13 de marzo de 2013

Unha decena dos 32 cans de Paderne aínda esperan a súa adopción

Rocío Rivas, acariciando un dos seus cans. | Foto: Óscar Cela
Ao redor dunha decena dos cans de Paderne, en Castroverde, aínda están pendentes de adopción, segundo informou o presidente da Protectora de Animais e Plantas de Lugo, Javier García Calleja. A xuíza Estela San José interviñera en setembro porque nunha leira de Paderne atopábanse 32 cans aglomerados, algúns desnutridos e outros enfermos. Varios deles xa atoparon novos fogares, pero o resto continúan na leira á espera de ser adoptados. Están vacinados, desparasitados e listos para atopar un novo fogar, e por agora están a ser atendidos polo Concello coa colaboración da Protectora lucense.

A maioría dos cans son cariñosos e tranquilos, aínda que miedosos e desconfiados ao principio, segundo explican na Protectora. Tamén sinalan que non están preparados para irse a vivir a un piso, salvo que sexan socializados previamente. En calquera caso, para facilitar o proceso de adopción, na páxina web da Protectora instalaron un apartado para estes animais. Cada un dispón dunha ficha, con foto, idade, carácter, raza... e ofrecen toda a información sobre o proceso adoptivo.
Paciencia e atención
Estes animais non son agresivos, pero si que precisan de moita atención e de paciencia por parte dos adoptantes, para completar o seu proceso de socialización.
Os donos terán que correr cos gastos do microchip, a cartilla de identificación e a esterilización obrigatoria no caso de que sexan femias.

"La Voz de Galicia"

No hay comentarios:

Publicar un comentario