Creo que case naide se decatará de que en Castroverde, se encontraba a Parroquia máis grande de Galicia, e posiblemente tamén de España (Como nos di Juan de Muxa), trátase dun dato que se ten que facer oír. Montecubeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 261 habitantes (133 homes e 128 mulleres), distribuídos en 33 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 294 habitantes, polo que seguramente hoxe teña aínda menos poboación, pero eso sí consta de 33 entidades de poboación, entre as cales temos a:
O Albaredo | O Barreiro | Bascuas | Berlán | A Cabanela | As Cabozas | O Campo | Castelo | Cepomundín | A Cernada | Cubula | O Escouredo | O Fato | Foxos | A Graña | O Gruñedo |Insua | A Laxe | Maceda | Maxide | O Pereiro | O Podriqueiro | O Pombal | Pumarín | Sagaruxe | San Cibrao | Santadrao | Sarceda | Soutullo | Teixeda | A Valiña | A Veiga | Verducedo |Vilar | Os Vilares | Vilarín | O Vitureiro.