Anuncia non se libra das limitacións propias da súa idade, pero a súa filla, Esther Díaz, conta que aínda conserva moita autonomía e, salvo por algúns achaques provocados pola asma, mantén un bo estado de saúde. Tamén algunhas das súas afeccións, como ler o xornal todos os días do ano.
Na súa casa, mostra o diploma que lle entregaron pola súa participación voluntaria no Rexistro Nacional de Centenarios de España (Renace), unha iniciativa para coñecer que factores determinan que unha persoa poida vivir máis de cen anos.
Os segredos que encerra a súa privilexiada xenética quizais sexan no futuro a chave para que outras moitas persoas poidan chegar a unha idade tan avanzada, cunha longa vida que, no seu caso, deulle cinco fillos, froito dun matrimonio que durou 62 anos, doce netos e catorce bisnietos.
Fonte: El Confidencial
En Castroverde hai mais centenarios podemos preguntar no concello e seguro que saen alguns e que ademais si residen no municipio, debe ser que temos madeira de cerna.
ResponderEliminar