5 de marzo de 2012

Cursos de Pintura e Debuxo Artístico...

Nos próximos meses teremos no Centro Social de Castroverde Cursos de Pintura de Debuxo Artístico:
* Dirixido a persoas adultas e nen@s maiores de 11 anos.

* Sería todos os mércores no Centro Social en horario a elixir:
  - Grupo de Mañá: 11:00-13:00
  - Grupo de Tarde: 17:00-19:00
* Os gastos dos materiais correrán por conta do alumn@.

* Para poder impartir as clases necesítanse un mínimo de 5 persoas en cada grupo.

* DURACIÓN DO CURSO: 3 MESES.

* Inscrición: GRATUÍTA.

A PRESENTACIÓN SERÁ O PRÓXIMO MÉRCORES 14 DE MARZO NO CENTRO SOCIAL

Impartida por: Mª Ángeles Vázquez.

INSCRÍBETE NAS OFICINAS DO CONCELLO!

4 de marzo de 2012

O Castroverde F.S. Xuvenil proclámase Campeón da Liga Provincial...

  O pasado venres 2 de Marzo, o Castroverde F.S Xuvenil tiña un partido ás 21:00h en Outeiro de Rei no que xa podía conseguir definitivamente o título da provincial, so se necesitaba un punto, é dicir era válida a victoria pero tamén o empate. 
    
    O partido comezou con moita presión do equipo rival, pero o Castroverde pouco a pouco foise afianzado como dono do balón, pola contra o Outeiro esperaba no seu campo para ter oportunidades de contrataque, e así pola metade do 1º tempo chegou o primeiro gol do equipo da casa, un tiro fora da área rebota no pao dereito e o balón sen que Noel poida facer nada entra...Os minutos pasaban e o gol do Castroverde cada vez era máis necesario sobre todo para darnos algo máis de confianza, pero non chegou ata o minuto 15 da 2ª metade, e acto seguido outro gol, os 2 do propio Julián. A euforia desatábase 1-2 e faltaban 10 min para o remate do partido. 

  O encontro continuaba da mesma maneira, unicamente cambiaron os nervios de bando, agora eran eles  os que necesitaban darlle a volta o partido, pero neste tempo case non gozaron de ocasións claras grazas a gran defensa que fixeron os chavales liderada por Polín...a tranquilidade plena chegou cando Álvaro enchufa o 1-3 definitivo no luminoso, faltaba 1 minuto ou 2, pero a Liga estaba cada vez máis preto...e así foi. 
  Creo que somos os claros merecentes deste 1º posto, no noso 2º ano desde que se tivo a idea de facer o Equipo Xuvenil. Grande CASTROVERDE F.S.!!!!

E aquí un pouco, os resultados da tempada 2011/2012 aínda que queda o último partido na casa tamén contra o Outeiro de Rei, que posiblemente se xogará o fin de semana que vén:

* 1ª Xornada: Fonsagrada 3-5 Castroverde F.S. Xuvenil
* 2ª Xornada: Castroverde F.S. Xuvenil 3-1 EE.DD Guitiriz
* 3ª Xornada: Cidade de Lugo 2-10 Castroverde F.S. Xuvenil
* 4ª Xornada: Castroverde F.S. Xuvenil 4-4 Ribeira F.S
* 5ª Xornada: Outeiro de Rei 1-3 Castroverde F.S. Xuvenil
* 6ª Xornada: Castroverde F.S. Xuvenil 4-4 Fonsagrada
* 7ª Xornada: EE.DD Guitiriz 5-7 Castroverde F.S. Xuvenil
* 8ª Xornada: Castroverde F.S. Xuvenil 8-1 Cidade de Lugo
* 9ª Xornada: Ribeiro F.S. 2-8 Castroverde F.S. Xuvenil

En total 23 puntos, 7 partido ganados, 2 empates, 0 derrotas.
En canto os goles: 52 a favor (5,8 goles/ partido), 23 en contra (2,5 goles/ partido).
Quedamos 1º con 23 puntos (falta do último partido [aplazado]), 2º Outeiro de Rei con 15 puntos, e 3º Fonsagrada con 13 puntos (a falta dun partido tamén).

Na imaxe da Plantilla (1º Ano), con respecto a este (2º Ano), entre paréntese motivo da súa marcha:
Pedro, Guti (Sénior), Lino, Manel, A. Pombo (S.D. Castroverde), M. Polín, Julián, Santi, Álvaro, Carlos, J. Manuel. Faltan: Josito e Noel (porteiros), Rubén.

3 de marzo de 2012

Accidente na LU-530 a altura de Gondar...


A Garda Civil interveu nun accidente na carretera LU-530, de Lugo á Fonsagrada, á altura de Gondar, preto de Castroverde. O incidente produciuse sobre as 17.00 horas cando un turismo -un Seat León de matrícula 8296 FHK- que circulaba cara á Fonsagrada saíuse da vía e, tras chocar contra unha tajea, envorcou sobre a calzada. Conducía o vehículo C.P.R, de 24 anos e veciño de Lugo, que resultou ferido leve, e ía como acompañante J.L.G., de 61 anos e de Baleira, que resultou ferido grave. 


2 de marzo de 2012

O corrector de "Cifras e Letras" da CRTVG visita o C.P.I de Castroverde...

   O vindeiro venres 2 de Marzo, visítanos o colaborador nas correcións e suxerencias matemáticas de "Cifras e Letras" da CRTVG, o físico Jorge Mira (profesor da USC). Dará unha conferencia no C.P.I de Castroverde comenzando as 13:25 ata ás 14:45h. En dita conferencia falaranos un pouco do seu libro publicado en 2010 "A ciencia no punto de mira".

      Jorge é licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, obtendo un Premio Extraordinario, ademais é catedrático de electromagnetismo en dita facultade. En televisión colaborou e colabora en diversos programas, onde o máis coñecido é "Cifras e Letras" da Televisión de Galicia.

1 de marzo de 2012

Estadísticas do Camiño Primitivo dende 2004-2011...

    O Camiño Primitivo está comprendido entre Oviedo e Palas de Rei, para posteriormente enlazar co Camiño Francés. Por Castroverde, que dista a 124 km de Santiago de Compostela, pasan case todos os días peregrinos, e a cifra está en aumento, xa que no ano 2005 a media de peregrinos o día foi de 3, no ano pasado 2011, esta media era de 15 peregrinos por día...Cabe destacar que o noso camiño cada vez é recorrido por un número maior de persoas. Aquí unha imaxe con diversas gráficas:



29 de febrero de 2012

O novo reitor da Universidade de Cantabria [UC] ten raíces en Castroverde...

O novo reitor da Universidade de Cantabria, José Carlos Gómez Sal, ten as súas raíces en Lugo. O seu pai e a súa nai procedían da parroquia de Espasande, en Castroverde, onde el pasou moitos veráns da súa infancia e mocidade. A pesar do apego que a familia tiña polo lugar, Gómez Sal naceu en Alcalá de Henares, onde os seus pais emigraron cando eran moi novos.

O novo reitor da Universidade de Cantabria asegura que acode todo o que pode a Castroverde, aínda que «menos do que me gustaría», apunta.

Tras ser elixido co 55% dos votos e desbancar a outros dous rivais, Gómez Sal sinala que os seus obxectivos á fronte da Universidade de Cantabria -institución á que leva ligado desde 1974 e en cuxo equipo de goberno xa participou- pasa por «seguir o modelo no que traballamos até agora, o dunha universidade moi implicada na sociedade cántabra, que colabora coas administración local e rexional, empresas e asociacións», indica.

Gómez Sal engade que a única universidade cántabra pública logra o 33% do seu orzamento a través da investigación, o que a sitúa entre as primeiras do país en canto a captación de fondos. Tamén destaca que é unha das primeiras institucións de educación superior que conseguiu fai un par de anos a declaración de campus de excelencia «porque o noso proxecto é un modelo para a rexión e toda a sociedade apoiouno».

Segundo Gómez Sal, os puntos fortes da UC están na área de hidráulica e enerxía eólica mariña, a área de banca e finanzas, onde conta co apoio do Banco Santander, a tecnoloxía da información e a astrofísica. O novo reitor asume que terá que facer recortes económicos, pero confía en non ter que tocar «partes vitais».

28 de febrero de 2012

Un home é condenado por maltratar a súa muller...

Un veciño de Castroverde foi condenado a unha pena de ano e medio de cárcere por agredir á súa esposa, ameazar con matala cunha escopeta, e impedir que ela e o seu fillo de tres anos entrasen en casa. O xulgado do Penal número 2 de Lugo impúxolle ademais a prohibición de achegarse á súa muller ou comunicarse con ela durante catro anos e medio.

Os feitos remóntanse ao ano 2008, cando o acusado convivía coa súa muller e co fillo de ambos -que entón tiña tres anos de idade- no citado municipio.

En concreto, o 17 de marzo, o acusado discutiu coa súa muller e levantou a súa man fronte a ela, facendo ademán de golpeala. Dous días despois, tras discutir coa súa esposa, e aproveitando que ela e o seu fillo saíran de casa, o home pechoulles a porta do seu domicilio de forma que non puideron entrar. Ao atoparse con esa situación, a muller tivo que chamar á Garda Civil.

Con posterioridade a estes feitos, no mes de decembro, o home ameazou á súa esposa e díxolle que ía conseguir unha escopeta clandestina para matala a ela e ao seu pai. Finalmente, o 6 de xaneiro de 2009, a parella discutiu en presenza do seu fillo e o acusado propinoulle á súa esposa un forte empuxón, o que provocou que ela se golpease contra un armario. Como consecuencia da agresión, a muller tivo unha lesión no ombreiro esquerdo.

O acusado negou os feitos durante a vista oral, pero o xuíz do Penal número 2 considerou que a versión da vítima era «totalmente crible» e condenouno por un delito de malos tratos no ámbito familiar, outro de coaccións leves e dous delitos de ameazas leves.

15 de febrero de 2012

As consecuencias dos recortes...

Os recortes sanitarios na provincia de Lugo están a afectar en maior medida á asistencia en atención primaria, que á hospitalaria, segundo recoñeceu onte o presidente do Colexio Oficial de Médicos, Ignacio Vidal Pardo. Explicou que, sen existir unha lista de parados como tal, detectaron seis casos de subempleo en facultativos de atención primaria e de especialidades como endocrinoloxía, traumatología e hematología, que atopan dificultades para colocarse. «Non existen -explicou Vidal Pardo- apenas médicos que non traballen nada no mes ou no ano, pero si que non fan tarefa asistencial coas horas completas.

O presidente do Colexio Oficial de Médicos, que compareceu onte para presentar o manifesto aprobado pola Organización Médico Colexial, «Os médicos rebelámonos fronte aos recortes» mostrouse en contra dos bloqueos das axendas dos médicos de atención primaria, que afectan sobre todo aos centros de saúde que soportan unha maior carga de traballo. Vidal Pardo avogou polas substitucións en casos de ausencias, en lugar de por as denominadas intersustituciones (a carga dun facultativo asúmena o resto dos compañeiros) ou substitucións por menos horas. Segundo dixo, estas dúas últimas fórmulas deberían ser situacións «singulares ou excepcionais».

Ignacio Vidal Pardo dixo que tiña constancia de que estaban a contratar por horas na PAC de Guitiriz, en Outeiro de Rei e en Begonte; que había intersustituciones nos centros de saúde da Milagrosa, Sacro Corazón, Saviñao e Castroverde e bloqueos de axendas en Fingoi, A Milagrosa, Begonte, Vilalba, Currelos, Nadela e Baamonde.

O presidente do Colexio de Médicos de Lugo advertiu que a calidade asistencial deteriorarase co abuso das intersustituciones. «Desde o colexio -puntualizou- non defendemos aos médicos como colectivo, senón a atención médica». Insistiu que os recortes van incidir en gran medida tanto na formación como na investigación.

11 de febrero de 2012

Festa do Carnaval 2012 [Martes 21 de Febreiro]...

 O vindeiro martes 21 de febreiro, con motivo de carnavais, teremos numerosas actividades na nosa vila, onde destacamos o concurso de disfraces cuns premios moi apeticibles:
* (Recorrido polas rúas de Castroverde ata o Pavillón Municipal "A Ferrería") Animación a cargo da Bando Musical "Zucurrundullo", "Bob Esponja", Zancudos, Pallasos...

* Pasarúas con saída da Praza do Concello ás 17:00h.

* Desfile e concurso de disfraces no Pavillón Municipal.

* Teremos tamén xogos, globoflexia, chocolatada, espectáculo de maxia...

* Para os NENOS haberá PREMIOS SORPRESA para os mellores disfraces.

* Para os ADULTOS teremos os seguintes premios para os disfraces máis orixinais:
1º PREMIO: 350€
2º PREMIO: 250€
3º PREMIO: 150€
4º PREMIO: 100€
5º PREMIO: 50€
6º PREMIO: Regalo Sorpresa!

*Organiza: Concello de Castroverde.

5 de febrero de 2012

Actividades do Concello...

- OBRADOIRO DE CARNAVAL [28 de Xaneiro, 4 - 11 e 18 de Febreiro].

- BAILES DE SALÓN:
* Tódolos luns de 21:30 a 23:00h no CENTRO SOCIAL.
* Custe de 15€/mes.
* Impartido por Mª Ángeles Vázquez Rico.
* Inscribirse nas Oficinas do Concello de Castroverde.

- EXCURSIÓN VIAXE CULTURAL [1 de Marzo]:
Itinerario: 
* 9.00h : Saída de Castroverde.
* Visita a Deputación de Lugo.
* O xantar será en Cervo.
* Percorrido polo pasea dos namorados.
* Visita ó Museo da Primitiva Fábrica.
* Prezo de 5€ (incluído o xantar).
* Para a compra de Billetes (ata 22 de Febreiro) acudir a Bar Mailo.
* Organiza: A.C. Espalladoira


Para máis información chamar a 982-31-20-80 (Teléfono do Concello).