16 de agosto de 2011

VI FEIRA ARTESÁN DE CASTROVERDE....

Durante o Domingo 21 de Agosto, celébrase en Castroverde a VI FEIRA ARTESÁN, na que os que lles guste esto da Artesanía non deberán faltar:
(10:00) Apertura da Feira para todo o público.

(11:00) Obradoiro artesán de Alfareiría no recinto feiral.

(12:00) Recepción de autoridades e inauguración da feira. Actuación do grupo musical "Zucurrundullo", percorrido o recinto feiral.

(12:30) Degustación gastronómica a base de queixo (D.O.P do Cebreiro) convidada por "Lácteos Sto. André" (Castroverde).

(13:00) 1º Circuíto de moda: Deseñadores e artesáns lucenses amosan pasado, presente e futuro da moda artesán do evento: "A artesanía está de moda en Castroverde".

(14:00) Pregón a cargo do escultor e pintor Darío Lodeiro Torres.

(14:20) Actuación do grupo musical "Zucurrundullo".

(14:30) Xantar típico galego.

(16:00) Obradoiro artesán de cesteiría no recinto feiral.

(17:00) Pola programación de "Camiños da Cultura": Ludoteca itinerante para cativos e maiores (zancos, parchís, enredos, pelotas saltarinas, o xogo loco, damas, bolos, aneis, portería de fútbol, canasta, diana, kit jockey 4 en línea, hinchable pequeno) a cargo de Chrystyan Magic na Área Recreativa "Veiga do Olmo".

(19:00) 2º Circuíto de Moda.

(19:30) Pola progamación de "Camiños da Cultura", Actuación de Maxia: "MEIGALLO NA RÚA" a cargo de Chrystyan Magic na Praza do Concello.

(21:00) 3º Circuíto de Moda.

(22:30) Actuación Musical pola programación de "Camiños da Cultura" na Praza do Concello, GRUPO DE MÚSICA POP "LOS MECÁNICOS BAND".

Durante todo o día poderás disfrutar de:
- Proxección dos itinerarios polo Concello de Castroverde a cargo da Asociación Cultural "Amigos do Patrimonio de Castroverde" na casa "branca" do recinto feiral (en fronte o "Chorima").
- Diferentes obradoiros artesáns os cales poderás entrar a calquera hora do día no recinto feiral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario