29 de enero de 2013

I Duatlón de Orientación "Desafío Marzo Saúde"

Zona de transición da proba. |  Foto: Begoña Toimil
No pasado Domingo 27 de Xaneiro, celebrouse o I Duatlón "Desafío Marzo Saúde" en Castroverde, no que o principal enemigo foi a choiva xunto coas dificultades orográficas, con cambios de altitude de 500 metros, para converter a primeira edición do dúatlon de orientación de Castroverde nun reto para auténticos titáns. A porcentaxe de abandonos, próximo ao 15%, dá unha idea da dureza da proba. O coruñés Damián Ramos Sánchez, corredor do Cof Coruña que competía co equipo do Marzo Saúde local, adxudicouse a competición tras cubrir os tres quilómetros a pé, quince en bicicleta e dous a pé nunha hora e vinte minutos. Gonzalo Fernández Casalderrey, de Pontevedra, e José Ángel Morlán, de Ordes, foron segundo e terceiro en élite masculino. Almudena Suárez Pazos, da Coruña, impúxose en elite feminina, por diante Teresa Ctvrtnickova, de Ferrol, e Isabel Diz Cao, de Betanzos.


Foto: J. Vázquez
A proba de iniciación estivo marcada polo protagonismo local. Manuel Arias Rodil e Borja López Adrio de Castroverde quedaron no primeiro e terceiro lugar respectivamente. Os lucenses Iago Viana González e Alejandro Martín Valledor compartiron a 2ª praza.
A competición estivo organizada pola firma local Marzo Saúde, en colaboración con Decathlon, Coca-Cola e como non do Concello de Castroverde.
Unha proba, que esperemos que se repita nos vindeiros anos, e que ano a ano vaia collendo forma e sexa unha proba de prestixio na zona lucense. Nesta primeira edición os participantes rondaron a centena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario