Antón López Rivas, máis coñecido como o Mago Antón veu a este mundo en marzo do 1956, el é de Castroverde, concretamente da parroquia da Meda. Pasou a súa infancia e a súa adolescencia en Lugo, onde comezou coa maxia, posteriormente vaise a Santiago de Compostela para empezar a estudar Psicoloxía. En 1977 deixa a carreira para centrarse profesionalmente no mundo da maxia. No 1979 recibe especial mención polos Premios da Crítica de Galicia polo seu personaxe "Facundo".
En 1993 co novo espectáculo multimedia, "Vía Láctea", versa unha historia do Camiño que sorprendeu a máis de 50.000 persoas (Carpa de 2.000 metros cadrados). Posteriormente, en 1995 a través de "Insólito por Antonomaxia" da voltas por Galicia no "magomobil", con capacidade para 70 espectadores. Máis tarde, polo ano 1998 entra temporalmente no mundo da música clásica e traballa xunto coa Orquesta Sinfónica de Galicia o espectáculo "En Clave de Maxia". Novamente en 2001 creo "2001 ilusións" e fai unha nova xira por Galicia. Máis recentemente tamén creou novas obras, e recibiu aínda máis premios.
Polo demais, felicitar a Antón polo seu traballo e polos seus grandes éxitos xa acadados, e esperamos que lle siga a sí de ben.
En Castroverde sempre será benvido.
Unha aperta amigo!
En Castroverde sempre será benvido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario