Mostrando entradas con la etiqueta Amigos do Patrimonio de Castroverde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Amigos do Patrimonio de Castroverde. Mostrar todas las entradas

24 de febrero de 2013

Amigos do Patrimonio pide que se limpe un carreiro en Castroverde

A directiva de Amigos do Patrimonio de Castroverde reivindica a limpeza de refugallos dunha ruta polo municipio, entre as parroquias da Meda e Bolaño. Os responsables do colectivo realizaron esa demanda tras comprobar en días pasados, ao percorrer ese carreiro, que había residuos en lugares como As Lagas, a pesar de que socios de Amigos do Patrimonio e veciños da zona limparon hai anos a zona.

Desde o colectivo tamén se queixaron da proliferación de plásticos e outros residuos agrícolas incorrectamente almacenados.
Os socios que participaron nesta ruta partiron do alto do Cruceiro, onde se erixe unha cruz de base cadrada, cunha inscrición do século XVIII. A continuación fixeron parada en lugares como a capela de Santa María, en Vilafrío, onde houbo un mosteiro, e unha fonte próxima, agora abandonada, polo que reclamaron a súa restauración.
Fonte: "El Progreso"