Preto de 80 expositores participarán este domingo en Castroverde na súa sexta feira de artesanía e gastronomía, unha cita organizada polo Concello. Este ano o escultor local Darío Lodeiro Torres será o encargado de pronunciar o pregón, ás dúas da tarde.
Aínda que a inauguración oficial do evento será ás doce do mediodía, os postos do campo da feira abrirán ao dez da mañá e ofrecerán unha ampla gama de produtos até o oito da tarde.
No campo da artesanía haberá desde oleiros e ferreiros até cesteiros e fabricantes de instrumentos musicais, entre outros profesionais. Precisamente, entre os atractivos da cita estarán as demostracións en vivo deses oficios e talleres para iniciarse na elaboración deses artigos. Ademais, este ano deseñadores lucenses mostrarán creacións que reflectirán o pasado, presente e futuro da moda artesá.
Para máis información click aquí...
No hay comentarios:
Publicar un comentario