29 de agosto de 2012

Triangular festeiro este Sábado...


O vindeiro Sábado 1 de Setembro, o Concello de Castroverde volve estar de festa, e neste caso en 3 parroquias, Cellán de Mosteiro, Frairía e Pena, todas elas organizalas mediante Lugo Norte (Pallín). Contarán co seguinte programa:

- CELLÁN DE MOSTEIRO:
(13:30) Misa Solemen e Procesión.
(14:00) Sesión Vermú coa Orquesta ÉLITE.
(23:30) Festa e Verbena coa Orquesta ÉLITE e o xa famoso DJ KAELSUS.

- FRAIRÍA
(13:30) Misa Solemen e Procesión.
(14:00) Sesión Vermú co Trío LEMBRANZA.
(23:30) Festa e Verbena co Trío LEMBRANZA.

- PENA:
(13:30) Misa Solemen e Procesión.
(14:00) Sesión Vermú coa Orquesta STEREO MUSIC SHOW.
(23:30) Festa e Verbena coa Orquesta STEREO MUSIC SHOW.




Si hai que elixar unha das 3, a mellor festa sen dúbida é a de Cellán de Mosteiro, xa que ademais de ter Orquesta, esta o gran Kaelsus, que coma sempre nunca defrauda a naide.

20 de agosto de 2012

O San Ramón chega a Sampaio...

Os días 25 e 26 de Agosto, Sampaio está de festa, na honra a San Ramón, contará co seguinte programa, pero a diferenza doutros anos, neste non teremos as actividades do diverneno:

- Sábado 25 de Agosto:
(13:30) Misa Solenme.
(14:00) Sesión Vermú coa Orquestra TOKIO.
(23:00) Festa e Verbena coa Orquestra TOKIO e o Trío ESCOBAR.

- Domingo 26 de Agosto:
(13:30) Misa Solenme.
(14:00) Sesión Vermú coa Orquestra CHICAGO.
(23:00) Festa e Verbena coa Orquestra CHICAGO.

17 de agosto de 2012

VII Feira Artesán de Castroverde...

O vindeiro Domingo 19 de Agosto, a vila de Castroverde (Lugo) estará repleta de numerosos artesáns que ocuparán completamente o recinto feiral. Será a séptima edición, que cada ano atrae a centos de persoas e pouco a pouco vaise afianzando na provincia lucense. Este ano contará co seguinte programa:

(10:00) Apertura da Feira para todo o Público.

(11:00) Obradoiros artesanais de alfareiría, cesteiría e instrumentos musicais no recinto feiral.

(12:00) Recepción de autoridades e inauguración da Feira. Actuación do Grupo Musical "Zucurrundullo" (Percorrido o recinto feiral).

(13:00) Degustación gastronómica a base de conservas artesanais convidad por "Conservas Tradicionais Currican" de Burela que será acompañada cunha cata de viño ecolóxico da Ribeira Sacra a cargo de "Adegas Bali".

(13:30) Desfile de pinturas corporais: os deseños elaboraranse de xeito artesanal e dedicados a natureza. María Nogueira.

(14:00) Pregón a cargo da Deputada Provincial Delegada da Área de Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo. Dna. Regina Polín Rodríguez.

(14:20) Actuación da Banda de Gaitas local "Zucurrundullo".

(14:30) Xantar típico galego.

(17:00) Ludoteca itinerante para cativos e maiores a cargo de Chrystian Magic e taller de pinturas faciais para nenos e nenas dirixido por María Nogueira. Recinto das Piscinas Municipais. Degustación gastronómica a base de xeados artesanais ecolóxicos a cargo de "Helados Gael/Eco" no recinto feiral.

(19:15) Actuación de maxia: "A casiña da maxia na rúa" a cargo de Chrystian Magic. Recinto das Piscinas Municipais.

(21:00) Demostración de baile latino.

(21:45) Proxección da película "Vilamor" a cargo da Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde no salón de actos da Casa do Concello.

_________________________________________________________________


Ademais durante todo o día poderase disfrutar:

- Concentración de coches e motos clásicas, no recinto feiral de 12:00 - 17:00 h, seguidamente farase un percorrido pola vila de Castroverde, ademáis visitarán o Castelo e a Igrexa de Vilabade.

- Diferentes obradoiros artesáns ós que poderás acceder a calquer hora do día no recinto feiral.




16 de agosto de 2012

A parroquia de Tórdea e da Pumarega están de Festa...

Os vindeiros días 18 e 19 de Agosto, na honra a San Roque e Santo Tomás, celébranse as Festas en Tórdea (Castroverde), no que teremos o seguinte:

- Sábado 18 de Agosto:
(13:30) Misa Solemne e Procesión na Igrexa Parroquial.
(14:00) Sesión Vermú coa Orquestra ALMIRANTES.
(23:00) Festa e Verbena coa Orquesta ALMIRANTES e DJ KAELSUS (6ª vez que visita o noso Concello, con anterioridade estivo nas festas de Vilalle, Vilacote, Vilar, Serés e Chorima en Castroverde).

- Domingo 19 de Agosto:
(13:30) Misa Solemne e Procesión na Igrexa Parroquial.
(14:00) Sesión Vermú coa Orquestra ILUSIÓN.
(23:00) Festa e Verbena coa Orquestra ILUSIÓN.


Ademais, os días 19 e 20 de Agosto, na honra a Santa Cristina, a parroquia de Pumarega (Castroverde) celebra as súas festas:

- Domingo 19 de Agosto:
(13:30) Misa Solemne e Procesión na Igrexa Parroquial
(14:00) Sesión Vermú coa Orquestra COSTA DORADA.
(23:00) Festa e Verbena coa Orquestra COSTA DORADA e o Trío PK2.

- Lunes 20 de Agosto:
As festas rematarán cunha cea veciñal, pero tamén coa actuación de TANIA E O SEU ACORDEÓN. (Xa son varias tamén as actuacións desta artista no noso Concello).

13 de agosto de 2012

O cura e veciños de Castroverde planean reformar a igrexa parroquial...

Os veciños de Castroverde e o seu sacerdote, Manuel Varela Gorgoso, decidiron promover a restauración da igrexa de Santiago dado que, en palabras do propio párroco, «é o edificio máis deteriorado do seu entorno, aínda que está situado no centro da vila, a primeira vista, e nun lugar clave do Camiño Primitivo»

O proxecto de reforma contempla a reposición da cuberta, dos canlóns e da instalación eléctrica, ademais da limpeza de paredes e encalado interior e exterior. Segundo o párroco, son unhas obras «moi necesarias e urxentes» que suporán «unha renovación total do edificio».
O orzamento da restauración da igrexa ascende -entre o proxecto, a dirección da obra e a execución- a un total aproximado de 145.000€, aínda que os promotores prevén que, coa subida do Iva prevista para setembro, o gasto aumente.
El Progreso

Riomol, Vilar e Agustín están de Festa...

 O próximo Mércores 15 de Agosto, temos 3 verbenas nas parroquias de Moreira (Vilar de Cás) , Riomol e Agustín. A primeira delas, comezará coa Misa Solemne as 13:30h, seguido de procesión, e a continuación Sesión Vermú amenizada pola Orquesta ESCAPARATE. Pola noite, dita orquesta poñerá música para finalizar as festas. 

Por outra banda, na honra a San Roque, teremos Misa ás 13:45 na igrexa parroquial de Riomol. Seguidamente, a sesión vermú co Grupo MURALLA. As festas finalizaran a cargo do Grupo MURALLA e o xa coñecido DJ KAELSUS.

Por último, na parroquia de Agustín tamén gozarán dunha verbena na que o Trío BAHIA BLANCA tocará na Sesión Vermú e tamén pola noite.

10 de agosto de 2012

A Xunta presenta a delimitación do Camiño Primitivo...

A Consellería de Cultura e Educación presentou onte o trazado do Camiño de Santiago Primitivo, tamén chamado de Oviedo. O Diario Oficial de Galicia publicou a incoación do expediente para a delimitación desta ruta, que é unha das dúas variantes do Camiño Norte, ao seu paso por Galicia. Discorre polos municipios lucenses da Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín, Friol e Palas de Rei, antes de penetrarse na provincia da Coruña por Toques e Melide, onde entronca coa principal ruta xacobea, o Camiño Francés.
O Primitivo é un dos itinerarios históricos de maior simbolismo no norte peninsular. A súa delimitación comezou no ano 1997, pero non se resolveu ata agora. Cultura destaca que a iniciativa «dá resposta á demanda de valorización e recuperación, co dobre obxectivo de fixar un trazado continuo principal que se corresponda co transmitido pola tradición ata os nosos días, e de delimitar un ámbito de protección que garanta a integridade e autenticidade desta ruta xacobea».
Nesa liña, a Xunta subliña que o trazado respecta a práctica totalidade do camiño tradicional, herdeiro do antigo camiño medieval, salvo naqueles puntos nos que está perdido ou é irrecuperable. «Para estes casos fixouse un trazado alternativo, acorde cos valores inmateriais asociados ao camiño, tendo en conta aspectos relativos á súa calidade ambiental, condicións construtivas e lóxica territorial en xeral».
O documento recolle tamén un trazado complementario e trazas con vestixios históricos. «Trátase de rutas complementarias, que permiten o acceso do peregrino a lugares significativos, como servizos e elementos patrimoniais singulares, así como a vestixios históricos ou treitos perdidos da ruta dos que aínda se conservan trazas», sinala a consellería. A publicación no DOGabre un trámite de información pública de 2 meses, durante o que os interesados poderán consultar o expediente e presentar alegacións
Valoración de Antón Bao
O concelleiro de Cultura de Lugo e alcalde en funcións, Antón Bao, expresou a súa satisfacción pola delimitación. Recordou que o goberno local sempre intentou promover o Camiño Primitivo para que sexa declarado Patrimonio da Humanidade. «Esta delimitación é un paso fundamental para avanzar na súa posta en valor», manifestou.
Na provincia discorre pola Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín, Friol e Palas.
La Voz de Galicia

8 de agosto de 2012

Castroverde, aforra un 20% na factura eléctrica...


Logo de acadar un aforro anual de 123.000€ na factura eléctrica das dependencias da Deputación, o organismo provincial propúxose reducirlles tamén aos concellos o gasto en electricidade, realizándolles auditorías enerxéticas sen custo algún para as entidades locais. A esta iniciativa sumáronse 37 municipios, que elixiron o inmoble municipal onde, a maiores dos seus consistorios e alumeados públicos, desexaban que se levase a cabo dita auditoría.
Fixadas as dependencias municipais nas que se realizaría o estudo, e analizadas as facturas enerxéticas dos concellos co fin de avaliar os seus gastos e estudar posibles reformas que supuxesen aforros, o pasado mes de xuño, os técnicos da Axencia Provincial da Enerxía empezaron a realizar as auditorías nos concellos de Castroverde, O Incio e Pol, nos que os primeiros resultados revelan un aforro de 92.300€, segundo avanzou o deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño.
Castroverde
Neste concello, as auditorías feitas no consistorio, no alumeado e no pavillón revelan que tanto as instalacións de iluminación como as de calefacción contan con novos compoñentes, polo que non se tivo que realizar ningunha reforma. Neste caso a redución da factura eléctrica deste municipio en 2012 será dun 20%, pero tamén se están a realizar estudos para reducir a factura de gas.
La Voz de Galicia