, pola contra o Outeiro esperaba no seu campo para ter oportunidades de contrataque, e así pola metade do 1º tempo chegou o primeiro gol do equipo da casa, un tiro fora da área rebota no pao dereito e o balón sen que Noel poida facer nada entra...Os minutos pasaban e o gol do Castroverde cada vez era máis necesario sobre todo para darnos algo máis de confianza, pero non chegou ata o minuto 15 da 2ª metade, e acto seguido outro gol, os 2 do propio Julián. A euforia desatábase 1-2 e faltaban 10 min para o remate do partido. 

  O encontro continuaba da mesma maneira, unicamente cambiaron os nervios de bando, agora eran eles  os que necesitaban darlle a volta o partido, pero neste tempo case non gozaron de ocasións claras grazas a gran defensa que fixeron os chavales liderada por Polín...a tranquilidade plena chegou cando Álvaro enchufa o 1-3 definitivo no luminoso, faltaba 1 minuto ou 2, pero a Liga estaba cada vez máis preto...e así foi. 
  Creo que somos os claros merecentes deste 1º posto, no noso 2º ano desde que se tivo a idea de facer o Equipo Xuvenil. Grande CASTROVERDE F.S.!!!!

E aquí un pouco, os resultados da tempada 2011/2012 aínda que queda o último partido na casa tamén contra o Outeiro de Rei, que posiblemente se xogará o fin de semana que vén:

* 1ª Xornada: Fonsagrada 3-5 Castroverde F.S. Xuvenil
* 2ª Xornada: Castroverde F.S. Xuvenil 3-1 EE.DD Guitiriz
* 3ª Xornada: Cidade de Lugo 2-10 Castroverde F.S. Xuvenil
* 4ª Xornada: Castroverde F.S. Xuvenil 4-4 Ribeira F.S
* 5ª Xornada: Outeiro de Rei 1-3 Castroverde F.S. Xuvenil
* 6ª Xornada: Castroverde F.S. Xuvenil 4-4 Fonsagrada
* 7ª Xornada: EE.DD Guitiriz 5-7 Castroverde F.S. Xuvenil
* 8ª Xornada: Castroverde F.S. Xuvenil 8-1 Cidade de Lugo
* 9ª Xornada: Ribeiro F.S. 2-8 Castroverde F.S. Xuvenil

En total 23 puntos, 7 partido ganados, 2 empates, 0 derrotas.
En canto os goles: 52 a favor (5,8 goles/ partido), 23 en contra (2,5 goles/ partido).
Quedamos 1º con 23 puntos (falta do último partido [aplazado]), 2º Outeiro de Rei con 15 puntos, e 3º Fonsagrada con 13 puntos (a falta dun partido tamén).

Na imaxe da Plantilla (1º Ano), con respecto a este (2º Ano), entre paréntese motivo da súa marcha:
Pedro, Guti (Sénior), Lino, Manel, A. Pombo (S.D. Castroverde), M. Polín, Julián, Santi, Álvaro, Carlos, J. Manuel. Faltan: Josito e Noel (porteiros), Rubén.

3 de marzo de 2012

Accidente na LU-530 a altura de Gondar...


A Garda Civil interveu nun accidente na carretera LU-530, de Lugo á Fonsagrada, á altura de Gondar, preto de Castroverde. O incidente produciuse sobre as 17.00 horas cando un turismo -un Seat León de matrícula 8296 FHK- que circulaba cara á Fonsagrada saíuse da vía e, tras chocar contra unha tajea, envorcou sobre a calzada. Conducía o vehículo C.P.R, de 24 anos e veciño de Lugo, que resultou ferido leve, e ía como acompañante J.L.G., de 61 anos e de Baleira, que resultou ferido grave. 


2 de marzo de 2012

O corrector de "Cifras e Letras" da CRTVG visita o C.P.I de Castroverde...

   O vindeiro venres 2 de Marzo, visítanos o colaborador nas correcións e suxerencias matemáticas de "Cifras e Letras" da CRTVG, o físico Jorge Mira (profesor da USC). Dará unha conferencia no C.P.I de Castroverde comenzando as 13:25 ata ás 14:45h. En dita conferencia falaranos un pouco do seu libro publicado en 2010 "A ciencia no punto de mira".

      Jorge é licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, obtendo un Premio Extraordinario, ademais é catedrático de electromagnetismo en dita facultade. En televisión colaborou e colabora en diversos programas, onde o máis coñecido é "Cifras e Letras" da Televisión de Galicia.

1 de marzo de 2012

Estadísticas do Camiño Primitivo dende 2004-2011...

    O Camiño Primitivo está comprendido entre Oviedo e Palas de Rei, para posteriormente enlazar co Camiño Francés. Por Castroverde, que dista a 124 km de Santiago de Compostela, pasan case todos os días peregrinos, e a cifra está en aumento, xa que no ano 2005 a media de peregrinos o día foi de 3, no ano pasado 2011, esta media era de 15 peregrinos por día...Cabe destacar que o noso camiño cada vez é recorrido por un número maior de persoas. Aquí unha imaxe con diversas gráficas: