30 de julio de 2012

Carme en Vilabade...


Os vindeiros días, 4 e 5 de Agosto, a parroquia de Vilabade (Castroverde) está de festa. Serán dous días de festa comenzando coma sempre o Sábado, e o Domingo como non a Romaría na Ermita:

- Sábado 4 de Agosto:
(23.00) Festa e Verbena cos Grupos ACUARELA e ESCOBAR.

- Domingo 5 de Agosto:
(13.00) Romaría na Ermita cun Grupo de Gaitas e a Acordeonista TANIA.
(23.00) Festa e Verbena co Dúo ECLIPSE.


20 de julio de 2012

Un supermercado sobre rodas...


Armando López e Alicia López son un matrimonio autónomo que se dedica á venda ambulante porta por porta. Van co seu camión convertido en tenda, unha vez por semana, a máis de 40 pobos dos municipios de Láncara, Lugo, Baleira, O Corgo, Pol, Baralla e Castroverde, onde tamén viven.
A súa empresa fundouse en 2006, pero Armando dedícase a este tipo de servizo comercial a domicilio desde 1987. Tamén o seu irmán ten unha empresa de similares características, pero con diferentes rutas.
Os produtos que transportan no seu camión son de todo tipo: alimentos, froita, refrigerados, conxelados e artigos de droguería. O supermercado móbil conta con máis de 900 referencias.
Fonte: "El Progreso".

19 de julio de 2012

A Deputación pide os permisos para iniciar as obras de 5 residencias...


A Deputación de Lugo acaba de solicitar á Xunta os permisos necesarios para iniciar as obras de construción de cinco residencias de maiores con centros de día noutros tantos concellos: Castroverde, Pedrafita, Pol, Ribas de Sil e Trabada. O goberno provincial busca así retomar o seu proxecto de creación dunha rede de residencias tras os intentos de boicot «» do Goberno galego, ao que lle pide a «máxima celeridade» para expedir a súa autorización.
O responsable provincial de cooperación cos concellos, Juan José Díaz Valiño, aprecia ese intento de boicot na negativa da Xunta a que a Sociedade Urbanística Provincial acometese o proxecto, ao non estar inscrita no Rexistro Oficial de Servizos Sociais. Tras criticar que o goberno provincial tivese que decatarse «polos medios de comunicación» dese rexeitamento, Valiño aduce que Suplusa é un ente dependente da Deputación, que forma parte dese rexistro, polo que entende que a negativa obedeceu a cuestións «ideolóxicas e electorais».
130 prazas en xeriátricos e outras 75 en centros de día. Díaz Valiño cifra en 130 as prazas que ofertarán os cinco xeriátricos -26 por residencia- para cuxa construción se acaba de pedir autorización á Xunta. Ademais, estas instalacións ofrecerán un total de 75 prazas en centros de día, 15 en cada inmoble.

18 de julio de 2012

Un exemplo fronte o paro...María Nogueira


Esta moza de Castroverde acaba de abrir, os seus 26 anos, o seu propio negocio nesa localidade, unha tenda de fotografía e organización de eventos que lle permitiu seguir exercendo a súa profesión e, sobre todo, abandonar como autónoma unhas listas do paro das que non achaba outro modo de saír. O pasado mes de novembro atopouse de forma totalmente inesperada cunha carta encima da súa mesa. A axencia de modelos en traballábaa como fotógrafa e responsable de eventos prescindía dos seus servizos «argumentado, de repente, que a empresa ía mal, cando hasta había pouco se falaba incluso de abrir unha nova delegación en Lugo. Quedei totalmente bloqueada, ata avergoñada, e saín á rúa e marchei para a casa sen saber que facer. Había unhas horas era feliz no meu traballo e, de súpeto, non tiña nada», afirma.
Só aguantou uns días nesa tensa situación. O 1 de decembro decidiu darse de alta como autónoma ante o desalentador panorama que se lle presentaba para exercer de novo a súa profesión. «Iso facíame sentir unha impotencia terrible, así que decidín arriscarme e, coa mínima inversión posible, montei a miña propia tenda. Estou moi contenta de como estou traballando, pese a que acabo de comezar, e creo que podo saír adiante apostando, ademais, polo medio rural, por xerar riqueza e actividade nos pobos para evitar a despoboación», argumenta.
O pasado 11 de Maio inaugurou Servicios Fotográficos & Eventos María Nogueira, ao lado da plaza do Concello de Castroverde.

16 de julio de 2012

CASTROVERDE VÍSTESE DE FESTA...

Os vindeiros días 21, 23, 24 e 25 a vila de Castroverde está de festa na honra o Santiago Apóstol. Un ano máis o rameiro volve ser Tino, por 4º ano consecutivo...esperando este a que alguén o releve. Por outra banda o festivo local é o 26. Ademais o presuposto para este ano, estáblecese tamén en torno aos 20.000€. En principio contamos co seguinte programa, parece que a Feira de Cabalos non se vai celebrar, ata de agora nada sabemos:

Sábado 21 de Xullo:
(00.00) VII Aniversario do Café Concierto CHORIMA con DJ KAELSUS.

