22 de diciembre de 2011

Isto só acontece en Castroverde...

Fai non moitos días, vimos como se daba a conocer "O 10 máis famoso de Castroverde", hoxe despois de numerosas críticas dase a conocer a nova seguinte, na que Arias afirma que a Concelleira de Cultura, suspendeu a 2ª proba para optar a praza, polo que é un pouco extrano (todo o anterior tamén ademais de sospeitoso) xa que o Tribunal aínda non se manifestou e os exames atópanse en sobres pechados...Aqui a nova:

O alcalde de Castroverde, o socialista Xosé María Arias, asegurou onte, no transcurso dun pleno extraordinario solicitado polo PP, que a concelleira de cultura, Pilar Ferreiro Villar, non superou o segundo exame da oposición de subalterno, convocada polo Concello, e en cuxa primeira proba sacou a máxima puntuación, un 10.
No pleno, cun único punto para debater as supostas irregularidades no proceso selectivo, o representante do BNG, Pablo Ferreiro, preguntoulle a Arias como coñecía o resultado da oposición, cando o tribunal aínda non se manifestou e os exames seguen en sobres pechados.
«Seino, porque a concelleira é consciente de como lle saíu o exame e por comentarios que recorren a vila; ata sei o nome do que vai gañar a praza», asegurou o alcalde, matizando que esta persoa sacara un 6 no primeiro exame e un «nove e pico», no segundo.
A portavoz do PP na corporación de Castroverde, María Gómez Pallín, abriu as quendas de intervención cun forte ataque ao alcalde, ao que pediu explicacións «pola gravidade dos feitos». «Despois de aguantar que a vostede se lle encha a boca falando de democracia, o que conseguíu foi que Castroverde saíse nos medios a nivel nacional, porque saltouse a toreira todos os principios éticos e morais», aduciu Gómez Pallín.
A portavoz popular acusou a Arias de estar «no Concello para colocar ós amigos» e de retrotraernos «ó feudalismo». Ademais de cualificar de pouco «ético» que unha concelleira que forma parte do equipo de goberno se presente a unhas oposicións no mesmo concello, a portavoz do PP denunciou irregularidades no proceso, como a ausencia da secretaria municipal no tribunal e que todos os integrantes do mesmo fosen funcionarios da Deputación. Ademais, afirmou que os cartóns identificativos dos opositores foron introducidas nos mesmos sobres que os exames. O PP esixiu que se anulase o proceso inmediatamente por irregularidades.
Pola súa banda, Pablo Ferreiro, do BNG, defendeu que esta polémica «non nos colle de sorpresa, porque é a guinda dunha política de persoal totalmente baltarista», en referencia ao presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar.
Ferreiro apoiou o dereito da concelleira a presentarse á oposición, pero lamentou que «haxa cousas escuras, ás que hai que poñerlle luz». Para iso presentou por escrito hai días unha serie de preguntas ao alcalde para que lle conteste nun pleno ordinario.
Alcalde
A resposta do alcalde á oposición, especialmente ao PP, foi contundente. «Aquí o que hai son catro concelleiros irresponsables (en referencia aos populares), que prexuzgaron a unha compañeira e veciña, que foi a máis perxudicada».
Arias tamén os acusou de impresentables «políticos, porque fixeron correr o bulo de que a praza estaba dada e algúns opositores que pasaron o primeiro exame non se presentaron ó segundo e despois gaña a oposición un que sacou un seis na primeira proba. E agora, que pasa», preguntouse.
POLÉMICA
O PP abandonou o pleno, tras expulsar o rexedor ao seu portavoz da sala
O debate plenario entre o alcalde, Xosé María Arias, e a portavoz do PP, María Gómez Pallín, foi subindo de ton progresivamente ao longo do pleno, ata que o alcalde, tras reiteradas advertencias, decidiu botar da sala á representante popular, que saíu acompañada polos outros tres concelleiros do grupo.
O enfrontamento foi a máis, porque Arias negouse a contestar as preguntas que lle formulaba o PP, alegando que tiña que habelas presentado por escrito, como fixo o BNG, para a súa contestación nunha sesión ordinaria. Ademais, argumentou que non tiña competencias para anular un proceso selectivo e recomendoulles que «ven irregularidades, que o recorran legalmente».
«Galiñeiro»
Chegou un momento no que Arias e Pallín deixaron de debater e leáronse nunha discusión, falando ao mesmo tempo.
O alcalde chegou a exclamar «isto non é un galiñeiro» e advertiu á portavoz popular de que a ía a expulsar da sala. Pallín seguiu falando e, ao final, botouna. O resto dos concelleiros do PP seguiron ao seu representante, que saíu dicindo «xa vexo a mecánica democrática deste Concello».
Cobrar dietas
Xa sen os edís do PP no pleno, Arias acusoulles de descoñecer a normativa legal e de obrigar a convocar o pleno, «só para cobrar as dietas, porque chegaba con presentar as preguntas por escrito e contestaríalles no próximo pleno ordinario, como fixo o BNG».
O alcalde insistiu en que nin el nin o pleno están capacitados para anular un proceso selectivo e subliñou que antes ha de ser recorrido «e entón, xa darei as explicacións que considere oportunas», dixo.



Para ver as notas dos exames, na páxina do Concello:



No hay comentarios:

Publicar un comentario