Mostrando entradas con la etiqueta Antón López Rivas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antón López Rivas. Mostrar todas las entradas

20 de marzo de 2012

Castroverdenses Ilustres (I) : Antón López Rivas...

   Antón López Rivas, máis coñecido como o Mago Antón veu a este mundo en marzo do 1956, el é de Castroverde, concretamente da parroquia da Meda. Pasou a súa infancia e a súa adolescencia en Lugo, onde comezou coa maxia, posteriormente vaise a Santiago de Compostela para empezar a estudar Psicoloxía. En 1977 deixa a carreira para centrarse profesionalmente no mundo da maxia. No 1979 recibe especial mención polos Premios da Crítica de Galicia polo seu personaxe "Facundo".

    Será a partir de agora cando dea comezo a realización dunha morea de actuacións por Galicia, Madrid, Cataluña, País Vasco, Portugal, Bélxica, Holanda...Ademais tamén é participante de importantes congresos internacionais de maxia. Polos anos 80' Antón produce grandes espectáculos ao aire libre, onde o máis importante é "Merlín e Familia". Crea Produccións Máxicas e con dita obra fai unha xira por toda Galicia, cunha carpa con capacidade para 1.500 espectadores, ata é grabado pola Televisión de Galicia. En 1989 é nombrado "Lucense do Ano". No ano 1990 cóntanos na biografía da súa web, que estivo a pique de morrer afogado nun acuario de 1000 litros cando recreaba un dos máis espectaculares xogos do escapismo que fixeran famoso ó gran Houdini. "Sacáronme daquela maneira ós 3 minutos e 35 segundos". 

    En 1993 co novo espectáculo multimedia, "Vía Láctea", versa unha historia do Camiño que sorprendeu a máis de 50.000 persoas (Carpa de 2.000 metros cadrados).  Posteriormente, en 1995 a través de "Insólito por Antonomaxia" da voltas por Galicia no "magomobil", con capacidade para 70 espectadores. Máis tarde, polo ano 1998 entra temporalmente no mundo da música clásica e traballa xunto coa Orquesta Sinfónica de Galicia o espectáculo "En Clave de Maxia". Novamente en 2001 creo "2001 ilusións" e fai unha nova xira por Galicia. Máis recentemente tamén creou novas obras, e recibiu aínda máis premios.

   Sen lugar a dudas o Mago Antón trátase dun dos magos máis recoñecidos en toda Galicia, con infinidade de actuacións, e nalgunha delas con moito público. En Castroverde, recordamos a súa última visita o 1 de Febreiro de 2008 no C.P.I de Castroverde, a cal foi todo un orgullo para nós, e como non agradecer os "Amigos do Patrimonio de Castroverde" por todo o traballo que fan día a día polo noso concello.
 Polo demais, felicitar a Antón polo seu traballo e polos seus grandes éxitos xa acadados, e esperamos que lle siga a sí de ben.

En Castroverde sempre será benvido.
Unha aperta amigo!