2 de noviembre de 2011

A partir do ano 2012 contaremos con BUS METROPOLITANO....


O transporte metropolitano de Lugo comezará a funcionar no primeiro trimestre de 2012, segundo a última previsión anunciada onte na cidade o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín. O alto cargo da Xunta explicou que se están realizando as adaptacións tecnolóxicas nos caixeiros automáticos de Novagalicia Banco, a entidade que comercializará os novos cartóns.

Rodríguez Bugarín participou en Lugo nunha reunión da comisión de seguimento do transporte metropolitano coa delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias, e os alcaldes do sete concellos que forman parte do plan: Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.
Os asistentes acordaron que, antes da posta en funcionamento do servizo, faranse probas piloto con varias empresas de transporte da área, co obxectivo de corrixir posibles fallos.

O plan de transporte metropolitano permitirá conectar coa capital o sete municipios da contorna de Lugo a través das liñas xa existentes e doutro tres de nova creación: Outeiro de Rei-Castro Ribeiras de Lea-Lugo; Vilachá-Adai-Lugo e Lugo-Adai-Vilachá. Ademais, haberá tres rutas novas en Outeiro de Rei, un dos municipios máis poboados. Serán Vos Alargos- Outeiro de Rei; Martul-Outeiro de Rei, e Vicinte-Outeiro de Rei. A gran vantaxe do transporte metropolitano é que os usuarios poderán facer transbordos cun único billete e, ademais, o prezo deste redúcese.

Os viaxeiros disporán dun cartón metropolitano que valerá para o cinco áreas en que se distribúe o territorio: L-Lugo (municipio de Lugo); L-Lug1 (Friol, Outeiro de Rei e Rábade); L-Lug2 (Guntín); L-Lug3 (Castroverde e O Corgo) e L-TCh1 (Castro de Rei).

Prezos:
Se o usuario viaxa por unha mesma zona ou por dúas, o prezo do billete será de 72 céntimos, aínda que se fai máis de 40 viaxes ao mes, o custo baixa a 61 céntimos. Se percorren tres zonas distintas, o billete custaralle 1,10 euros (94 céntimos para máis de 40 viaxes ao mes). Se non se dispón de cartón e óptase polo billete sinxelo, leste custará 1,25 euros para cada viaxe por unha mesma área ou cun salto a unha segunda. O único bus que manterá o prezo actual será o urbano de Lugo: 64 céntimos o billete ordinario e 42 con bono.

LUGO
Os autobuses urbanos de Lugo están preparados xa para funcionar cos cartóns do transporte metropolitano, que funcionarán sen contacto, segundo informou o alcalde, José López Orozco. Nestes servizos, manterase o prezo actual.

Marquesiñas:
Outro dos aspectos tratados foi a colocación de marquesiñas e postes de paradas, en colaboración cos concellos. En total, a Xunta repartirá 60 postes e 40 marquesiñas de primeiro e segundo nivel. A repartición farase en función da poboación, das paradas existentes e das liñas de transporte que atravesan esas zonas.

500 coches menos ao día:
A Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta calcula que o transporte metropolitano servirá para eliminar máis de 500 vehículos diarios da cidade e a súa contorna.

Actualmente, preto do 95% dos desprazamentos motorizados fanse en vehículo privado, fronte ao 5% en transporte público, segundo os datos que manexa a Xunta.

Orzamento:
A Xunta achega 1,3 millóns de euros para o transporte metropolitano de Lugo e os concellos, 425.244 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario