O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia a existencia de plantacións forestais ilegais en Castroverde. Así o indicou a secretaria xeral da organización, Carme Freire, durante unha visita a unha explotación en Arrubial, na parroquia de Páramo.
As propiedades que viu, pertencentes a Henrique López e Ignacio Arias, teñen prados e instalacións agrarias totalmente invadidas por plantíos ilegais de piñeiros e eucaliptos, segundo o sindicato, que asegura que alí se dan todas as modalidades de infracción posibles: forestación ilegal de terras agrarias, plantacións que non respectan as distancias con respecto ás leiras veciñas, e mesmo árbores que se plantaron a cinco metros das naves agrícolas onde gardan maquinaria e outros materiais.
Carme Freire denunciou ademais a «permisividade» da Xunta á hora de consentir que se viole a lei» e seméntense terras agrarias. Explicou que estas infraccións teñen dúas consecuencias moi graves. En primeiro lugar, referiuse ao incremento exponencial do risco de incendios e, en segundo, ao impacto «moi negativo» desas plantacións na actividade agraria, o que, dixo tamén está a provocar que se abandonen explotacións e abórtense novas incorporacións ao agro por falta de base territorial.
Desde o SLG aseguran que esa práctica «é un despropósito absoluto» do que ten toda a responsabilidade a Xunta e os concellos por non facer cumprir a Lei de Prevención de Incendios Forestais. Para o sindicato a pasividade do Goberno galego á hora de perseguir o delito de forestar terras agrarias responde a unha estratexia de beneficiar ás industrias que necesitan terra para producir pasta ou agromasa destinada á enerxía eléctrica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario