Mostrando entradas con la etiqueta Garda Civil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Garda Civil. Mostrar todas las entradas

3 de abril de 2013

Detido un octoxenario en Castroverde por ameazar a un veciño cun arma de fogo

Fonte: 03/04/2013 - elprogreso.es (Lugo)

Un veciño de Castroverde, de 85 anos de idade, foi detido pola Garda Civil como suposto autor dun delito de ameazas con arma de fogo.
Os feitos, segundo informou este mércores o instituto armado, ocorren na zona de Outeiro, en Monte. Ao parecer, debido a unhas desavinzas polos lindes dunhas leiras, o agora detido ameazou cunha arma curta a un veciño. O home xa foi posto a disposición xudicial.

2 de marzo de 2013

Detido en Lugo un mozo de 17 anos por abusar dunha moza de 15

Un mozo de 17 anos foi detido pola Garda Civil do municipio lucense de Castroverde, imputado por un delito de abusos sexuais. A vítima foi unha moza, tamén menor de idade, concretamente de 15 anos. O raparigo foi posto en liberdade despois de prestar declaración.

Aínda que a detención foi practicada nas últimas horas, os feitos remóntanse a hai algunhas semanas, segundo indicaron fontes da investigación.
Ao parecer, os supostos abusos sexuais chegaron a ser presenciados por algúns maiores que se atopaban preto dos dous protagonistas do feito, pero non lles concederon importancia. Inicialmente, tampouco a vítima deulle maior transcendencias. Os feitos, con todo fixéronse públicos, motivo polo cal interveu a Garda Civil, que estimou que o ocorrido, basicamente tocamentos que supostamente non foron consentidos pola menor, podería ser constitutivo dun delito.

"La Voz de Galicia"