Mostrando entradas con la etiqueta S.D. Castroverde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta S.D. Castroverde. Mostrar todas las entradas

19 de octubre de 2011

Os equipos do Concello...Resultados da Fin de Semana


4
BROLLÓN
1
CASTROVERDE
Brollón: Toni, Picos, Dani Ribera, Carlos, Diego, Diego Cid, Durán, Fran, Sarabia, Iván Cid y Hugo Sánchez. También jugaron Suso, Cordas, Dani Melo y Óscar Casanova.
Castroverde: Marcos, Quintás, Bruno, Pombo, Juan, Manu, Albino, Iago, Toño, Gelo, Richard. También jugaron Antonio, Cacho y Adrián.
Goles: 0-1: Ríchard. 1-1: Hugo Sánchez. 2-1: Durán. 3-1: Durán. 4-1: Iván Cid, de penalti.
Árbitro: Saúl López Parga (Monforte).
Incidencias: Partido celebrado no campo de Vos Medos, que rexistrou unha boa presenza de afeccionados.
O Brollón goleou ao Castroverde, aínda que foi o cadro visitante adiantouse no minuto 5. Os locais reaccionaron moi ben e obtiveron pronto a recompensa co empate e tres goles máis.
Dani Ribeira, Durán e Iván Cid (Brollón) e Ríchard, Toño e Marcos (Castroverde) foron os mellores.
________________________________________________
2
CASTROVERDE
4
JOGAFRÁN ORDES
Castroverde: Javier, Óscar, Solla, Lino, Paulo -quinteto inicial-, Kani, Manolo, Pablo, Pedro, Manel y Borja.
Jografán Ordes: Antonio, Jorge, Daniel, Manuel, Samuel -quinteto inicial-, Ángel, Iago, Andrés, Marcos y Rodrigo.
Goles: Andrés (2), Samuel e Solla (p.p) marcaron para o Ordes; e Paulo e Kani fixérono para o Castroverde.
Árbitros: Antonio Neto e Nonito Bermúdez (Delegación de Lugo).
Incidencias: Encontro disputado no Pavillón Municipal da Ferrería. 80 espectadores.
O Castroverde pagou o seu mal inicio de partido e sucumbiu ante o Ordes por 2-4.
Os primeiros minutos foron de clara cor visitante. O Ordes conseguiu unha cómoda renda (0-2) ante un Castroverde inoperante tanto en ataque como en defensa.
Co paso dos minutos, o cadro lucense mellorou a súa imaxe. Os lucenses empezaron a crear ocasións e recortaron as diferenzas ao bordo do descanso (1-2).
Nada máis comezar a segunda metade, o Castroverde igualaba a contenda (2-2). Tras o gol, os xogadores lucenses diluíronse e o Ordes aproveitou a circunstancia para pór terra polo medio (2-4).
 A falta de 7 minutos para a conclusión, o Castroverde buscou o empate co cinco para catro. O cadro lucense topouse cunha perfecta maraña defensiva e non foi capaz de perforar a meta de Antonio.
_________________________________________________
Para máis información:

15 de septiembre de 2011

Fin de Semana...


Durante a seguinte fin de semana, teremos os seguintes acontecementos:

- RALI DE MELIDE 2011 [16 e 17 de Setembro]:

Durante estes días, o noso piloto autóctono Francisco López Rivas, intentará quedar entre os mellores nesta nova edición, desexamos sorte para el. Vamos Francisco!


- PRESENTACIÓN DOS 2 EQUIPOS DO CASTROVERDE F.S. [16 de Setembro]:

O vindeiro Venres, a partir das 21:00h terá lugar no Pavillón "A Ferrería" de Castroverde, a presentación do equipo xuvenil e tamén do equipo senior, para finalizar cun partido fronte ao Jim Sport Melide.

- FESTAS EN ESPASANDE [16, 17 e 18 de Setembro]

- FESTAS EN MONTECUBEIRO [16 e 17 de Setembro]:

Durante os días 16 e 17 de Setembro, celébranse as festas na parroquia de Montecubeiro, as cales presentan o seguinte programa:
Venres, 16 de Setembro:
(13:30) Misa Solemne.

(14:00) Sesión Vermú amenizada polo TRÍO PASIÓN.

(22:30) Verbena ao cargo do TRÍO PASIÓN e a ORQUESTA GRAN PARADA.


Sábado, 17 de Setembro:
(13:30) Misa Solemne.

(14:00) Sesión Vermú coa ORQUESTA VERSALLES.


(22:30) Verbena a cargo do DÚO LA HORA BRUJA e a ORQUESTA VERSALLES

(02:00) Sorteo de 1000€, ata que se coñeza o gañador.


- 2ª XORNADA, S.D. CASTROVERDE - C.F. FRIOL [18 de Setembro]:
Durante o Domingo, a S.D. Castroverde tratará de conseguir a 1ª Victoria da Tempada, no Campo da "Veiga do Olmo" ás 17:00h fronte ao C.F. Friol.

3 de junio de 2011

Castroverde puido ser Allariz...

Texto sobre un pouco do que é Castroverde e do que puido selo...publicado en Xornal por Millán Fernández:

Aquí un anaco:
O xornalista e escritor Santiago Jaureguízar dicía en 1994, nas liñas de El Progreso: “Lo más característico de Castroverde va cediendo a la ley de la gravedad. ¿Cuál es la solución? Tal vez dar el do de pecho”. Non lembro o contido exacto do artigo pero estas verbas resignadas poderían recuperarse literalmente contemplando calquera das posibilidades ás que aludía, nun dos concellos mais ricos e fermosos da zona de transición entre a Terra Chá e a Montaña lucense. Non podo saber se o autor falaba da dolosa e dolorosamente abandonada Torre da Homenaxe da súa fortaleza medieval (símbolo total do concello sobre a cal escribiu Benito Vicetto no S.XIX) ou á súa xente, ou ao seu particular panorama político.
Castroverde resiste estoicamente o transcorrer implacable dos anos, como a maioría do rural do país. Semella que nada se move. Non é amigo de cambios bruscos.
A pequena algarabía prodúcese polas mañás no núcleo da vila, ou as fins de semana cada 15 días cando hai feira local e as “pulpeiras” non dan abasto. A vida camiña “amodiño, centro urbán”. Algún movemento os domingos se xoga a esedé (SD Castroverde), na segunda autonómica, ou se hai algunha actividade no Pavillón Municipal. Pode que en calquera evento excepcional que rache coa monotonía.
A capital da provincia está a dez minutos pola estrada que parte en dous o seu corazón e que vai de Lugo á Fonsagrada. Está ben comunicado. A Mariña e A Coruña a tres cuarto de hora.
O nome da arteria principal é a Rúa Rosalía de Castro, antes do Xeneralísimo. Tamén atravesa o Camiño Primitivo que, seguindo as estrelas, chega a Compostela. Os peregrinos non tiñan onde hospedarse pero semella que nun futuro poderán facelo.
O volume de poboación diminúe incesantemente. A media de idade ronda os 52. Pode tamén que, nun futuro, a xente maior dispoña dun Centro de Día. Como mostra, un botón: en 1940 había censados 9.017 habitantes, 550 na capitalidade. No 2006 eran 3.187 e 412, respectivamente. Hoxe a cifra é menor, e continúa á baixa. Mais mortes que nacementos. Mais emigrantes que inmigrantes. Leva sendo así décadas pois é terra que escoita contos moi reais da diáspora.
A economía local xira arredor dos afanosos sectores agrogandeiro, forestal e de servizos. Hai bos sitios para comer. Noutros tempos houbo fulgor de zoqueiros, tecedoras, segadores, muiñeiros, ferreiros, canteiros...
O colexio, que goza dunhas boas instalacións, dálle vida, pero o número de cativos que ingresa nel descende cada setembro. O Centro Médico tamén é fonte de rebumbio xa que se achegan de todo o municipio e aproveitan para facer encargos ou tomarlle algo. E as fontes de auga cristalina e reparadora espállanse polas parroquias onde igrexas de estilo románico, pazos, cruceiros, petos de ánimas e restos megalíticos complementan unha paisaxe idílica e inzada de carrilleiras, prados e outeiros. O desemprego castiga, pero non se nota tanto. Os comerciantes e os labregos notan a crise menos que nas cidades.
Os invernos son duros coma croios...