15 de agosto de 2014

IX FEIRA ARTESÁN E GASTRONÓMICA DE CASTROVERDE

Programa:
(10:00h) Apertura da feira o público.

(11:00h) Obradoiros artesanais de olaría, cestaría, de latón e de instrumentos musicais.

(12:00h) Recepción de autoridades e inauguración da feira. Actuación do grupo musical ZUCURRUNDULLO.

(12:30h) Actuación da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo.

(13:00h) Degustación gastronómica a base de embutidos artesáns acompañados dunha cata de viños leoneses por cortesía de "La Tienduca de Jaime".

(13:30h) Desfile de moda a cargo de María Nogueira (4 pases):
- Vestido de encaixe de camariñas (Gema Liz, Sarria)
- Vestidos de fibras vexetais (Carmen Fieiras, Lugo)
- Vestidos reciclados (Tania Novás, Lugo)
- Pezas de xoiaría (M&N, Lugo)
O desfile será presentado pola actriz lucense Mariana Expósito, coñecida pola súa participación en series de televisión coma Matalobos ou Escoba!

(14:00h) Pregón a cargo do filólogo, escritor e historiador castroverdense Ricardo Polín.

(14:20h) Actuación do grupo musical ZUCURRUNDULLO.

(14:30h) Xantar típico galego.

(16:00h) Festa de hinchables nas Piscinas Municipais de Castroverde.

(16:30h) Actuación da banda musical A Magnifique Bande dos Homes sen Medo.

(19:00h) Actuación do circense Peter Punk no recinto das Piscinas Municipais.

(20:00h) Actuación de maxia do mago "Mago Xacobe" co espectáctulo "Feitizos e Abraios" no aparcadoiro das Piscinas Municipais.

Durante todo o día haberá:
- Obradoiro artesanais aos que se poderá acceder a calquera hora do día.
- Demostracións ao vivo de oficios tradicionais.
- Concentración de motos e coches clásicos.








Información da Feira:  

No hay comentarios:

Publicar un comentario