15 de agosto de 2014

IX FEIRA ARTESÁN E GASTRONÓMICA DE CASTROVERDE

Programa:
(10:00h) Apertura da feira o público.

(11:00h) Obradoiros artesanais de olaría, cestaría, de latón e de instrumentos musicais.

(12:00h) Recepción de autoridades e inauguración da feira. Actuación do grupo musical ZUCURRUNDULLO.

(12:30h) Actuación da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo.

(13:00h) Degustación gastronómica a base de embutidos artesáns acompañados dunha cata de viños leoneses por cortesía de "La Tienduca de Jaime".

(13:30h) Desfile de moda a cargo de María Nogueira (4 pases):
- Vestido de encaixe de camariñas (Gema Liz, Sarria)
- Vestidos de fibras vexetais (Carmen Fieiras, Lugo)
- Vestidos reciclados (Tania Novás, Lugo)
- Pezas de xoiaría (M&N, Lugo)
O desfile será presentado pola actriz lucense Mariana Expósito, coñecida pola súa participación en series de televisión coma Matalobos ou Escoba!

(14:00h) Pregón a cargo do filólogo, escritor e historiador castroverdense Ricardo Polín.

(14:20h) Actuación do grupo musical ZUCURRUNDULLO.

(14:30h) Xantar típico galego.

(16:00h) Festa de hinchables nas Piscinas Municipais de Castroverde.

(16:30h) Actuación da banda musical A Magnifique Bande dos Homes sen Medo.

(19:00h) Actuación do circense Peter Punk no recinto das Piscinas Municipais.

(20:00h) Actuación de maxia do mago "Mago Xacobe" co espectáctulo "Feitizos e Abraios" no aparcadoiro das Piscinas Municipais.

Durante todo o día haberá:
- Obradoiro artesanais aos que se poderá acceder a calquera hora do día.
- Demostracións ao vivo de oficios tradicionais.
- Concentración de motos e coches clásicos.








Información da Feira:  

23 de julio de 2014

O SANTIAGO CHEGA A CASTROVERDE

  Outro ano máis teremos festa no municipio lucense de Castroverde. Pese a crise, e a continuada reducción do presuposto, séguense mantendo os 3 días de festa (24, 25 e 26 de Xullo). Cabe destacar que durante os 3 días contaremos con DJ FANEGO, tras unhas largas negociacións

  Logo de 5 anos consecutivos con Tino Díaz (2009-2013) a cabeza da comisión de festas, este ano os ramistas son Manuel Bolaño "Vica" xunto con Esther Polín. En principio contamos co seguinte programa:

Xoves, 24 de Xullo (FESTIVO LOCAL EN CASTROVERDE):
(23:00h) Festa e Verbena co Grupo TEKILA + DJ FANEGO.

Venres, 25 de Xullo (FESTIVO NACIONAL EN GALICIA):
(13:30h) Misa Solemne e Procesión.
(14:00h) Sesión Vermú coa Orquestra FIN DE SIGLO.
(20:00h) Actuación do grupo de acordeonistas de Castroverde no Campo da Festa.
(23:00h) Festa e Verbena coa Orquestra FIN DE SIGLO + DJ FANEGO.

Sábado, 26 de Xullo:
(23:00h) Festa e Verbena co Grupo AZALEA + DJ FANEGO.









Información das festas día a día:   

#SantiagoCv2014