30 de octubre de 2012

Arias ve ''mala fe'' do PP nas súas críticas á oposición anulada

Arias, alcalde de Castroverde.
O alcalde de Castroverde, o socialista Xosé María Arias, acusa o grupo municipal do PP de actuar «de mala fe» nas súas críticas á oposición municipal para cubrir a unha praza de subalterno, anulada recentemente e que no seu día suscitou polémica ao ver os populares e algúns aspirantes un suposto trato de favor a unha concelleira socialista .
O rexedor móstrase especialmente molesto coa portavoz popular, María Gómez Pallín, por «insinuar» que o Concello anula agora ese concurso coa intención de «buscarlle unha nova oportunidade» a esa concelleira ao abrir un novo proceso.
Nese sentido, Arias aclarou que esa edila «xa presentou a súa renuncia ao proceso nun escrito presentado ante o Concello a semana pasada», polo que afeou á dirixente popular que siga «danando» a reputación de Castroverde con acusacións que ve infundadas.
"El Progreso"

25 de octubre de 2012

O Bus na área metropolitana custará entre 0,67€ - 2,05€

O director xeral de Mobilidade da Xunta, Miguel Rodríguez Bugarín, pechou onte cos alcaldes e coas empresas o plan de transporte metropolitano de Lugo, que empezará a funcionar o 5 de novembro en oito concellos coas mesmas liñas que existían ata agora pero con novas tarifas. O billete máis barato custará 79 céntimos e o máis caro, 2,05 euros.

Rodríguez Bugarín mostrando a Tarxeta Metropolitana. | Foto: Xesús Ponte
A Xunta dividiu o territorio en cinco áreas: L-Lugo 0, que comprende o municipio de Lugo; L-Lug1 (Friol, Outerio de Rei e Rábade); L-Lug2 (Guntín); L-Lug3 (O Corgo e Castroverde) e L-Tch1 (Castro de Rei). Se se viaxa dentro dunha mesma área ou se salta a unha segunda, o billete co cartón metropolitano custará 79 céntimos os 40 primeiras viaxes e 67 céntimos, os seguintes. Se se fan dous saltos de área, os prezos soben a 1,21 euros (ata 40 viaxes) e 1,03, a partir do número 41. Para beneficiarse destes prezos, o transbordo dunha liña a outra debe facerse no prazo dunha hora se se fai dentro dunha mesma área ou se pasa a unha segunda e de 75 minutos se se fan dous saltos de área

"El Progreso"

17 de octubre de 2012

O bus metropolitano chegará por fin o 5 de Novembro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou hoxe que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia comezará a funcionar en Lugo o próximo 5 de novembro.

Así llo comunicou por carta o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, aos alcaldes dos municipios incluídos na área metropolitana da cidade

Distintas zonas do bus metropolitano.


Nun comunicado, a Consellería informou de que a área de Lugo será a primeira de Galicia na que se implantará o transporte metropolitano sen contar con ningún servizo similar previamente, como sucedía nas zonas de Ferrol, A Coruña ou Santiago.


O transporte metropolitano dará servizo a unha zona na que viven 124.000 persoas e a previsión da Xunta de Galicia é que o número de usuarios do transporte público pase de 2,4 a 3,7 millóns de viaxeiros en 2015, o que suporía, na práctica, que uns 500 vehículos menos circularían ao día pola cidade de Lugo e a súa contorna.



Ademais, sempre segundo as previsións da Xunta, cada viaxeiro aforrarase unha media de ata 850 euros ao ano coa implantación deste novo sistema de transporte entre os municipios de Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

A viaxe Castroverde - Lugo e viceversa, estará entre 0,67€ - 1,45€ dependendo de si se ten tarxeta ou non. Actualmente a viaxe coa empresa correspondente (HER-VEI) costa sobre 2,30€.

10 de octubre de 2012

Denuncian falta de pagamentos dunha firma de axuda a domicilio en Castroverde

As empregadas en Castroverde da firma Galicia Saudade Xentes, adxudicataria do servizo de axuda a domicilio a dependentes no municipio, denuncian que levan dous meses sen cobrar e solicitan ao Concello que medie coa empresa porque din que se non se verán obrigadas a deixar aos usuarios sen servizo por non poder pagar os desprazamentos.

O persoal no concello desta firma con sede en Ponteareas fórmano dez mulleres que traballaban para a anterior concesionaria do servizo e que desde o 1 de marzo fano para Galicia Saudade. Desde entón, din que sempre cobraron tarde e que os seus salarios son inferiores aos prometidos, pero que agora a situación é insostible ao levar dous meses sen cobrar. Por iso, anuncian mobilizacións se non se resolve este conflito.
"El Progreso"

4 de octubre de 2012

A Protectora crea unha base de datos dos cans de Paderne para dalos en adopción

O presidente da Sociedade Protectora de Animais de Lugo, Javier García Calleja, explicou que esta entidade está a crear "unha base de datos" e "identificando" aos cans abandonados en Castroverde, un total de 31, para despois poder ofrecelos en adopción.
Parte dos cans en Paderne. | Foto: Sebas Senande
O dono, que se atopa imputado, dispuña dos canes nunha leira que coidaba na parroquia de Paderne, ata que fai un par de semanas os cans saían dos lindes da parcela e con aspecto desnutrido chegaron a deambular polo municipio.
Os animais están agora sendo revisados por dúas veterinarias, colaboradoras da sociedade, e a partir de aí, subliña Calleja, "créase unha base de datos correspondente a cada un deles para saber a súa idade e comportamento".
Unha vez concluído o traballo, que confía que sexa esta mesma semana, poderíase valorar a adopción dos canes, dos cales destaca que non son agresivos agás "catro ou cinco".
"Europa Press"