O Primitivo é un dos itinerarios históricos de maior simbolismo no norte peninsular. A súa delimitación comezou no ano 1997, pero non se resolveu ata agora. Cultura destaca que a iniciativa «dá resposta á demanda de valorización e recuperación, co dobre obxectivo de fixar un trazado continuo principal que se corresponda co transmitido pola tradición ata os nosos días, e de delimitar un ámbito de protección que garanta a integridade e autenticidade desta ruta xacobea».
Nesa liña, a Xunta subliña que o trazado respecta a práctica totalidade do camiño tradicional, herdeiro do antigo camiño medieval, salvo naqueles puntos nos que está perdido ou é irrecuperable. «Para estes casos fixouse un trazado alternativo, acorde cos valores inmateriais asociados ao camiño, tendo en conta aspectos relativos á súa calidade ambiental, condicións construtivas e lóxica territorial en xeral».
O documento recolle tamén un trazado complementario e trazas con vestixios históricos. «Trátase de rutas complementarias, que permiten o acceso do peregrino a lugares significativos, como servizos e elementos patrimoniais singulares, así como a vestixios históricos ou treitos perdidos da ruta dos que aínda se conservan trazas», sinala a consellería. A publicación no DOGabre un trámite de información pública de 2 meses, durante o que os interesados poderán consultar o expediente e presentar alegacións
Valoración de Antón Bao
O concelleiro de Cultura de Lugo e alcalde en funcións, Antón Bao, expresou a súa satisfacción pola delimitación. Recordou que o goberno local sempre intentou promover o Camiño Primitivo para que sexa declarado Patrimonio da Humanidade. «Esta delimitación é un paso fundamental para avanzar na súa posta en valor», manifestou.
Na provincia discorre pola Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín, Friol e Palas.
La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario