15 de mayo de 2012

Baldomero Pestana, xa é fillo predilecto...


Os veciños de Castroverde vestíronse de gala para honrar a un dos seus veciños máis ilustres, o fotógrafo e pintor Baldomero Pestana, que foi nomeado fillo predilecto do municipio, en recoñecemento a toda unha traxectoria artística, da que o académico e escritor Darío Xohán Cabana dixo que «ten unha dimensión planetaria».

Baldomero Pestana naceu en Castroverde en 1918, na parroquia de Santa Magdalena de Pena, e catro anos máis tarde emigrou coa súa familia a Buenos Aires, onde se iniciou o seu interese pola fotografía, para trasladarse máis tarde, xa casado a Perú, onde chegou en 1958. Traballou como fotógrafo de prensa, publicando en revistas como "Times" ou "Life", pero tamén cultivou a fotografía artística, na que destacou polos seus retratos e polo seu contido social. Fotografou a escritores como Neruda ou Garcia Márquez, entre moitos outros intelecturales da época. En 1967, trasládase coa súa esposa a París, onde comezará a profundar no debuxo e a pintura, alcanzando o éxito con relativa rapidez. A súa obra, tanto fotográfica como pictórica, foi exposta no medio mundo, desde os Estados Unidos a Corea do Sur, e desde Francia ou Bélxica até Lugo, en cuxo Museo Provincial mostrou unha importante parte da súa obra no 2008.

Se queredes ver un vídeo de como foron as palabras de Baldomero Pestana
click aquí.

9 de mayo de 2012

Inauguración Servicios Fotográficos & Eventos [María Nogueira]...

Actos de inauguración dun novo establecemento en Castroverde, este venres 11 de Maio a partir das 20:30 horas na Plaza do Concello, coa presencia do escultor Paco Pestana.


7 de mayo de 2012

Baldomero Pestana, título de fillo predilecto...

Dita ceremonia terá lugar o vindeiro Sábado 12 de Maio de 2012 ás 13:00 horas no Salon de Actos de Plenos do Concello de Castroverde. O finalizar o acto teremos unha pequena degustación dun viño galego no Restaurante Pereira III. O Concello convídavos a que asistades agradecendo a vosa asistencia. 

Por motivos organizativos, prégase confirme a sua asistencia a través:
Teléfono: (982)-31 21 87
Fax: (982)-31 30 11
Móbil: (639)-93 90 67
Email: doris.lopez.castroverde@eidolocal.es



6 de mayo de 2012

Festa en Cobelas...

 O vindeiro Sábado 12 de Maio temos Festas en Cobelas (Castroverde),  na honra a Virxen do Rosario - San Miguel e San Antonio, co seguinte programa:

  (13.30) Misa Solemne.

  (14.00) Sesión Vermú.

 (23.00) Festa e Verbena coa Orquestra RITMO JOVEN e o GRUPO PENTAGRAMA.

24 de abril de 2012

XV Festa dos Avós...

O vindeiro Domingo 29 de Abril, celébrase en Castroverde a XV Homenaxe ós nosos avós.

(12:45) Recepción dos asistentes na praza do concello.

(13:00) Misa na Igrexa parroquial. Actuación de "A Coral no Camiño".

(14:00) Xantar no Pavillón "A Ferrería".

MÚSICA  E BAILE

Organiza: Concello de Castroverde


23 de abril de 2012

Festa en Rebordaos...


Os vindeiros días 27 e 28 de Abril, temos Festa en Rebordaos na honra a San Xurxo, co seguinte programa:


- Venres 27 de Abril:
 (23.00) Festa e Verbena coa Orquestra STEREO MUSIC SHOW e o DJ MARCOS MAGÁN.

- Sábado 28 de Abril:
 (13.30) Misa Solemne e Procesión.
 (14.00) Sesión Vermú a cargo da Orquestra TRÉBOL.
 (23.00) Festa e Verbena coas Orquestra TRÉBOL e ISLA.

Ademais SORTEO DE 1.000€, e como non CAMPO CON CARPA.

15 de abril de 2012

Festa en Santiago de Masoucos...


O vindeiro Sábado 21 de Abril teremos Festa en Santiago de Masoucos, na que poderemos disfrutar do seguinte:

(13:30) Misa Maior.

(14:00) Sesión Vermú a cargo da Orquestra CASABLANCA.

(23:00) Festa e Verbena a cargo da Orquestra CASABLANCA e o Dúo AMAZONAS.

13 de abril de 2012

Castroverdenses Ilustres (V): Ánxela Gracían...

  Outra das personaxes conocidas do noso concello é Ánxela Rodríguez Rodríguez, máis coñecida como Ánxela Gracián, nada en San Paio de Arcos (Castroverde) no ano 1968. Licenciouse en Filoloxía Hispánica durante os anos 1987-1992 na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente destaca no seu papel como escritora galega, pero ademais é editora, traductora, crítica literaria e animadora cultural.  Ánxela é autora de literatura xuvenil e infantil, traduce numerosas obrar infantís ao galego.

 Hoxe en día, ela é Vicepresidenta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix). Coordinando actividades e poñendo en marcha diversas iniciativas culturais de visibilización da literatura, como poden ser o Club de Lectura "Gálix tendendo Redes", que traza unha panorámica sobre a literatura xuvenil galega, líneas temáticas, autores...
  No 2009, partipa no "Primeiro Congreso de Literatura Xuvenil Latinoamericana e Galega", declarado de interés ministerial polo Ministerio de Educación da Nación Arxentina.

 En canto a súa obra, é numerosa, entre outras moitas temos:
- Cos petos cheos de cinza (Ed. Everest Galicia).
- As bolboretas Douradas (Ed. Sotelo Blanco).
- Chis chisgarabís (Ed. Tambre).
- A toupiña ceragata (Ed. Galaxia).
- As noites en que o vento asubía o teu nome (Ed. eDixital).
- Nun lugar chamado Labirinto (Ed. Vives, Tambre).
- Pinga de Choiva (Ed. Grupo Anaya Comercial), ilustrada polo profesor de Plástica do C.P.I de Castroverde, Daniel Díaz Trigo.

 Por outra banda, Ánxela dinos que para ela Castroverde é algo sentimental, que se sente emocionada coa súa paisaxe e moi orgullosa de nacer onde naceu. Pola contra este tema non lle ve unha vinculación especial na literatura. Dende Castroverde felicitamos todo o traballo desta escritora galega, e que siga conseguindo metas mellores ata as xa alcanzadas.

4 de abril de 2012

Baldomero Pestana, Fillo Predilecto de Castroverde...


O prestixioso fotógrafo Baldomero Pestana nado no ano 1918 en Pena (Castroverde), retratista de personalidades como os escritores Gabriel García Márquez e Pablo Neruda ou o director de cinema Roman Polanski, recibirá en datas próximas o título de fillo predilecto de Castroverde.

Pestana, que actualmente reside no lugar de Bascuas tras unha traxectoria profesional que o levou a traballar e expor en decenas de países, recibirá esa distinción grazas a unha iniciativa conxunta de todos os grupos presentes na corporación -PSOE, PP e BNG-, aprobada por unanimidade no último pleno.

Fonte: "El Progreso".

Parece que o diario "El Progreso" non lle gusta moito esto de coller prestada as súas noticias, xa que agora nas novas de Castroverde, aparece un cadriño abaixo "Consiga Aquí la información completa"...pero bueno cousas que pasan.

2 de abril de 2012

Festa en San Julián de Pereiramá...

 O vindeiro Domingo 8 de Abril temos Festa en San Julián de Pereiramá na honra a Virxen dos Ermitas:

(13:30) Misa Solemne e Procesión.

(14:00) Sesión Vermú amenizada pola Orquestra ISMAEL.

(23:30) Festa e Verbena coa Orquestra ISMAEL.