31 de marzo de 2012

As probas do Bus Metropolitano comenzarán en Abril...


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou este mércores o comezo a mediados de abril das probas piloto para garantir o correcto funcionamento do cartón TMG do Plan de Transporte Metropolitano (PTM) de Galicia na área de Lugo. Abrirase deste xeito un período de dúas semanas no que se desenvolverán as probas piloto, nas que se comprobará o correcto funcionamento das máquinas canceladoras e do sistema de facturación, analizaranse as anomalías e corrixiranse, co fin de garantir un funcionamento pleno e sen erros no momento en que entre en vigor o plan.

A Xunta destaca que a área de Lugo é a primeira de Galicia na que se incorpora o novo PTM sen partir dun plan anterior, como foi o caso das áreas de Ferrol, A Coruña e Santiago. Por esta razón, é preciso desenvolver actuacións específicas para esta área, co obxectivo de garantir a operatividade do cartón sen contactos TMG.

Unha vez que se supere esta fase de probas, activarase o plan para os máis de 124.000 cidadáns da área metropolitana de Lugo, que poderán beneficiarse do abaratamento do billete e dos transbordos bonificados. Os concellos que conforman esta área son Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

Mirando a web do Transporte Metropolitano de Galicia, vemos que a viaxe en efectivo (A LUGO) serán de 1,40€, pero se pagamos con Tarxeta pode chegar o prezo de 0,78€ ata 40 viaxes, e 0,66€ con máis de 40 viaxes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario