29 de marzo de 2013

Festan en San Julián de Pereiramá

Cartel das Festas de San Julián 2013
O vindeiro Domingo 31 de Marzo celébranse as Festas de San Julián de Pereiramá na honra a Virxen das Hermitas, na que contaremos co seguinte programa:
(13:30h) Misa Solemne.

(14:00h) Sesión Vermú.

(23:30h) Festa e Verbena amenizada pola Orquestra CASABLANCA.

CAMPO CUBERTO CON CARPA!

* Previsión Meteorolóxica:

- Probabilidade de Choiva: Mañá (40%) | Tarde (95%) | Noite (95%).
- Temperaturas: Mínima (8ºC) | Máxima (16ºC).

13 de marzo de 2013

Unha decena dos 32 cans de Paderne aínda esperan a súa adopción

Rocío Rivas, acariciando un dos seus cans. | Foto: Óscar Cela
Ao redor dunha decena dos cans de Paderne, en Castroverde, aínda están pendentes de adopción, segundo informou o presidente da Protectora de Animais e Plantas de Lugo, Javier García Calleja. A xuíza Estela San José interviñera en setembro porque nunha leira de Paderne atopábanse 32 cans aglomerados, algúns desnutridos e outros enfermos. Varios deles xa atoparon novos fogares, pero o resto continúan na leira á espera de ser adoptados. Están vacinados, desparasitados e listos para atopar un novo fogar, e por agora están a ser atendidos polo Concello coa colaboración da Protectora lucense.

A maioría dos cans son cariñosos e tranquilos, aínda que miedosos e desconfiados ao principio, segundo explican na Protectora. Tamén sinalan que non están preparados para irse a vivir a un piso, salvo que sexan socializados previamente. En calquera caso, para facilitar o proceso de adopción, na páxina web da Protectora instalaron un apartado para estes animais. Cada un dispón dunha ficha, con foto, idade, carácter, raza... e ofrecen toda a información sobre o proceso adoptivo.
Paciencia e atención
Estes animais non son agresivos, pero si que precisan de moita atención e de paciencia por parte dos adoptantes, para completar o seu proceso de socialización.
Os donos terán que correr cos gastos do microchip, a cartilla de identificación e a esterilización obrigatoria no caso de que sexan femias.

"La Voz de Galicia"

2 de marzo de 2013

Detido en Lugo un mozo de 17 anos por abusar dunha moza de 15

Un mozo de 17 anos foi detido pola Garda Civil do municipio lucense de Castroverde, imputado por un delito de abusos sexuais. A vítima foi unha moza, tamén menor de idade, concretamente de 15 anos. O raparigo foi posto en liberdade despois de prestar declaración.

Aínda que a detención foi practicada nas últimas horas, os feitos remóntanse a hai algunhas semanas, segundo indicaron fontes da investigación.
Ao parecer, os supostos abusos sexuais chegaron a ser presenciados por algúns maiores que se atopaban preto dos dous protagonistas do feito, pero non lles concederon importancia. Inicialmente, tampouco a vítima deulle maior transcendencias. Os feitos, con todo fixéronse públicos, motivo polo cal interveu a Garda Civil, que estimou que o ocorrido, basicamente tocamentos que supostamente non foron consentidos pola menor, podería ser constitutivo dun delito.

"La Voz de Galicia"