Mostrando entradas con la etiqueta Baldomero Pestana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Baldomero Pestana. Mostrar todas las entradas

15 de mayo de 2012

Baldomero Pestana, xa é fillo predilecto...


Os veciños de Castroverde vestíronse de gala para honrar a un dos seus veciños máis ilustres, o fotógrafo e pintor Baldomero Pestana, que foi nomeado fillo predilecto do municipio, en recoñecemento a toda unha traxectoria artística, da que o académico e escritor Darío Xohán Cabana dixo que «ten unha dimensión planetaria».

Baldomero Pestana naceu en Castroverde en 1918, na parroquia de Santa Magdalena de Pena, e catro anos máis tarde emigrou coa súa familia a Buenos Aires, onde se iniciou o seu interese pola fotografía, para trasladarse máis tarde, xa casado a Perú, onde chegou en 1958. Traballou como fotógrafo de prensa, publicando en revistas como "Times" ou "Life", pero tamén cultivou a fotografía artística, na que destacou polos seus retratos e polo seu contido social. Fotografou a escritores como Neruda ou Garcia Márquez, entre moitos outros intelecturales da época. En 1967, trasládase coa súa esposa a París, onde comezará a profundar no debuxo e a pintura, alcanzando o éxito con relativa rapidez. A súa obra, tanto fotográfica como pictórica, foi exposta no medio mundo, desde os Estados Unidos a Corea do Sur, e desde Francia ou Bélxica até Lugo, en cuxo Museo Provincial mostrou unha importante parte da súa obra no 2008.

Se queredes ver un vídeo de como foron as palabras de Baldomero Pestana
click aquí.

7 de mayo de 2012

Baldomero Pestana, título de fillo predilecto...

Dita ceremonia terá lugar o vindeiro Sábado 12 de Maio de 2012 ás 13:00 horas no Salon de Actos de Plenos do Concello de Castroverde. O finalizar o acto teremos unha pequena degustación dun viño galego no Restaurante Pereira III. O Concello convídavos a que asistades agradecendo a vosa asistencia. 

Por motivos organizativos, prégase confirme a sua asistencia a través:
Teléfono: (982)-31 21 87
Fax: (982)-31 30 11
Móbil: (639)-93 90 67
Email: doris.lopez.castroverde@eidolocal.es



4 de abril de 2012

Baldomero Pestana, Fillo Predilecto de Castroverde...


O prestixioso fotógrafo Baldomero Pestana nado no ano 1918 en Pena (Castroverde), retratista de personalidades como os escritores Gabriel García Márquez e Pablo Neruda ou o director de cinema Roman Polanski, recibirá en datas próximas o título de fillo predilecto de Castroverde.

Pestana, que actualmente reside no lugar de Bascuas tras unha traxectoria profesional que o levou a traballar e expor en decenas de países, recibirá esa distinción grazas a unha iniciativa conxunta de todos os grupos presentes na corporación -PSOE, PP e BNG-, aprobada por unanimidade no último pleno.

Fonte: "El Progreso".

Parece que o diario "El Progreso" non lle gusta moito esto de coller prestada as súas noticias, xa que agora nas novas de Castroverde, aparece un cadriño abaixo "Consiga Aquí la información completa"...pero bueno cousas que pasan.