6 de mayo de 2013

Un bar de Castroverde quéixase dun recibo da luz de máis de 7.000€


Fonte: El Progreso - 04/05/2013 
O hostaleiro de Castroverde Mario Pena Pumariño, que rexenta o bar Roma, denuncia que recibiu unha factura de Iberdrola de 7.099€ «que multiplica por sete ou gasto habitual do local».
O recibo do que se queixa é polo consumo feito no período comprendido entre o 19 de febreiro e o 18 abril, no que, segundo asegura, non houbo ningún gasto extra no establecemento que xustifique ese importe. De feito, afirma que as facturas da luz que abona cada dous meses sitúanse sempre ao redor dos 1.000 euros «ou, como moito, chega algunha vez aos 1.200».

No hay comentarios:

Publicar un comentario