30 de octubre de 2012

Arias ve ''mala fe'' do PP nas súas críticas á oposición anulada

Arias, alcalde de Castroverde.
O alcalde de Castroverde, o socialista Xosé María Arias, acusa o grupo municipal do PP de actuar «de mala fe» nas súas críticas á oposición municipal para cubrir a unha praza de subalterno, anulada recentemente e que no seu día suscitou polémica ao ver os populares e algúns aspirantes un suposto trato de favor a unha concelleira socialista .
O rexedor móstrase especialmente molesto coa portavoz popular, María Gómez Pallín, por «insinuar» que o Concello anula agora ese concurso coa intención de «buscarlle unha nova oportunidade» a esa concelleira ao abrir un novo proceso.
Nese sentido, Arias aclarou que esa edila «xa presentou a súa renuncia ao proceso nun escrito presentado ante o Concello a semana pasada», polo que afeou á dirixente popular que siga «danando» a reputación de Castroverde con acusacións que ve infundadas.
"El Progreso"

25 de octubre de 2012

O Bus na área metropolitana custará entre 0,67€ - 2,05€

O director xeral de Mobilidade da Xunta, Miguel Rodríguez Bugarín, pechou onte cos alcaldes e coas empresas o plan de transporte metropolitano de Lugo, que empezará a funcionar o 5 de novembro en oito concellos coas mesmas liñas que existían ata agora pero con novas tarifas. O billete máis barato custará 79 céntimos e o máis caro, 2,05 euros.

Rodríguez Bugarín mostrando a Tarxeta Metropolitana. | Foto: Xesús Ponte
A Xunta dividiu o territorio en cinco áreas: L-Lugo 0, que comprende o municipio de Lugo; L-Lug1 (Friol, Outerio de Rei e Rábade); L-Lug2 (Guntín); L-Lug3 (O Corgo e Castroverde) e L-Tch1 (Castro de Rei). Se se viaxa dentro dunha mesma área ou se salta a unha segunda, o billete co cartón metropolitano custará 79 céntimos os 40 primeiras viaxes e 67 céntimos, os seguintes. Se se fan dous saltos de área, os prezos soben a 1,21 euros (ata 40 viaxes) e 1,03, a partir do número 41. Para beneficiarse destes prezos, o transbordo dunha liña a outra debe facerse no prazo dunha hora se se fai dentro dunha mesma área ou se pasa a unha segunda e de 75 minutos se se fan dous saltos de área

"El Progreso"

17 de octubre de 2012

O bus metropolitano chegará por fin o 5 de Novembro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou hoxe que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia comezará a funcionar en Lugo o próximo 5 de novembro.

Así llo comunicou por carta o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, aos alcaldes dos municipios incluídos na área metropolitana da cidade

Distintas zonas do bus metropolitano.


Nun comunicado, a Consellería informou de que a área de Lugo será a primeira de Galicia na que se implantará o transporte metropolitano sen contar con ningún servizo similar previamente, como sucedía nas zonas de Ferrol, A Coruña ou Santiago.


O transporte metropolitano dará servizo a unha zona na que viven 124.000 persoas e a previsión da Xunta de Galicia é que o número de usuarios do transporte público pase de 2,4 a 3,7 millóns de viaxeiros en 2015, o que suporía, na práctica, que uns 500 vehículos menos circularían ao día pola cidade de Lugo e a súa contorna.



Ademais, sempre segundo as previsións da Xunta, cada viaxeiro aforrarase unha media de ata 850 euros ao ano coa implantación deste novo sistema de transporte entre os municipios de Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

A viaxe Castroverde - Lugo e viceversa, estará entre 0,67€ - 1,45€ dependendo de si se ten tarxeta ou non. Actualmente a viaxe coa empresa correspondente (HER-VEI) costa sobre 2,30€.

10 de octubre de 2012

Denuncian falta de pagamentos dunha firma de axuda a domicilio en Castroverde

As empregadas en Castroverde da firma Galicia Saudade Xentes, adxudicataria do servizo de axuda a domicilio a dependentes no municipio, denuncian que levan dous meses sen cobrar e solicitan ao Concello que medie coa empresa porque din que se non se verán obrigadas a deixar aos usuarios sen servizo por non poder pagar os desprazamentos.

O persoal no concello desta firma con sede en Ponteareas fórmano dez mulleres que traballaban para a anterior concesionaria do servizo e que desde o 1 de marzo fano para Galicia Saudade. Desde entón, din que sempre cobraron tarde e que os seus salarios son inferiores aos prometidos, pero que agora a situación é insostible ao levar dous meses sen cobrar. Por iso, anuncian mobilizacións se non se resolve este conflito.
"El Progreso"

4 de octubre de 2012

A Protectora crea unha base de datos dos cans de Paderne para dalos en adopción

O presidente da Sociedade Protectora de Animais de Lugo, Javier García Calleja, explicou que esta entidade está a crear "unha base de datos" e "identificando" aos cans abandonados en Castroverde, un total de 31, para despois poder ofrecelos en adopción.
Parte dos cans en Paderne. | Foto: Sebas Senande
O dono, que se atopa imputado, dispuña dos canes nunha leira que coidaba na parroquia de Paderne, ata que fai un par de semanas os cans saían dos lindes da parcela e con aspecto desnutrido chegaron a deambular polo municipio.
Os animais están agora sendo revisados por dúas veterinarias, colaboradoras da sociedade, e a partir de aí, subliña Calleja, "créase unha base de datos correspondente a cada un deles para saber a súa idade e comportamento".
Unha vez concluído o traballo, que confía que sexa esta mesma semana, poderíase valorar a adopción dos canes, dos cales destaca que non son agresivos agás "catro ou cinco".
"Europa Press"

29 de septiembre de 2012

O Concello de Castroverde custeará o tratamento dos cans de Paderne

O Concello de Castroverde sufragará o custo do tratamento sanitario da trintena de cans abandonados en Paderne .
Un veterinario fotografiando os cans. | Foto: Xesús Ponte
Esta intervención levaraa a cabo a Sociedade Protectora de Animais de Lugo, que nos últimos días elaborou un orzamento para determinar o prezo aproximado das actuacións sanitarias, que fixou nuns 1.500€. «Presentámoslle ao alcalde de Castroverde unha estimación do que custarían as actuacións de saneamento e determinou que o Concello abonaría o importe», comentou Javier García Calleja, presidente da Protectora.
O alcalde, Xosé María Arias, confirmou onte esta decisión tras desprazarse á leira na que se atopa a jauría para comprobar o estado dos cans. «O Concello ten que responsabilizarse dos cans porque así o determina un auto xudicial, por iso decidimos custear o saneamento», comentou Arias, e engadiu que «despois xa veremos a quen lle pasamos a factura, porque parece que os gobernos locais temos que cargar con todo e as cousas non son así».
"El Progreso"

28 de septiembre de 2012

Detidos dous mozos por colocar billetes falsos de 50 euros en Castroverde

Dous mozos de 32 anos de idade, que son veciños da capital lucense, foron detidos por axentes da Garda Civil acusados de senllos delitos de falsificación de moeda e estafa porque presuntamente colocaron en varios establecementos billetes de 50 euros, que non eran de curso legal.
Un dos billetes falsos. | Foto: Abelardo
Os feitos descóbrense por mor de que estes mozos realizasen consumicións nas últimas semanas en establecementos de hostalería e compras en comercios das localidades de Friol, Castroverde e Baamonde. O valor do que tomaban ou adquirían era escaso e sempre pagaban con billetes de 50 euros. Para que os donos non se decatasen intentaban distraerlles.
A voz de alarma deuna o pasado día 19 a dona dun supermercado de Castroverde, cando un dos mozos intentou pagarlle unha botella de viño que valía 1,30€ cun billete falso de 50€.
"El Progreso"

26 de septiembre de 2012

Escolas Deportivas 2012-2013

Cartel das Escolas Deportivas.
Multideporte (Baloncesto, atletismo e psicomotricidade)
Os martes e mércores; grupo de mañá: 14:15 a 15:00 horas, grupo de tarde: 16:15 a 17:15 horas.
Lugar: no Pavillón Polideportivo de Castroverde.
Impartido por LuZemcun C.B
Custe; 6 €/mes ou se se paga trimestralmente 15 €/trimestre.
Comenzamos o martes día 2 de Outubro.


Judo
Os martes e xoves de 16:15 a 17:15 horas.
Lugar: no Ximnasio do C.P.I de Castroverde.
Impartido por Gimnasio Senra.
Custe; 6 €/mes ou se se paga trimestralmente 15 €/trimestre.
Comenzamos o martes día 2 de Outubro.


Tenis de Mesa
Os luns e mércores de 16:15 a 17:15 horas.
Lugar: no Pavillón Polideportivo de Castroverde.
Impartido por Luzemcun C.B.
Comenzamos o día 1 de Outubro.


Natación
Os venres de 16:15 a17:00 horas.
O autobús recollerá ós nenos á saída do colexio ás 15:30 horas.
Custe 25 € mes.
O custe do mes de outubro serán 12 € por ser só medio mes de actividade
Impartido por Aqualife.
Mínimo 10 alumnos e un máximo de 35 alumnos.
Comenzamos o venres día 19 de Outubro.
 
 
ACTIVIDADES PARA ADULTOS

Ximnasia de Mantemento
Os luns martes e xoves
Grupo de mañá: 10:00 a 11:00 horas. No Pavillón Municipal A Ferreiría
Grupo de Tarde: de 20:00 a 21:00 horas. No Ximnasio do C.P.I de Castroverde
Custe: 18 €/mes
Impartido por LuZemcun C.B
Comezamos o día 1 de Outubro.

Natación
Os martes e xoves de 11:30 a 12:15 horas.
O autobús recollerá ós alumnos diante do Pavillón Municipal ás 10:45 horas.
Impartido por Aqualife.
Custe: 35 €/mes.

GRUPO MÍNIMO DE 20 ALUMNOS PARA LLEVAR A CABO A ACTIVIDADE E UN MÁXIMO DE 30 ALUMNOS.
Comezamos o día 2 de Outubro.

O INGRESO TANTO PARA AS ACTIVIDADES DOS NENOS COMO PARA A DOS ADULTOS REALIZARÁSE DENTRO DOS 5 PRIMEIROS DÍAS DE CADA MES. NO CASO DO PAGO TRIMESTRAL NOS 5 PRIMEIROS DÍAS DE CADA TRIMESTRE, EFECTURÁSE NO SEGUINTE NÚMERO DE CONTA: 2091-0112-30-3110000042

NO CONCEPTO DEBERÁ POÑER NOME E APELIDOS DO ALUMNO, O NOME DA ACTIVIDADE E O MES AO QUE CORRESPONDE O PAGO.

¡NOTA!: Para darse de baixa en algunha das actividades tanto de nenos como de adultos deberán pasar polo Concello e solicitala baixa dentro dos 5 primeiros días de cada mes ou trimestre.
 
AS ACTIVIDADES COMEZARÁN A PRINCIPIOS DE OUTUBRO E REMATARÁN A FINAIS DE XUÑO

24 de septiembre de 2012

Unha xuíza obriga a Castroverde a coidar 30 cans abandonados

O Concello de Castroverde deberá facerse cargo da manutención e o coidado dunha trintena de cans que apareceron abandonados nunha leira particular deste municipio lucense.
A xuíza Estela San José Asensio, titular do Xuzgado de Instrución número 3 de Lugo, que instrúe, entre outras causas, a operación Campión, remitiu un auto ao alcalde instándolle a asumir as competencias contempladas na lei galega de protección de animais, que obriga aos concellos a velar pola seguridade e o benestar dos animais abandonados ata que estes sexan reclamados, acollidos ou sacrificados. De non facelo, o concello podería ser sancionado.
Ademais, San José puxo en coñecemento da Consellería de Infraestruturas, Territorio e Medio Ambiente a situación de desamparo en que se atopan os cans, que vivían encerrados nunha explotación gandeira emprazada na parroquia de Paderne. E alí continúan. Deles, só tres están identificados mediante microchip.
Os animais son alimentados por algún veciño. | Foto: Pradero

A principios da semana pasada, axentes da Garda Civil detiveron a un extraballador da granxa como presunto autor dun delito de abandono de animais, aínda que o home quedou en liberdade tras prestar declaración. Desde entón, a dona do terreo, unha anciá que está impedida, tratou de ocuparse da alimentación dos cans coa axuda dalgún veciño. Pero a situación é límite e o futuro incerto. Nesa liña, a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo retirou catro exemplares que se escaparon do recinto para atopar comida e deambulaban pola vía pública. Outros tamén fuxiron, pero volveron.
O colectivo privado, que doou ao redor de 500 quilos de penso para alimentar aos cans, destaca que non ten competencias legais, autorización nin capacidade para solucionar unha situación desta natureza.
Falta de coordinación
«Hai unha descoordinación total. Neste caso, as que teñen que actuar son as Administracións, que son as que teñen as competencias. Pero todo o mundo se pasa a pelota e acaba na Protectora, que é unha entidade privada e con recursos moi limitados», destacou onte o presidente da sociedade lucense, Javier García Calleja.
Segundo distintas fontes, a competencia en materia de animais domésticos abandonados recae en primeira instancia nos concellos, que están capacitados para impor sancións leves. Cando o caso é máis grave, a Administración local debe informar á delegación provincial de Medio Ambiente, que tras estudar o expediente pode dar parte á Dirección Xeral de Conservación dá Natureza para que adopte outras medidas. Dada a magnitude do caso, o alcalde de Castroverde sinalou días atrás que a solución tería que vir da Xunta e do Seprona.
O futuro dos cans é incerto porque ninguén quere facerse cargo deles.
A Protectora de Animais de Lugo subliña que a competencia é da Administración.
"La Voz de Galicia"

20 de septiembre de 2012

Detido un home de 42 anos polo abandono dos seus cans en Paderne (Castroverde)

Axentes da Garda Civil deteñen ao propietario dos cans abandonados na parroquia de Paderne, en Castroverde. Trátase dun veciño de Lugo de 42 anos que está acusado dun delito de malos tratos ou abandono de animais domésticos.

Parte da xauría en Paderne. | Foto: Sebas Senande

O dono da xauría recoñeceu ser o propietario de 31 cans, dos cales só tres están en posesión de microchip identificativo e a maioría carece de cartillas sanitarias e censos. Ademais, asegurou que cada dous días leváballes un saco de penso e que ao seu modo de ver os animais non estaban delgados. Con todo, o Seprona confirmou que o estado sanitario dos canes é moi deficiente e que presentan unha extrema delgadez.
Os veciños de Paderne aseguran que o dono dos animais, que traballaba ata hai uns meses coidando a explotación dunha octoxenaria da localidade, deixou de alimentalos hai uns días.
El Progreso