Logo de acadar un aforro anual de 123.000€ na factura eléctrica das dependencias da Deputación, o organismo provincial propúxose reducirlles tamén aos concellos o gasto en electricidade, realizándolles auditorías enerxéticas sen custo algún para as entidades locais. A esta iniciativa sumáronse 37 municipios, que elixiron o inmoble municipal onde, a maiores dos seus consistorios e alumeados públicos, desexaban que se levase a cabo dita auditoría.
Fixadas as dependencias municipais nas que se realizaría o estudo, e analizadas as facturas enerxéticas dos concellos co fin de avaliar os seus gastos e estudar posibles reformas que supuxesen aforros, o pasado mes de xuño, os técnicos da Axencia Provincial da Enerxía empezaron a realizar as auditorías nos concellos de Castroverde, O Incio e Pol, nos que os primeiros resultados revelan un aforro de 92.300€, segundo avanzou o deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño.
Castroverde
Neste concello, as auditorías feitas no consistorio, no alumeado e no pavillón revelan que tanto as instalacións de iluminación como as de calefacción contan con novos compoñentes, polo que non se tivo que realizar ningunha reforma. Neste caso a redución da factura eléctrica deste municipio en 2012 será dun 20%, pero tamén se están a realizar estudos para reducir a factura de gas.
La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario