Mostrando entradas con la etiqueta Deputación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deputación. Mostrar todas las entradas

16 de diciembre de 2012

A Deputación arranxará accesos para 100 hectáreas de pasteiros en Furís

Besteiro dialoga con Arias.
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, explicou onte en Castroverde que a institución provincial acondicionará os accesos a 100 hectáreas de pasteiros na parroquia de Furís, para favorecer o labor dos gandeiros que traballan nesta zona.

A Deputación desprazará proximamente ata Castroverde maquinaria do parque móbil para comezar as obras. O obxectivo é, segundo fontes da institución, «que por primeira vez os gandeiros da zona de Furís conten cuns accesos en perfectas condicións que lles permitan reducir custos de produción e rendibilizar mellor o seu traballo».
Furís é a parroquia de Castroverde con máis actividade gandeira. Ten unhas 30 explotacións con máis de 1.000 cabezas de gando. Os veciños decidiron xuntar leiras para as que necesitaban accesos e solicitar a axuda da Deputación para acondicionalos.

8 de agosto de 2012

Castroverde, aforra un 20% na factura eléctrica...


Logo de acadar un aforro anual de 123.000€ na factura eléctrica das dependencias da Deputación, o organismo provincial propúxose reducirlles tamén aos concellos o gasto en electricidade, realizándolles auditorías enerxéticas sen custo algún para as entidades locais. A esta iniciativa sumáronse 37 municipios, que elixiron o inmoble municipal onde, a maiores dos seus consistorios e alumeados públicos, desexaban que se levase a cabo dita auditoría.
Fixadas as dependencias municipais nas que se realizaría o estudo, e analizadas as facturas enerxéticas dos concellos co fin de avaliar os seus gastos e estudar posibles reformas que supuxesen aforros, o pasado mes de xuño, os técnicos da Axencia Provincial da Enerxía empezaron a realizar as auditorías nos concellos de Castroverde, O Incio e Pol, nos que os primeiros resultados revelan un aforro de 92.300€, segundo avanzou o deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño.
Castroverde
Neste concello, as auditorías feitas no consistorio, no alumeado e no pavillón revelan que tanto as instalacións de iluminación como as de calefacción contan con novos compoñentes, polo que non se tivo que realizar ningunha reforma. Neste caso a redución da factura eléctrica deste municipio en 2012 será dun 20%, pero tamén se están a realizar estudos para reducir a factura de gas.
La Voz de Galicia

19 de julio de 2012

A Deputación pide os permisos para iniciar as obras de 5 residencias...


A Deputación de Lugo acaba de solicitar á Xunta os permisos necesarios para iniciar as obras de construción de cinco residencias de maiores con centros de día noutros tantos concellos: Castroverde, Pedrafita, Pol, Ribas de Sil e Trabada. O goberno provincial busca así retomar o seu proxecto de creación dunha rede de residencias tras os intentos de boicot «» do Goberno galego, ao que lle pide a «máxima celeridade» para expedir a súa autorización.
O responsable provincial de cooperación cos concellos, Juan José Díaz Valiño, aprecia ese intento de boicot na negativa da Xunta a que a Sociedade Urbanística Provincial acometese o proxecto, ao non estar inscrita no Rexistro Oficial de Servizos Sociais. Tras criticar que o goberno provincial tivese que decatarse «polos medios de comunicación» dese rexeitamento, Valiño aduce que Suplusa é un ente dependente da Deputación, que forma parte dese rexistro, polo que entende que a negativa obedeceu a cuestións «ideolóxicas e electorais».
130 prazas en xeriátricos e outras 75 en centros de día. Díaz Valiño cifra en 130 as prazas que ofertarán os cinco xeriátricos -26 por residencia- para cuxa construción se acaba de pedir autorización á Xunta. Ademais, estas instalacións ofrecerán un total de 75 prazas en centros de día, 15 en cada inmoble.

16 de marzo de 2012

Nova liña de cooperación entre os concellos...

  Neste pequeno vídeo vemos o noso contable e máis o noso alcalde explicando un pouco a nova liña de cooperación entre os concellos (4:12-6:08):