A Deputación de Lugo acaba de solicitar á Xunta os permisos necesarios para iniciar as obras de construción de cinco residencias de maiores con centros de día noutros tantos concellos: Castroverde, Pedrafita, Pol, Ribas de Sil e Trabada. O goberno provincial busca así retomar o seu proxecto de creación dunha rede de residencias tras os intentos de boicot «» do Goberno galego, ao que lle pide a «máxima celeridade» para expedir a súa autorización.
O responsable provincial de cooperación cos concellos, Juan José Díaz Valiño, aprecia ese intento de boicot na negativa da Xunta a que a Sociedade Urbanística Provincial acometese o proxecto, ao non estar inscrita no Rexistro Oficial de Servizos Sociais. Tras criticar que o goberno provincial tivese que decatarse «polos medios de comunicación» dese rexeitamento, Valiño aduce que Suplusa é un ente dependente da Deputación, que forma parte dese rexistro, polo que entende que a negativa obedeceu a cuestións «ideolóxicas e electorais».
130 prazas en xeriátricos e outras 75 en centros de día. Díaz Valiño cifra en 130 as prazas que ofertarán os cinco xeriátricos -26 por residencia- para cuxa construción se acaba de pedir autorización á Xunta. Ademais, estas instalacións ofrecerán un total de 75 prazas en centros de día, 15 en cada inmoble.
No hay comentarios:
Publicar un comentario