15 de septiembre de 2011

Fin de Semana...


Durante a seguinte fin de semana, teremos os seguintes acontecementos:

- RALI DE MELIDE 2011 [16 e 17 de Setembro]:

Durante estes días, o noso piloto autóctono Francisco López Rivas, intentará quedar entre os mellores nesta nova edición, desexamos sorte para el. Vamos Francisco!


- PRESENTACIÓN DOS 2 EQUIPOS DO CASTROVERDE F.S. [16 de Setembro]:

O vindeiro Venres, a partir das 21:00h terá lugar no Pavillón "A Ferrería" de Castroverde, a presentación do equipo xuvenil e tamén do equipo senior, para finalizar cun partido fronte ao Jim Sport Melide.

- FESTAS EN ESPASANDE [16, 17 e 18 de Setembro]

- FESTAS EN MONTECUBEIRO [16 e 17 de Setembro]:

Durante os días 16 e 17 de Setembro, celébranse as festas na parroquia de Montecubeiro, as cales presentan o seguinte programa:
Venres, 16 de Setembro:
(13:30) Misa Solemne.

(14:00) Sesión Vermú amenizada polo TRÍO PASIÓN.

(22:30) Verbena ao cargo do TRÍO PASIÓN e a ORQUESTA GRAN PARADA.


Sábado, 17 de Setembro:
(13:30) Misa Solemne.

(14:00) Sesión Vermú coa ORQUESTA VERSALLES.


(22:30) Verbena a cargo do DÚO LA HORA BRUJA e a ORQUESTA VERSALLES

(02:00) Sorteo de 1000€, ata que se coñeza o gañador.


- 2ª XORNADA, S.D. CASTROVERDE - C.F. FRIOL [18 de Setembro]:
Durante o Domingo, a S.D. Castroverde tratará de conseguir a 1ª Victoria da Tempada, no Campo da "Veiga do Olmo" ás 17:00h fronte ao C.F. Friol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario