25 de febrero de 2013

A Igrexa de Castroverde require de 21.000€ máis


Os promotores da rehabilitación integral da igrexa de Santiago de Castroverde necesitan reunir 21.000€ para completar o orzamento das obras.
Unha comisión integrada polo párroco, Manuel Varela Gorgoso, e un grupo de fregueses puxo en marcha un peditorio popular coa que se recadaron ata agora uns 23.000€ dos 44.000 previstos, polo que os impulsores desta actuación, tras agradecer o apoio dos veciños, pídenlles un esforzo extra para alcanzar a cantidade que se comprometeu a achegar a parroquia.
Estes traballos, que arrincaron a mediados do pasado mes de setembro, na actualidade atópanse máis que avanzados. Co que o párroca espera reabrir a Igrexa pola Semana Santa, ya que nestos días a concentración de fieis é maior.

24 de febrero de 2013

Amigos do Patrimonio pide que se limpe un carreiro en Castroverde

A directiva de Amigos do Patrimonio de Castroverde reivindica a limpeza de refugallos dunha ruta polo municipio, entre as parroquias da Meda e Bolaño. Os responsables do colectivo realizaron esa demanda tras comprobar en días pasados, ao percorrer ese carreiro, que había residuos en lugares como As Lagas, a pesar de que socios de Amigos do Patrimonio e veciños da zona limparon hai anos a zona.

Desde o colectivo tamén se queixaron da proliferación de plásticos e outros residuos agrícolas incorrectamente almacenados.
Os socios que participaron nesta ruta partiron do alto do Cruceiro, onde se erixe unha cruz de base cadrada, cunha inscrición do século XVIII. A continuación fixeron parada en lugares como a capela de Santa María, en Vilafrío, onde houbo un mosteiro, e unha fonte próxima, agora abandonada, polo que reclamaron a súa restauración.
Fonte: "El Progreso"

18 de febrero de 2013

Aída Valiño proclámse Campiona Galega en Poio

Foto: Miguel Villar.
O Campionato Galego de dúatlon cros celebrouse onte en Poio. A competición desenvolveuse en modalidade sprint (5,4 quilómetros a pé, 19,5 en bicicleta e outros 2,7 de carreira) e tivo un marcado dominio lucense. Aida Valiño, nacida en Castroverde, impúxose en categoría feminina e Rubén Rodríguez fixo o propio en homes.
A proba de mulleres contaba cun prognóstico claro a favor de Aida Valiño (Wolf Fluvial). A de Castroverde esmagara aos seus rivais nas dúas últimas probas do circuíto autonómico e onte volveu exercer a súa hexemonía no ámbito galego. Completou a carreira en 1.54.52 horas e avantaxou en máis de dez minutos a Priscila Suárez, segunda clasificada. Belén Lemat (Wolf Fluvial) acabou terceira a máis de 36 minutos da vencedora.
Na proba masculina, o Wolf Fluvial copou o podio. Rubén Rodríguez anotouse o triunfo cun tempo de 1.28.03 horas. O seu irmán Gustavo Rodríguez, favorito, non lle disputou a vitoria. Miguel Ángel Arias fíxose co bronce, a dezaseis segundos do campión.
Fonte: "La Voz de Galicia"

8 de febrero de 2013

Detido un castroverdense por ameazar ao seu fillo con dispararlle

Un veciño de Castroverde foi detido e posto a disposición xudicial pola Garda Civil despois de que o seu fillo o denunciase por ameazarlle con pegarlle un tiro, durante unha discusión no domicilio familiar por unha débeda de 160€. O home foi finalmente posto en liberdade con cargos polo xulgado de instrución número 3, aínda que antes tivo que pasar toda a noite nos calabozos do cuartel de Castroverde.

Segundo puido saber este diario, a discusión entre ambos deriva dunha denuncia previa polo roubo do teléfono móbil do pai. Este denunciou no seu día que llo roubaron na casa e o seu seguro do fogar fíxose cargo do mesmo. Ingresoulle os 600€ nos que estaba valorado o terminal nunha conta que, ao parecer, compartía co seu fillo, pero como este tiña unha débeda co banco de 160€, a entidade retívolle esa cantidade, polo que non puido reintegrarlle os 600€ ao completo ao seu pai.
Fonte: "El Progreso"

4 de febrero de 2013

Aida Valiño e Gustavo Rodríguez impuxéronse en Maside

Clasificación da proba. | Foto: http://www.fegatri.org
A cuarta e última proba do Circuíto Galego de dúatlon cros disputouse onte en Maside. Gustavo Rodríguez e Aida Valiño, ambos do Cidade de Lugo, fixeron valer os prognósticos e adxudicáronse o triunfo nas súas respectivas categorías.
Gustavo Rodríguez, dominador absoluto en homes, avantaxou en oito segundos a Marcos Maio e en máis dun minuto ao seu compañeiro Rubén Rodríguez. Coa vitoria rexistrada en Maside, o duatleta fíxose co título do circuíto.
Aida Valiño, pola súa banda, adxudicouse a segunda carreira consecutiva. Avantaxou a Verónica Montes en case cinco minutos. Pero esta última anotouse o título no circuíto, xa que a de Castroverde só tomou parte nas dúas últimas probas.
Irene Serrat redondeou a actuación do Cidade de Lugo co seu triunfo na categoría júnior

Fonte: "La Voz de Galicia"

3 de febrero de 2013

Profesores e nais cooperan en Castroverde en tarefas educativas

Nais axudando aos alumnos. | Foto: EP
O CPI de Castroverde está a desenvolver un programa educativo pioneiro en Galicia que involucra de forma directa ás familias dos escolares en tarefas formativas. Así, un grupo de nais apoia aos docentes en clases de distintas materias para mellorar as competencias do alumnado.

A coordinadora do programa, a profesora María José García, explica que, de modo experimental, esta iniciativa arrincou o curso pasado, con alumnos de primeiro de educación primaria e coa participación activa de seis nais, e estivo centrado na lectura e a escritura. Engade que, ante os bos resultados, a dirección do CPI decidiu seguir traballando este curso cos mesmos nenos, agora en segundo de primaria, e incorporáronse outras dúas nais e unha exalumna ao grupo, que tamén apoia aos nenos coas matemáticas.

2 de febrero de 2013

Altitude das poboacións do Concello de Castroverde

Aquí temos as altitudes das diversas entidades de poboación que ten o Concello de Castroverde:

- Agustín (Santa María): Agustín (596 m) | Media: 596m

- Arcos (San Paio): Gracián (461 m), San Paio (500 m |  Media: 480.5m

- Barredo (San Xoán): Castedo (592 m), Francelos (584 m), Vilafrío (583 m) | M: 586.3m

- Barredo (Santo André): Barredo (535 m), Vilar dos Naraos (507 m), Vilaxurxo (488 mM: 510m

- Barreiros (San Cosme): San Cosme de Barreiros (626 mM: 626m

- Bolaño (Santa Baia): Bolaño (558 m), Grandón (686 m), Nabeda (796 m), Pereiroá (694 m) , Rodinso (663 m), San Fitoiro (657 m) | M: 675.6m

- Cellán de Calvos (San Salvador): Cellán de Calvos (586 m), A Viladónega (532 m), Vilar (574 m). | M: 564m

- Cellán de Mosteiro (San Pedro): Cellán de Mosteiro (511 m) | M: 511m

- Covelas (San Miguel): Covelas (530 m), Marrondo (675 m) | M: 602.5m

- Espasande (Santiago): Espasande (518 m) | M: 518m

- Frairía (Santa María): Albardeiro (620 m), Folgueira (653 m), Fraría (680 m), Peredo (682 m) | M: 658.7

- Furís (Santo Estevo): Abelleira (813 m) , Azoreira (828 m), Couso (830 m), Furís de Abaixo (640 m), Furís de Arriba (710 m), Latadal (842 m), Lourentín (614 m), Pereira (744 m) | Media: 752.6m

- Goi (Santa María Madalena): Goi (491 m) | M: 491m

- Masoucos (Santiago): Masoucos (685 m), Trascastro (675 m) | M: 680m

- Meda (Santiago): Córneas (598 m), Meda (565 m) | M: 581.5m

- Miranda (Santiago): Miranda (550 m) | M: 550m

- Mirandela (Santo André): Mirandela (565 m), Outeiro das Vellas (570 m) | M: 567.6m

- Monte (Santa María): Monte (485m), Santa Xuliana (500 m) | M: 492.5

- Montecubeiro (San Cibrao): Albaredo (670 m), Berlán (600 m), Campo (736 m), Castelo (702 m), Cepomundín (823 m), Cernada (670 m), Cubula (710 m), Escouredo (637 m), Fato (724 m), Foxos (662 m), Graña (637 m), Gruñedo (820 m), Insua (642 m) , Laxe (551 m), Maceda (777 m), Maxide (617 m), Pumarín (630 m), Sagaruxe (655 m), Santadrao (798 m), Sarceda (652 m), Teixeda (832 m), Valiña (591 m), Veiga (540 m), Verducedo (736 m), Vilarín (712 m), Vitureiro (662 m) | M: 684.1m

- Moreira (Santa María): Casas do Monte (531 m), Moreira (543 m), Nadela (503 m), Vilar de Cas (516 m) | M: 523.2m

- Paderne (Santo Estevo): Ferreira (500 m), Paderne (494 m) | M: 497m

- Páramo (San Miguel): Arrubial (757 m), Lagoa (697 m), Páramo (723 m), Porcín (689 m) | M: 716.5m

- Pena (Santa María Madalena): Carballedo (675 m), Pena (650 m) , Pozos (600 m) | M: 641.6m

- Pereiramá (San Xulián): Pereirama (510 m) | M: 510m

- Pumarega (Santa Mariña): Feirobal (572 m), Pumarega (525 m) | M: 548.5m

- Rebordaos (San Xurxo): Fontao (540 m) , Rebordaos (572 m) | M: 556m

- Recesende (San Cibrao): Penalonga (526 m), Recesende (520 m) | M: 523m

- Riomol (San Pedro): Foguentelle (795 m), Riomol (570 m), Vilacote (625 m) | M: 663.3m

- San Miguel do Camiño: San Miguel (533 m), Trasorras (534 m) | M: 533.5m

- Serés (San Pedro): Serés (605 m) | M: 605m

- Souto de Torres (San Tomé): Souto de Torres (510 m) | M: 510m

- Soutomerille (San Salvador): Soutomerille (510 m) | M: 510m

- Tórdea (San Tomé): Tórdea (500 m) | M: 500m

- Uriz (Santa María): Eirexe (495 m), Uriz (510 m) | M: 502.5m

- Vilabade (Santa María): Codesal (590 m), Frontoi (670 m), Tarrío (580 m), Vilabade (675 m) | M: 628.7m

- Vilalle (San Pedro): Vilalle (645 m) | M: 645m

- Vilariño (Santiago): Praza do Concello (592 m), Campo de Fútbol da Veiga do Olmo (625 m), Monte da Feira (635 m), Torre da Homenaxe (605 m)

**Nalgunha parroquia, non contamos coa altitude dalgún dos seus pobos, debido a que non tiñamos a información suficiente. Ademais todos os datos son aproximados.

MEDIA TOTAL do Concello de Castroverde = 560m aprox.