Domingo 22 de Xullo:
(11.30) Dará comezo a subasta de gando (Raza Rubia Galega) no recinto feiral do Concello de Castroverde.

Luns 23 de Xullo:
(23.00) Festa e Verbena coa Orquestra D'AFRICA.

Martes 24 de Xullo:
(13.30) Misa Solemne e Procesión na Igrexa Parroquial.
(14.15) Sesión Vermú a cargo da Orquestra CASABLANCA.
(16.30) Xogos nas Piscinas Municipais do Concello de Castroverde para os + pequenos, Circuíto de Bolas Xigantes, Labirinto, Festa da Espuma...
(19.30) Finalización de ditos xogos.
(23.00) Festa e Verbena coas Orquestras CASABLANCA e RITMO JOVEN.

Mércores 25 de Xullo:
(13.30) Misa Solemne e Procesión na Igrexa Parroquial.
(14.15) Sesión Vermú coa Orquestra SUPERFAMA.
(23.00) Festa e Verbena coas Orquestras SUPERFAMA e D'NOCHE.


Opinión das Orquestas por "Orquestas by Santos":

- D'ÁFRICA: UN GRUPO DECENTE... MUSICA BAILABLE SIN MOITO ESCENARIO...

- CASABLANCA: BOA ORQUESTA... DE CARÁCTER MÁIS CLÁSICO... BOA PARA XENTE MAIOR... TEÑEN UN BO REPETORIO... 

- RITMO XOVEN: ORQUESTA MEDIA, MOITA CUMBIA E MERENGUE...  PERO QUEDA BEN... 

- SUPERFAMA: PARA MIN A MELLOR, MOI BOS MÚSICOS E GRAN NOITE QUE VOS VAN FACER...


- D´NOCHE: SEGURAMENTE DE TODAS A PEOR... UN GRUPIÑO MOI DEFICIENTE... ESTÁN MELLORANDO, PERO POUCO A POUCO... O ESCENARIO E MINUSCULO...



15 de julio de 2012

Accidente mortal en Castroverde...


Unha persoa faleceu e outras seis resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este sábado 14 de Xullo en Castroverde, no km 22 da estrada LU-530 (de Lugo á  Fonsagrada), pouco despois de abandonar o pobo de Castroverde e comezar a subida a Vilalle, chocou un Alfa Romeo e unha furgoneta Peugeot. O choque ocorreu ao redor das tres e media da tarde, ao parecer cando o Alfa Romeo, que circulaba en dirección á Fonsagrada, invadiu o carril contrario, embistindo á furgoneta.
Segundo fontes oficiais, o número de persoas feridas, algunha delas moi grave, é de seis. O falecido é Manuel Rodríguez Rodríguez, de 77 anos de idade e veciño de Rianxo.
Con el viaxaban dúas mulleres, D.C.C. e M.R.R, de 81 e 69 anos de idade, e J.J.C.R., un mozo de 32 anos que guiaba o vehículo. Na furgoneta viaxaba o matrimonio de Outeiro de Rei formado por T.P.O., de 50 anos de idade, que conducía, e a súa muller M.F.C., de 47 anos, acompañados dun veciño de Castroverde de 54 anos, C.D.F. Os seis sufriron feridas, algúns de gravidade, e foron trasladados ao Hula.
A colisión provocou fortes retencións na estrada.

Fontes: "El Progreso" e "La Voz de Galicia"

12 de julio de 2012

Festa en A Meda...

Este Sábado 14 de Xullo temos unha nova Festa no Concello de Castroverde, neste caso será na parroquia da Meda na honra o Santiago Apóstol. Presenta o seguinte programa:

(13:00) Misa Solemne e Procesión.

(14:00) Sesión Vermú coa Orquesta ALMIRANTES

(23:00) Festa e Verbena coa Orquesta ALMIRANTES e o Dúo NOVEDAD.

Xa sabedes, a vindeira festa dentro do noso Concello, será a de Castroverde, os días 23, 24 e 25 de Xullo.

10 de julio de 2012

Sacrifican unha Vaca en Castroverde por exceso de peso...

A explotación Promora 2.000, de Castroverde, sacrificou hoxe unha vaca de raza loura galega que supera os 1.400 quilos. O peso dunha femia de gando vacún normal adoita oscilar entre os 700 e 800 quilos, polo que esta res, de nome Pastora, case duplicaba o peso normal dunha loura galega.
O encargado da explotación, Tino Regueira, asegura que «nunca tivemos unha res destas características. Nesta explotación hai unhas 300 vacas, todas moi boas, pero ningunha coma esta».
Fonte: "El Progreso"