16 de septiembre de 2012

Mañá ábrese o Albergue de Castroverde...

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo abrirá este luns un novo albergue para peregrinos no Camiño Primitivo, máis concretamente en Castroverde.

Segundo explicou esta entidade, o novo albergue público conta con 34 prazas, 2 delas nun dormitorio adaptado para persoas con mobilidade reducida. Albergues máis próximos a esta nova instalación son os do Cádavo, en Baleira, e o de Lugo.
Albergue de Peregrinos de Castroverde.
O albergue foi proxectado en xaneiro de 2009 polo arquitecto Jesús Bouza Fernández. O tamén arquitecto José Ignacio Vila ocupouse da dirección facultativa e o arquitecto técnico Javier Gómez Crespo estivo a cargo da dirección executiva das obras, que comezaron o 10 de novembro de 2011.
Un edifico elevado para evitar a humidade 

O edificio ten unha superficie de 490 metros cadrados e atópase nun solar na entrada a Castroverde dende O Cádavo, con fronte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan nacemento ao Rego de Tarrío que debuxando unha especie de meandro bordea o solar polo Leste. Precisamente para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. Tras ese inicio, o edificio pretende lixeireza, destacando no uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen importantes voadizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo. A implantación repite unha transición gradual: apertura cara o rego natural e rotundidade cara unha servidume de paso que o separa doutras propiedades pechadas con bloques.
Peregrinos en 2011
Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, un total de 5.544 peregrinos recolleron a súa compostela en Santiago tras percorrer o Camiño Primitivo. Dita cifra estase superando ano tras ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario