A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou hoxe que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia comezará a funcionar en Lugo o próximo 5 de novembro.
Así llo comunicou por carta o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, aos alcaldes dos municipios incluídos na área metropolitana da cidade
Distintas zonas do bus metropolitano. |
Nun comunicado, a Consellería informou de que a área de Lugo será a primeira de Galicia na que se implantará o transporte metropolitano sen contar con ningún servizo similar previamente, como sucedía nas zonas de Ferrol, A Coruña ou Santiago.
O transporte metropolitano dará servizo a unha zona na que viven 124.000 persoas e a previsión da Xunta de Galicia é que o número de usuarios do transporte público pase de 2,4 a 3,7 millóns de viaxeiros en 2015, o que suporía, na práctica, que uns 500 vehículos menos circularían ao día pola cidade de Lugo e a súa contorna.
Ademais, sempre segundo as previsións da Xunta, cada viaxeiro aforrarase unha media de ata 850 euros ao ano coa implantación deste novo sistema de transporte entre os municipios de Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.
A viaxe Castroverde - Lugo e viceversa, estará entre 0,67€ - 1,45€ dependendo de si se ten tarxeta ou non. Actualmente a viaxe coa empresa correspondente (HER-VEI) costa sobre 2,30€.
No hay comentarios:
Publicar un comentario