8 de febrero de 2013

Detido un castroverdense por ameazar ao seu fillo con dispararlle

Un veciño de Castroverde foi detido e posto a disposición xudicial pola Garda Civil despois de que o seu fillo o denunciase por ameazarlle con pegarlle un tiro, durante unha discusión no domicilio familiar por unha débeda de 160€. O home foi finalmente posto en liberdade con cargos polo xulgado de instrución número 3, aínda que antes tivo que pasar toda a noite nos calabozos do cuartel de Castroverde.

Segundo puido saber este diario, a discusión entre ambos deriva dunha denuncia previa polo roubo do teléfono móbil do pai. Este denunciou no seu día que llo roubaron na casa e o seu seguro do fogar fíxose cargo do mesmo. Ingresoulle os 600€ nos que estaba valorado o terminal nunha conta que, ao parecer, compartía co seu fillo, pero como este tiña unha débeda co banco de 160€, a entidade retívolle esa cantidade, polo que non puido reintegrarlle os 600€ ao completo ao seu pai.
Fonte: "El Progreso"

No hay comentarios:

Publicar un comentario