18 de julio de 2012

Un exemplo fronte o paro...María Nogueira


Esta moza de Castroverde acaba de abrir, os seus 26 anos, o seu propio negocio nesa localidade, unha tenda de fotografía e organización de eventos que lle permitiu seguir exercendo a súa profesión e, sobre todo, abandonar como autónoma unhas listas do paro das que non achaba outro modo de saír. O pasado mes de novembro atopouse de forma totalmente inesperada cunha carta encima da súa mesa. A axencia de modelos en traballábaa como fotógrafa e responsable de eventos prescindía dos seus servizos «argumentado, de repente, que a empresa ía mal, cando hasta había pouco se falaba incluso de abrir unha nova delegación en Lugo. Quedei totalmente bloqueada, ata avergoñada, e saín á rúa e marchei para a casa sen saber que facer. Había unhas horas era feliz no meu traballo e, de súpeto, non tiña nada», afirma.
Só aguantou uns días nesa tensa situación. O 1 de decembro decidiu darse de alta como autónoma ante o desalentador panorama que se lle presentaba para exercer de novo a súa profesión. «Iso facíame sentir unha impotencia terrible, así que decidín arriscarme e, coa mínima inversión posible, montei a miña propia tenda. Estou moi contenta de como estou traballando, pese a que acabo de comezar, e creo que podo saír adiante apostando, ademais, polo medio rural, por xerar riqueza e actividade nos pobos para evitar a despoboación», argumenta.
O pasado 11 de Maio inaugurou Servicios Fotográficos & Eventos María Nogueira, ao lado da plaza do Concello de Castroverde.

1 comentario: