O Concello de Castroverde contará en 2012 cun orzamento de 2,2 millóns, con 492.000 euros para investimentos. O goberno fixo valer a súa maioría onte no pleno para sacar adiante as contas, pese ao rexeitamento de PP e BNG.
No apartado de ingresos destacan os capítulos de transferencias correntes, con 924.000 euros; impostos directos, con 494.000; transferencias de capital, con 290.000, e taxas e outros ingresos, con 239.000.
En canto aos gastos, as principais partidas son para gastos en bens correntes e servizos, que recibe un millón; investimentos reais, con 492.000 euros; gastos de persoal, con 424.000 e transferencias de capital, con 139.000.
En canto aos investimentos reflectidos nas contas, o Concello inclúe 321.000 euros para crear un centro sociocultural, para o que buscará apoio da Deputación; 97.000 para instalar iluminación máis eficiente e 56.000 do POS de 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario