Mostrando entradas con la etiqueta Zucurrundullo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Zucurrundullo. Mostrar todas las entradas

17 de agosto de 2012

VII Feira Artesán de Castroverde...

O vindeiro Domingo 19 de Agosto, a vila de Castroverde (Lugo) estará repleta de numerosos artesáns que ocuparán completamente o recinto feiral. Será a séptima edición, que cada ano atrae a centos de persoas e pouco a pouco vaise afianzando na provincia lucense. Este ano contará co seguinte programa:

(10:00) Apertura da Feira para todo o Público.

(11:00) Obradoiros artesanais de alfareiría, cesteiría e instrumentos musicais no recinto feiral.

(12:00) Recepción de autoridades e inauguración da Feira. Actuación do Grupo Musical "Zucurrundullo" (Percorrido o recinto feiral).

(13:00) Degustación gastronómica a base de conservas artesanais convidad por "Conservas Tradicionais Currican" de Burela que será acompañada cunha cata de viño ecolóxico da Ribeira Sacra a cargo de "Adegas Bali".

(13:30) Desfile de pinturas corporais: os deseños elaboraranse de xeito artesanal e dedicados a natureza. María Nogueira.

(14:00) Pregón a cargo da Deputada Provincial Delegada da Área de Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo. Dna. Regina Polín Rodríguez.

(14:20) Actuación da Banda de Gaitas local "Zucurrundullo".

(14:30) Xantar típico galego.

(17:00) Ludoteca itinerante para cativos e maiores a cargo de Chrystian Magic e taller de pinturas faciais para nenos e nenas dirixido por María Nogueira. Recinto das Piscinas Municipais. Degustación gastronómica a base de xeados artesanais ecolóxicos a cargo de "Helados Gael/Eco" no recinto feiral.

(19:15) Actuación de maxia: "A casiña da maxia na rúa" a cargo de Chrystian Magic. Recinto das Piscinas Municipais.

(21:00) Demostración de baile latino.

(21:45) Proxección da película "Vilamor" a cargo da Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde no salón de actos da Casa do Concello.

_________________________________________________________________


Ademais durante todo o día poderase disfrutar:

- Concentración de coches e motos clásicas, no recinto feiral de 12:00 - 17:00 h, seguidamente farase un percorrido pola vila de Castroverde, ademáis visitarán o Castelo e a Igrexa de Vilabade.

- Diferentes obradoiros artesáns ós que poderás acceder a calquer hora do día no recinto feiral.




11 de febrero de 2012

Festa do Carnaval 2012 [Martes 21 de Febreiro]...

 O vindeiro martes 21 de febreiro, con motivo de carnavais, teremos numerosas actividades na nosa vila, onde destacamos o concurso de disfraces cuns premios moi apeticibles:
* (Recorrido polas rúas de Castroverde ata o Pavillón Municipal "A Ferrería") Animación a cargo da Bando Musical "Zucurrundullo", "Bob Esponja", Zancudos, Pallasos...

* Pasarúas con saída da Praza do Concello ás 17:00h.

* Desfile e concurso de disfraces no Pavillón Municipal.

* Teremos tamén xogos, globoflexia, chocolatada, espectáculo de maxia...

* Para os NENOS haberá PREMIOS SORPRESA para os mellores disfraces.

* Para os ADULTOS teremos os seguintes premios para os disfraces máis orixinais:
1º PREMIO: 350€
2º PREMIO: 250€
3º PREMIO: 150€
4º PREMIO: 100€
5º PREMIO: 50€
6º PREMIO: Regalo Sorpresa!

*Organiza: Concello de Castroverde.

10 de noviembre de 2011

Magosto 2011 [Sábado 12 de Novembro]...

O vindeiro Sábado 12 de Novembro a partir das 18:00h terá lugar o MAGOSTO 2011 na Praza do Concello de Castroverde, na que teremos Xogos Populares para os máis cativos, castañas asadas, viño e tamén como non a tradicional queimada. Pero todo isto irá acompañado coa Actuación do Grupo Musical "Zucurrundullo". Un dato a ter en conta é que haberá carpa.

Organiza:
Concello de Castroverde.

Colaboran:
"O forno da Vella", "Espalladoira", "Xubilados e Pensionistas", "Zucurrundullo", e os "Amigos do Patrimonio".