Un mozo de 17 anos foi detido pola Garda Civil do municipio lucense de Castroverde, imputado por un delito de abusos sexuais. A vítima foi unha moza, tamén menor de idade, concretamente de 15 anos. O raparigo foi posto en liberdade despois de prestar declaración.
Aínda que a detención foi practicada nas últimas horas, os feitos remóntanse a hai algunhas semanas, segundo indicaron fontes da investigación.
Ao parecer, os supostos abusos sexuais chegaron a ser presenciados por algúns maiores que se atopaban preto dos dous protagonistas do feito, pero non lles concederon importancia. Inicialmente, tampouco a vítima deulle maior transcendencias. Os feitos, con todo fixéronse públicos, motivo polo cal interveu a Garda Civil, que estimou que o ocorrido, basicamente tocamentos que supostamente non foron consentidos pola menor, podería ser constitutivo dun delito.
"La Voz de Galicia"
No hay comentarios:
Publicar un comentario