Paco Pestana naceu no ano 1949 en Peredo (Castroverde). É un dos máis importantes artistas plásticos do Olimpo Creativo galego, sendo un dos creadores vivos máis considerado a nivel internacional. Paco ante todo é un gran escultor.
Aos 5 anos viaxa a Madrid. Máis tarde abandona o bacharelato y para que os seus pais non se enfaden, faise "capataz agrícola". Na súa xuventude viaxa por Madrid, Barcelona, Oviedo, Andalucía e Portugal. No ano 1969, cando ten 20 anos, alíñase na Lexión Estranxeira do Sáhara. De ai vai a Canarias e Holanda. Posteriormente, xa con 28 anos decide establecerse definitivamente en Galicia (Lugo). E é agora cando Pestana se inicia definitivamente como escultor, aunque a súa íntima vocación sea a da poesía. De aí que cada obra súa, sexa un poema que mostra o seu desencanto hacia o futuro, a ira no presente e a nostalxia do pasado. Hoxe en día é un dos artistas máis vanguardistas e exemplificadores do novo arte galego.
Ademais participa en grandes exposicións como: I Mostra da Escultura Galega (1980), Encontros no Espacio (1984), Imaxes dos 80 (1985), Dimensións Atlánticas (1986), Galicia no Tempo (1991), Fundación Caixa Galicia (1992). Parte da súa obra figura en fundacións como Gulbekin, Granell, Torrente Ballestes, Alcázar Reyes...
En Castroverde, Paco Pestana é moi coñecido popularmente, xa que realiza numerosas visitas o C.P.I de Castroverde, tamén non fai moito deu o pregón da Feira de Artesanía, e como non participa en moitas das actividades dos "Amigos do Patrimonio de Castroverde". Un gran escultor, que fai figuras únicas, e que é bastante recoñecido na provincia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario