30 de enero de 2013

Entroido 2013 en Castroverde

O vindeiro Martes 12 de Febreiro, celébrase en Castroverde (Lugo) o Entroido deste ano. Así as 17:00 horas terá saída dende a Praza do Concello o desfile de disfraces ata o Pavillón Municipal. Ademais teremos pasarrúas a cargo da Banda Musical Local ZUCURRUNDULLO. Concurso de disfraces e de baile con 1.300€ en premios. Tamén poderemos disfrutar da actuación do Dúo MURALLA, Degustación de orellas de Carnaval e chocolatada, hinchables...Ven a pasar unha tarde inesquecible!


29 de enero de 2013

I Duatlón de Orientación "Desafío Marzo Saúde"

Zona de transición da proba. |  Foto: Begoña Toimil
No pasado Domingo 27 de Xaneiro, celebrouse o I Duatlón "Desafío Marzo Saúde" en Castroverde, no que o principal enemigo foi a choiva xunto coas dificultades orográficas, con cambios de altitude de 500 metros, para converter a primeira edición do dúatlon de orientación de Castroverde nun reto para auténticos titáns. A porcentaxe de abandonos, próximo ao 15%, dá unha idea da dureza da proba. O coruñés Damián Ramos Sánchez, corredor do Cof Coruña que competía co equipo do Marzo Saúde local, adxudicouse a competición tras cubrir os tres quilómetros a pé, quince en bicicleta e dous a pé nunha hora e vinte minutos. Gonzalo Fernández Casalderrey, de Pontevedra, e José Ángel Morlán, de Ordes, foron segundo e terceiro en élite masculino. Almudena Suárez Pazos, da Coruña, impúxose en elite feminina, por diante Teresa Ctvrtnickova, de Ferrol, e Isabel Diz Cao, de Betanzos.


Foto: J. Vázquez
A proba de iniciación estivo marcada polo protagonismo local. Manuel Arias Rodil e Borja López Adrio de Castroverde quedaron no primeiro e terceiro lugar respectivamente. Os lucenses Iago Viana González e Alejandro Martín Valledor compartiron a 2ª praza.
A competición estivo organizada pola firma local Marzo Saúde, en colaboración con Decathlon, Coca-Cola e como non do Concello de Castroverde.
Unha proba, que esperemos que se repita nos vindeiros anos, e que ano a ano vaia collendo forma e sexa unha proba de prestixio na zona lucense. Nesta primeira edición os participantes rondaron a centena.

28 de enero de 2013

Unha anciá de Castroverde, entre as máis lonxevas de Galicia

En Lugo vive Anuncia Castedo Pillado, que en maio cumprirá 103 anos. Naceu no lugar de Francelos, no municipio de Castroverde, pero desde que enviudó, hai algo máis de dúas décadas, reside na céntrica rúa Montero Ríos.

Anuncia non se libra das limitacións propias da súa idade, pero a súa filla, Esther Díaz, conta que aínda conserva moita autonomía e, salvo por algúns achaques provocados pola asma, mantén un bo estado de saúde. Tamén algunhas das súas afeccións, como ler o xornal todos os días do ano.

Na súa casa, mostra o diploma que lle entregaron pola súa participación voluntaria no Rexistro Nacional de Centenarios de España (Renace), unha iniciativa para coñecer que factores determinan que unha persoa poida vivir máis de cen anos.

Os segredos que encerra a súa privilexiada xenética quizais sexan no futuro a chave para que outras moitas persoas poidan chegar a unha idade tan avanzada, cunha longa vida que, no seu caso, deulle cinco fillos, froito dun matrimonio que durou 62 anos, doce netos e catorce bisnietos.